Skip to Content

Responder ao comentario

CELEBRAMOS O OUTONO

  •   EXPOSICIÓN: " RAMALLOS DE OUTONO"

 

    O obxectivo desta exposición é amosar, por unha banda Boletus Edulistodos os elementos naturais propios desta época do ano como son froitos, froitas, cogumelos, hortalizas, follas..., e por outra banda ofrecer unha mostra das actividades máis representativas que se desenvolven na estación como son a vendima, a matanza do porco, e as festas e celebracións populares.

Os fondos serán aportados pola comunidade escolar, polo que ademais do profesorado, haberá que implicar ás familias na recollida de material. Pasarase unha circular, na que se solicitará a súa colaboración, aportando tanto os elementos naturais arriba citados como eses outros artificiais que tratan máis da parte antropolóxica da exposición. Neste caso, poderase contribuír con ferramentas e fotos antigas e actuais sobre a matanza, as festas como o magosto, a celebración de Santos, a recollida nos soutos...É importante que todos os materiais que se recollan en préstamo, leven a identificación do alumno/a, e a poder ser unha breve ficha onde figure a data, o lugar, descripción da escena (no caso das fotos), ou nome, ano, utilidade, descripción ou características...(no caso de ferramentas).

 

  • A TRADICIÓN ORAL DO OUTONO. RECOLLIDA.

Paralelamente, farase unha recollida nas aulas de ditos, refráns, coplas, adiviñas, retahílas, trabalinguas, contos populares, lendas, receitas que versen sobre todo o relacionado co outono e os acontecementos que se desenvolven nesta época.

Elaboraranse plantillas diferenciadas por ciclos, nas que se escribirá o aportado e que se colocarán polos corredores da escola, para a súa difusión. No caso de textos máis longos como as lendas, contos ou receitas poderiase barallar a idea de facer plantillas maiores ou ben darlle un formato de libro.

Unha vez rematada a exposición, a idea é pasar toda a información a un libro monográfico sobre o tema.

Esta idea, pódese repetir con otras festas e celebracións que se dan noutras épocas do ano como o nadal, o entroido, a primavera...

 

 

  • O OUTONO NA ARTE.

Invítase ao alumnado a realizar obras de expresión artística, ben de pintura ou con outras técnicas de expresión plástica. No tocante á pintura, poderanse realizar obras individuais ou colectivas de creación propia ou con modelos ( a xeito de copistas), en distintos soportes e con diversos elementos.

Con elementos naturais, como castañas, follas, ramallos... poderán crear todo tipo de obras plásticas. Incluso, pódense atrever con algunha das partes do muro do patio.

 

  • A FESTA DO MAGOSTO. Luns 10 de novembro.

Como vén sendo habitual, a víspera do día de San Martiño, celebraremos a Festa do Magosto.

Ao igual que outros anos, antes dese día os nenos e nenas traerán cabazas troqueladas e adornadas como se fan para Santos, para expoñer o día da festa.

Con anterioridade a ese día, invítase ás aulas a que realicen cartaces anunciadores da festa do Magosto.

Xa na propia xornada e tal como se vén facendo outros anos, realizaránse xogos populares, prepararase algunha cantiga, e como non, asaranse e comeranse castañas.

Estades todos convidados!!!!

 

 

  • RECURSOS NA WEB SOBRE  O OUTONO

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/webantiga/uni/outono.html  actividades feitas con Edilim sobre o outono.

Responder



by Dr. Radut