Skip to Content

"21 días co Galego e+"

 

 

 

Vén para quedar!! Esta semana, en concreto, o luns 7 DE MARZO, botamos a andar no centro a nosa primeira edición dos 21 Días co Galego e +. Un programa que dende o ano 2013 busca aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego no alumnado dos centros de ensino e, sobre todo, a consideración que temos sobre a nosa lingua. Nos últimos anos a iniciativa non deixou de medrar, dende as primeiras edicións nas que a actividade se limitaba ao IES da Pobra do Caramiñal, ata a actualidade, na que participan unha ducia de centros de todo o país, contando co impulso da Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Na edición 2022 de 21 Días co Galego e + participan 4000 alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria de 12 centros de ensino!! E nos sumaremos 364 máis!!

Nesta edición, ademais, As Tanxugueiras cobran un especial protagonismo nun programa que este ano ten como lema "Creando en galego no século XXI", como destaca Pilar Ponte, profesora e creadora da iniciativa. "Elas encarnan o espírito dese “creando en galego no século XXI”. Nelas temos os valores da nosa terra, temos creación feita por mulleres e homes galegos/as, temos o orgullo da nosa lingua e cultura... Unha reivindicación a todos os niveis!! 

E sabes o porqué deste reto dos 21 días??

Segundo diversos estudos científicos, o cerebro non asimila os cambios de golpe, faino de forma gradual. É por isto polo que algúns especialistas din que debemos repetir o mesmo "xesto" durante 21 días para que o cerebro o asimile na nosa parte consciente, convertindo este nun aprendizaxe e finalmente e facendo del un hábito.

Esta teoría dos 21 días foi descrita en 1960 polo psicólogo “Maxwell Maltz”, soado cirurxián plástico da Universidade de Columbia, e autor de 'A  Psicocibernética'.

Tamén é verdade que existen outras teorías que aseguran que necesitariamos 66 días. E outras que din que nin unha cousa nin outra. Pero o caso é que nos parece unha forma divertida de fomentar que usemos un pouquiño máis nosa fermosa lingua nai, o galego.

En todo caso, o obxectivo da actividade é promover especialmente durante estos 21 días, o uso do galego entre os cativos dunha maneira lúdica e positiva. Sen imposicións e ningún tipo de discriminación!! Pero fomentando un maior uso normalizado da nosa lingua e a aceptación da nosa identidade cultural. Que por desgraza ás veces segue a ter connotacións negativas e certos complexos que deberían estar superados. Ou simplemente, o poder das novas tecnoloxías e contidos infantís en español levan á perda do galego como lingua nai.

Aquí vos deixamos unha mensaxe das Tanxugueiras para animarvos ao reto!!

Preme neste enlace para descargar a táboa de control e completar o reto!!

 

 

PROBA SUPERADA!! GRAZAS A TOD@S!!

O "Equipo de Dinamización da Lingua Galega", compartimos un video de agradecemento a toda

a comunidade educativa polo éxito na nosa primeira edición de "21 días co Galego+".

Farémosvos a entrega do agasallo hoxe mesmo!! Velaquí unha imaxe do PREMIO-AGASALLO

 

COMPARTIMOS COMO SEMPRE, ALGUNHAS PROPOSTAS NAS QUE ANDIVEMOS TRABALLANDO:

- EN ED. INAFNTIL, INICIAMOS UNHA ACTIVIDADE QUE SE PROPUXO A NIVEL DE CENTRO DENDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, PARA DINAMIZAR E FOMENTAR O USO DO GALEGO, DA NOSA LINGUA; "21 PALABRAS EN GALEGO". ESTA INICATIVA XURDIU DA PROPOSTA "21 DÍAS EN GALEGO", IMPULSADA POLO DEPARTAMENTO DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, NO QUE PARTICIPAMOS O CURSO PASADO. NESTA OCASIÓN, CENTRARÉMONOS EN RECOLLER 21 RELACIONADAS CO TEMÁTICA DO TRAXE TRADICIONAL, OS INSTRUMENTOS MUSICAIS E AS FOLIADAS.

       

 

Velaquí vos deixamos o vídeo resumo da actividade "Palabras Fermosas do Galego" escollidas polo alumnado do centro durante os 21 días co Galego.



page | by Dr. Radut