Skip to Content

NADAL 08

OS RAMALLOS DO NADAL”. PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O NADAL.

Como pasa o tempo! Xa estamos a piques de deixar o 2008 e comezar un novo ano. E como non podía ser doutro xeito, ademais de comer turrón, na escola ímoslle dar a despedida que merece cunha serie de actividades na que todas e todos podemos e debemos participar e compartir coma sempre as nosa experiencias.

Estas son as ideas que vos propoñemos, pero benvidas sexan outras novas!


  • EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE NADAL.


Trátase de que toda a comunidade educativa poidamos compartir os positivas e felices momentos vividos e captados pola cámara, dalgunha experiencia individual ou familiar nas festas de Nadal. Encontros familiares, xantares navideños, co entrañable papá Noel, cos máxicos Reis Magos, nas inolvidables momentos de abrir eses agasallos pedidos con tanta ilusión...calquera momento que vos apeteza compartir con todos e todas destas datas especiais. Lembrade identificalas, e poñer unha breve explicación do acontecemento.


  • A TRADICIÓN ORAL DO NADAL. RECOLLIDA.

Paralelamente, farase unha recollida nas aulas de ditos, refráns, coplas,panxoliñas, adiviñas, retahílas, trabalinguas, contos populares, lendas, receitas que versen sobre todo o relacionado co nadal e os acontecementos que se desenvolven nesta época.

Cómpre unha mención especial a recollida sobre “Os cantares de Reis, aguinaldos ou Reises”. Estas cantigas son unha das composicións máis sobresaíntes nestas datas da nosa tradición.


  • O NADAL E O INVERNO NA ARTE.

Invítase a toda a comunidade educativa a realizar obras de expresión artística, ben de pintura ou con outras técnicas de expresión plástica.


  • FESTIVAL DE NADAL. Venres, 19 de decembro.

Colofón, fin de festa!

A novidade deste ano está en que por medidas de seguride e tendo en conta o aforo do Salón de actos, realizarase en dúas quendas. Ás 10h. Para E.I e ás 12.30 para E.P.

Con anterioridade a ese día, invítase ás aulas a que realicen cartaces anunciadores do festa do festival de Nadal.


INFORMACIÓN ADICIONAL.

Coma sempre, internet é unha fonte inagotable de recursos.

Realizando en Google, a búsqueda das palabras: Cantares de Reis, Nadal, Panxoliñas... atoparedes información de todo tipo.

* ENLACE COA PÁXINA DA CONSELLERíA.

* NADAL EN GALICIA



page | by Dr. Radut