CLAUSURA DOS 21 DÍAS EN GALEGO E+
--- CLAUSURA DO PROGRAMA "21 DÍAS CO GALEGO E +", NO MARTES 6 DE FEBREIRO
O NOSO CENTRO FOI ELIXIDO PARA REMATAR ESTE PROGRAMA QUE PRETENDE INCENTIVAR O USO DO IDIOMA GALEGO. FOI UN PRACER RECIBIR DE NOVO Á ALCALDESA DO CONCELLO, ESCOITAR AO DIRECTOR E AO COORDINADOR DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO COLE E TAMÉN NESTA OCASIÓN, A XESÚS FERRO RUIBAL (MEMBRO NUMERARIO DA RAG) E VALENTÍN GARCÍA ( SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA)
VESTIMOS A CAMISETA QUE NOS AGASALLARON POLO PROGRAMA
VISIONAMOS ALGÚNS VIDEOS DE AGRADECEMENTOS DE ARTISTAS OU GRUPOS GALEG@S QUE ELIXIMOS COMO PADRIÑOS E MADRIÑAS DE DIFERENTES AULAS, ENTRE ELES, DA NOSA UXÍA LAMBONA
VOLVEMOS CANTAR A CANCIÓN "MÁIS GALEGO" DA NOSA BANDA PREFERIDA E O BROCHE FINAL O PUXO O GRUPO MUSICAL "A GRAMOLA GOMINOLA"
( CLICAR NA IMAXE PARA VER OUTRAS MÁIS)
PRESENTAMOS A NOSA ÁRBORE MUSICAL DA LINGUA, CON VERBAS EN GALEGO RELACIONADAS CO PROXECTO MUSICAL DE TODAS AS AULAS, QUE DEBEMOS REGAR CADA DÍA PARA QUE NON SE DEIXE DE USAR O GALEGO; HAI QUE FALAR, FALAR E FALAR EN GALEGO.
FIXEMOS A RECOLLIDA DE DITOS RETRANQUEIROS COA AXUDA DAS FAMILIAS, PARA QUE NON SE PERDAN, E AS CRIANZAS POIDAN COÑECELOS.
ANDIVEMOS XOGANDO A EMPARELLALOS E A XUNTAR O DITO CO SEU SIGNIFICADO AO TEMPO QUE USAMOS A BEEBOT
O seguinte video é unha montaxe de todos os ditos recollidos no cole; grazas familias