Skip to Content

21 Días co Galego e+

21 DÍAS CO GALEGO E+ (23_24) / AULAS MUSICAIS

Banner 21 días

                  LOGO BIBLIOTECAS

 

21 días co galego e + é un programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.

Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.

Na actualidade participa alumnado de Ed. Infantil e Primaria, ESO, bacharelato e FP, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que se compromete co seu profesorado a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 días que dura o programa dentro e fóra do centro de ensino.

Xorde co ánimo de compartir a ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua a medrar chea de posibilidades. A súa singularidade reside na vontade de implicar os rapazas e rapaces durante un tempo determinado en todas as facetas da súa vida, na procura de que o galego sexa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e en levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.

Este programa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte; desde entón, desenvolvéronse catro edicións máis dese proxecto no mesmo centro.

En 2015 recibiu un premio de innovación en dinamización lingüística da  Secretaría Xeral de Política Lingüística e no ano 2018 recibiu o primeiro acto de recoñecemento a unha actividade educativa por parte da Real Academia Galega. No ano 2019 recibiu o X Premio da Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e o Premio da Cultura Galega de Lingua.

Ano a ano medra tanto no número de centros como no de participantes na procura de manter e espallar o galego entre a infancia e a mocidade galegas.

programa radio galega 21 días

 

 

 

  "AULAS MUSICAIS"

Esta actividade que ideamos para o programa, vinculada tamén ao proxecto de centro e de Bibliotecas deste curso escolar (A Música), foi unha das propostas estrela desta edición.

A través da mesma desenvolvemos diversas actividades relacionadas coa nosa música e o noso patrimonio cultural como pobo. E para crear referentes nos discentes, potenciar esta mensaxe, e achegar esta cultura o máis posible aos discentes, apadriñamos todods os espazos e aulas do centro co nome de grupos e artistas galegos, que ademáis de enviarnos os seus vídeos de agradecemento e felicitacións ao alumnado pola actividade, tamén nos foron visitando durante os 21 días e ao longo de todo o curso escolar.

 

"DITOS RETRANQUEIROS DOS NOSOS MAIORES"

Con esta actividade, durante os 21 días, o alumnado foi recollendo os ditos máis retranqueiros dos seus maiores, para despois facer unha posta en común nas aulas e recopilalos facendo como actividade final unha humilde edición impresa deste traballo.

 

 

 

"OUTRAS ACTIVIDADES" 

 

 

VISITA PABLO SEOANE - PADRIÑO 5ºA

CLAUSURA DOS 21 DÍAS EN GALEGO E+

--- CLAUSURA DO PROGRAMA "21 DÍAS CO GALEGO E +", NO MARTES 6 DE FEBREIRO

O NOSO CENTRO FOI ELIXIDO PARA REMATAR ESTE PROGRAMA QUE PRETENDE INCENTIVAR O USO DO IDIOMA GALEGO. FOI UN PRACER RECIBIR DE NOVO Á ALCALDESA DO CONCELLO, ESCOITAR AO DIRECTOR E AO COORDINADOR DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO COLE E TAMÉN NESTA OCASIÓN, A XESÚS FERRO RUIBAL (MEMBRO NUMERARIO DA RAG) E VALENTÍN GARCÍA ( SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA)

VESTIMOS A CAMISETA QUE NOS AGASALLARON POLO PROGRAMA

      

VISIONAMOS ALGÚNS VIDEOS DE AGRADECEMENTOS DE  ARTISTAS OU GRUPOS GALEG@S QUE ELIXIMOS COMO PADRIÑOS E MADRIÑAS DE DIFERENTES AULAS, ENTRE ELES, DA NOSA UXÍA LAMBONASorriso

VOLVEMOS CANTAR A CANCIÓN "MÁIS GALEGO" DA NOSA BANDA PREFERIDA E O BROCHE FINAL O PUXO O GRUPO MUSICAL "A GRAMOLA GOMINOLA"

    ( CLICAR NA IMAXE PARA VER OUTRAS MÁIS)

PRESENTAMOS A NOSA ÁRBORE MUSICAL DA LINGUA, CON VERBAS EN GALEGO RELACIONADAS CO PROXECTO MUSICAL DE TODAS AS AULAS, QUE DEBEMOS REGAR CADA DÍA PARA QUE  NON SE DEIXE DE USAR O GALEGO; HAI QUE FALAR, FALAR E FALAR EN GALEGO.Sorriso

                 

FIXEMOS A RECOLLIDA DE  DITOS RETRANQUEIROS COA AXUDA DAS FAMILIAS, PARA QUE NON SE PERDAN, E AS CRIANZAS POIDAN COÑECELOS.

ANDIVEMOS XOGANDO A EMPARELLALOS E A XUNTAR O DITO CO SEU SIGNIFICADO AO TEMPO QUE USAMOS A BEEBOT

                                     

                                      

 

  O seguinte video é unha montaxe de todos os ditos recollidos no cole; grazas familias 

RADIO RAMALLOSEIROS - "21 DÍAS COGALEGO E+"

"21 días co Galego e+"

 

 

 

Vén para quedar!! Esta semana, en concreto, o luns 7 DE MARZO, botamos a andar no centro a nosa primeira edición dos 21 Días co Galego e +. Un programa que dende o ano 2013 busca aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego no alumnado dos centros de ensino e, sobre todo, a consideración que temos sobre a nosa lingua. Nos últimos anos a iniciativa non deixou de medrar, dende as primeiras edicións nas que a actividade se limitaba ao IES da Pobra do Caramiñal, ata a actualidade, na que participan unha ducia de centros de todo o país, contando co impulso da Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Na edición 2022 de 21 Días co Galego e + participan 4000 alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria de 12 centros de ensino!! E nos sumaremos 364 máis!!

Nesta edición, ademais, As Tanxugueiras cobran un especial protagonismo nun programa que este ano ten como lema "Creando en galego no século XXI", como destaca Pilar Ponte, profesora e creadora da iniciativa. "Elas encarnan o espírito dese “creando en galego no século XXI”. Nelas temos os valores da nosa terra, temos creación feita por mulleres e homes galegos/as, temos o orgullo da nosa lingua e cultura... Unha reivindicación a todos os niveis!! 

E sabes o porqué deste reto dos 21 días??

Segundo diversos estudos científicos, o cerebro non asimila os cambios de golpe, faino de forma gradual. É por isto polo que algúns especialistas din que debemos repetir o mesmo "xesto" durante 21 días para que o cerebro o asimile na nosa parte consciente, convertindo este nun aprendizaxe e finalmente e facendo del un hábito.

Esta teoría dos 21 días foi descrita en 1960 polo psicólogo “Maxwell Maltz”, soado cirurxián plástico da Universidade de Columbia, e autor de 'A  Psicocibernética'.

Tamén é verdade que existen outras teorías que aseguran que necesitariamos 66 días. E outras que din que nin unha cousa nin outra. Pero o caso é que nos parece unha forma divertida de fomentar que usemos un pouquiño máis nosa fermosa lingua nai, o galego.

En todo caso, o obxectivo da actividade é promover especialmente durante estos 21 días, o uso do galego entre os cativos dunha maneira lúdica e positiva. Sen imposicións e ningún tipo de discriminación!! Pero fomentando un maior uso normalizado da nosa lingua e a aceptación da nosa identidade cultural. Que por desgraza ás veces segue a ter connotacións negativas e certos complexos que deberían estar superados. Ou simplemente, o poder das novas tecnoloxías e contidos infantís en español levan á perda do galego como lingua nai.

Aquí vos deixamos unha mensaxe das Tanxugueiras para animarvos ao reto!!

Preme neste enlace para descargar a táboa de control e completar o reto!!

 

 

PROBA SUPERADA!! GRAZAS A TOD@S!!

O "Equipo de Dinamización da Lingua Galega", compartimos un video de agradecemento a toda

a comunidade educativa polo éxito na nosa primeira edición de "21 días co Galego+".

Farémosvos a entrega do agasallo hoxe mesmo!! Velaquí unha imaxe do PREMIO-AGASALLO

 

COMPARTIMOS COMO SEMPRE, ALGUNHAS PROPOSTAS NAS QUE ANDIVEMOS TRABALLANDO:

- EN ED. INAFNTIL, INICIAMOS UNHA ACTIVIDADE QUE SE PROPUXO A NIVEL DE CENTRO DENDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, PARA DINAMIZAR E FOMENTAR O USO DO GALEGO, DA NOSA LINGUA; "21 PALABRAS EN GALEGO". ESTA INICATIVA XURDIU DA PROPOSTA "21 DÍAS EN GALEGO", IMPULSADA POLO DEPARTAMENTO DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, NO QUE PARTICIPAMOS O CURSO PASADO. NESTA OCASIÓN, CENTRARÉMONOS EN RECOLLER 21 RELACIONADAS CO TEMÁTICA DO TRAXE TRADICIONAL, OS INSTRUMENTOS MUSICAIS E AS FOLIADAS.

       

 

Velaquí vos deixamos o vídeo resumo da actividade "Palabras Fermosas do Galego" escollidas polo alumnado do centro durante os 21 días co Galego.

Distribuir contido


by Dr. Radut