Skip to Content

Letras Galegas

Certame Xosé Mosquera: "O vello dos Contos"

Banner o vello dos contos

O vello dos contos AntigaO vello dos contos

*VI Certame: 1º premio na categoría Ed. Primaria: "O violino da Villalta; Luísa Villalta, música e literatura"

*VI Certame: 4º Premio na categoría de Ed. Primaria: "Programa Especial EXPO Proxecto Didáctico Antonio Fraguas"

*V Certame: 4º Premio na categoría de Ed. Primaria: Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial

Foto entrega premios

  Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, primeira estrela

mediática galega e impulsor do Padroado Rosalía de Castro

(Arraianos Producións)

Activo promotor de Unión Radio Galicia, contou co apoio da Cámara de Comercio de Santiago e do concello compostelán para que a radio chegase a Galicia e coloborou cos sectores máis progresistas da cidade e coa Liga Santiaguesa pro Estatuto. Este home humilde e discreto, ademais de ser a alma de diversas iniciativas culturais e políticas sempre vencelladas co galeguismo, foi o socio número dous da emisora compostelá, denominada co distintivo técnico de EAJ‐4, a decana da radio no noso país. Daquela oportunidade de progreso só eran conscientes algunhas persoas visionarias que confiaban no potencial educativo e transformador do novo medio de comunicación.

Xosé Mosquera Pérez, nacido en San Xián do Carballal, Enfesta, en 1895, usou o alcume “O vello dos contos” e converteuse na primeira estrela mediática de Galicia grazas a este popular personaxe que, xunto con Joselín -popularizado polo vigués José Rodríguez de Vicente-, crearía unha escola galega de contadores de contos da que foron representantes, entre outros, Xistral ou Farruco, chegando a facerse moi famoso en toda Galicia e mesmo en América, aínda que ficara despois no esquecemento.

As súas intervencións radiofónicas estiveron en antena entre xaneiro de 1933, cando botou a andar a programación estable da emisora, emitindo nos primeiros meses dende un locutorio improvisado en San Domingos de Bonaval, ata o mes de xullo de 1936, cando os sublevados entraron armados para tomar os estudios da radio, daquela xa na praza da Universidade. Durante este tempo foi o principal altofalante do galeguismo, participando na intensa campaña política a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Ademais das sesións de música galega e das conferencias de divulgación cultural e política, das que informa a prensa da época e a revista Nós, xa en 1933, tamén se programaron espazos de divulgación da cultura popular, emitíuse teatro do aire interpretado por un grupo de teatro radiofónico -do que recuperamos algunhas fotografías para esta entrada biográfica- e seccións de contos e refráns. Todos os xoves había unha sección infantil e xuvenil na emisora, da que “O vello dos contos” foi impulsor e elemento protagonista, seguindo a liña de animación cultural e didáctica que iniciaran as Irmandades da Fala para o adoutrinamento e culturización do pobo galego.

Facer radio na Compostela e na Galicia do seu tempo, cando só algúns galeguistas e progresistas albiscaban que aquela nova tecnoloxía sen fíos estaba chamada a ser o primeiro medio de comunicación de masas, era o xeito de Mosquera e doutros correlixionarios, como Antonio Fraguas, primeiro locutor da emisora, de contribuíren á tarefa colectiva de facer país espallando as mensaxes galeguistas e de concienciación política que caracterizaban a programación da emisora. “O vello dos contos” foi congregando a cada vez máis xente arredor dos receptores de radio e gañando popularidade até converterse na primeira estrela da radio galega. Despois de cursar os primeiros estudos no Seminario, Mosquera estivo tres anos emigrado en Bos Aires, conseguindo unha boa posición, pero o amor á terra fixo que non tardase en regresar. Xa era un afeccionado ao teatro antes da chegada da radio a Compostela e a Galicia. Mesmo dirixiu o grupo de teatro Cativezas, entre 1923 e 1925, compañía coa que montou varias obras de autores galegos. Tras o seu paso pola Universidade de Santiago, onde estudou Humanidades e Maxisterio, traballou na administración duns almacéns comerciais, na zona vella compostelá, formando parte dunha sociedade con Ángel Estévez, Manuel Beiras e Balbino Viña.

//Texto: Aser Álvarez González - Arraianos Producións// 

LETRAS GALEGAS 2024

Outro ano máis chega unha data importante en Galicia, polo que representa para a nosa cultura, para o noso idioma, como é as Letras Galegas, que este ano se lle adican a Mª Luisa Villalta. 

Dende o noso centro sumámonos ao agradecemento a esta muller que dende tantos eidos (mestra, escritora, violinista,..) loitou por apoiar, difundir, valorar e dignificar a lingua galega.

A nivel de aulas, traballaron arredor da súa persoa con propostas diferentes, por exemplo, un grupo de crianzas de infantil, elixiron fermosas palabras en galego que lles gustaban e as verbalizaron e crearon un video, como símbolo de poñer en valor a nosa lingua, así como fixo a homenaxeada.

       

 

A nivel de colexio, como cada ano adicamos unha xornada especial. Mudamos a Romaría no Xirimbao por unha Romería no propio centro, e a pesares do mal tempo, houbo propostas lúdicas: xogos populares, interpretación e representación de cancións galegas por diferentes grupos de crianzas e xantar compartido por todo o alumnado e docentes; fomentando a convivencia

                                                

                                               

- E todas as crianzas levron de presente da homenaxeada un marcapaxinas

LETRAS GALEGAS con Mª LUISA VILLALTA

A CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS É UNHA DATA MOI NECESARIA PARA RESALTAR E DARLLE VISIBILIDADE Á NOSA LINGUA GALEGA, TAN IMPULSADA POR ESCRITORES E ESCRITORAS COMO O FIXO A HOMENAXEADA DESTE ANO 2024, Mª LUISA VILLALTA.

    COMPARTIMOS ALGUNHAS PROPOSTAS QUE SE LEVARON A CABO NA AULA:

-- AS CRIANZAS ELIXIRON VERBAS EN GALEGO QUE LLES GUSTABAN, PORQUE ESTÁN INTENTANDO APRENDER A FALAR MÁIS GALEGO, COA AXUDA DA MESTRA, E PARA VISUALIZALO CREOUSE UN VIDEO.

                  CLICA NA IMAXE PARA VISUALIZAR O VIDEO

           

 E TAMÉN SE COÑECEU UN POUQUIÑO Á HOMENAXEADA PARA SEGUIR CONCIENCIANDO ÁS NOSAS CRIANZAS DAN GRAN NECESIDADE DE USAR E DEFENDER O GALEGO, COMO A NOSA RIQUEZA, A NOSA IDENTIDADE.

- LÉRONSE UNS VERSOS RECOLLIDOS NO LIBRO "PAPAGAIO", QUE ADEMAIS MUSICALIZOU O GRUPO "A BANDA DA LOBA". APROVEITOUSE A POÑER UNHA FOTO DE GRUPO, PORQUE A AMIZADE PRECISA DAS FIESTRAS ABERTAS,E QUEREMOS SER UNHA TRIBU NA QUE NOS AXUDEMOS E APOIEMOS UNS A OUTR@S CON AMOR E RESPECTO.

- ACHEGAMENTO E REXISTRO DO NOME DE INSTRUMENTOS DE CORDA E ENTRE ELES O VIOLÍN, QUE ERA UN FIEL AMIGO DE LUISA VILLALTA. ESTA PROFESORA ACADOU, ENTRE OUTROS, O TITULO SUPERIOR NESTE INSTRUMENTO E ISO PERMITIULLE PARTICIPOU NA ORQUESTRA DE SANTIAGO E NA XOVE ORQUESTRA GALEGA E MÁIS.

- TRABALLANDO A SIMETRÍA; TRAZANDO A METADE DO RETRATO DA PROFESORA, VIOLINISTA E ESCRITORA

                                              

 - REPARTIUSE COMO AGASALLO UN MARCAPAXINAS EN HONOR DA HOMENAXEADA, ANIMANDO A LER PARA SEGUIR ENRIQUECENDO A NOSA VAGAXE LINGÜÍSTICA

- O NOSO CENTRO TEN UNHA TRADICIÓN DE CONMEMORAR ESTA DATA CUNHA ROMARÍA NUNHA ÁREA RECREATIVA DAS CERCANÍAS, PERO NESTE ANO, POR CUESTIÓNS METEREOLÓXICAS, ORGANIZOUSE NO PROPIO CENTRO. REALIZÁRONSE: 

  * XOGOS POPULARES: AROS MUSICAIS, PASEMISÍ, XOGOS CON PELOTAS, ZANCOS, ARRASTRAMORTOS

                                                            

                                                          

  *  XUNTÁMONOS NO SALÓN DE ACTOS PARA CONMEMORAR CANTANDO ÁS LETRAS GALEGAS, CON POEMAS MUSICALIZADOS DE LUISA VILLALTA OU PEZAS GALEGAS NO SON DA GAITA, PANDEIRO E PANDEIRETA D@S NOS@S RAMALLOSEIR@S E UNHA FERMOSA CANTIGA ADAPTADA DUNHA PEZA DE SÉS, "CANTO AQUÍ CANTO NA ESCOLA". 

  * REMATOUSE A XORNADA CUN XANTAR CONXUNTO, AS CRIANZAS DE INFANTIL COMERON NAS AULAS E O NIVEL DE PRIMARIA O FIXO NO COMEDOR PORQUE ÉSTE SE FACÍA PEQUENO PARA DAR A CABIDA A TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

 

   MÁIS GALEGO, MÁIS GALEGO!Sorriso

SOMOS FINALISTAS!!

Dende a organización do Certame Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos" e trala deliberación do xurado e valoración dos máis de 70 traballos recibidos de coles de todo Galicia, temos o pracer de comunicarvos que somos finalistas co traballo que presentamos; “Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial” (Letras Galegas 2023).
Comparto o enlace á info do traballo e ao programa de radio para que poidades escoitar o podcast e coñecer máis cusiñas da nosa proposta.Temos que sentirnos orgullosos, pois trátase dun recoñecemento moi importante a nivel educativo.
Máis sobre este traballo de radio:
Programa de radio presentado a concurso:
O VELLO DOS CONTOS A organización convidóunos á gala de entrega de premios que vai ter lugar o vindeiro martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Rosalía de Castro de Santiago, na nosa condición de finalistas. Alí estaremos para ver se hai sorte e finalmente, somos quen de acadar un novo recoñecemento para tod@s @s ramalloseir@s.
E non subimos ao podium por un peldaño!! 4º posto, pero máis que felices e orgullosos de estarmos no bombo entre os finalistas e acadar este recoñecemento. Deixámosvos unhas imaxes do noso trofeo. Unha escultura Orixinal obra do alumnado da Escola Mestre Mateo de Santiago. Encántanos!!
Grazas a tod@s!! EASD Mestre Mateo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Casa de Rosalía de Castro, a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e a Arraianos Produccións. Seguiremos a sementar radio poñendo en valor a nosa lingua e cultura a través deste medio.
Xosé Mosquera 1 Xosé Mosquera2

ROMARÍA NO XIRIMBAO

COMO VIÑA SENDO HABITUAL NO COLEXIO, VOLVEMOS Á AREA DO XIRIMBAO, A GOZAR DUNHA XORNADA LÚDICA E FESTEIRA, EN PLENA NATUREZA PARA FESTEXAR A CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS. DESPLAZOUSE A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO EN AUTOBÚS ATA A ZONA, GOZAMOS DE DIFERENTES XOGOS POPULARES; NO CICLO DE INFANTIL XOGAMOS AO PASIMISÍ, Á ZAPATILLA POR DETRÁS E AOS AROS MUSICAIS COMBINADO CON DÚAS COLCHONETAS QUE SUPUXERON UN GRAN DELEITE PARA AS CRIANZAS. ACOMPAÑAMOS A ROMARÍA CUN XANTAR TOD@S XUNT@S E GOZAMOS DE DIVERSAS PEZAS MUSICAIS INTERPRETADAS POLO ALUMNADO DE CADA NIVEL E TAMÉN AMENIZARON CO SON DAS GAITAS E PERCUSIÓN, UN GRUPO DE MESTRES E NEN@S.

FOI UNHA FERMOSA XORNADA EN COMUNIDADESorriso

 

 

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS NO XIRIMBAO

ESTE 16 DE MAIO, VÍSPERA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  PASAMOS UN DÍA MOI DIVERTIDO NO XIRIMBAO. ALÍ XOGAMOS, MERENDAMOS, CANTAMOS, PASAMOS A PONTE E DISFRUTAMOS UN MONTÓN COS NOSOS COMPIS. CLICADE AQUÍ E VEREDES ALGUNHAS IMAXES DA XORNADA.

COÑECENDO A FERNÁNDEZ DEL RIEGO

ESTE ANO, O HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS 2023, É FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN ESCRITOR QUE DEFENDEU O GALEGO E LOITOU POR DARLLE VALOR E VISIBILIDADE AO NOSO IDIOMA, E, INCLUSO, SENDO PRESO POR DITAS MANIFESTACIÓNS.

NON ESCRIBIU DIRECTAMENTE TEXTOS INFANTÍS, PERO NÓS FALAMOS DEL, POIS FOI UN DOS CAUSANTES DE QUE SE CONMEMORE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, E QUE FOSE ROSALÍA DE CASTRO, A 1ª A QUEN SE LLE ADICARA ESTA DISTINCIÓN.

CANTAS LETRAS PRECISOU FERNÁNDEZ DEL RIEGO PARA TANTOS ESCRITOS QUE FIXO, E NÓS USÁMOLAS PARA DECORAR UN MARCO AO SEU RETRATO, AO CAL LLE DEMOS COR MEDIANTE A TÉCNICA DO FROTADO CON CERAS. E TAMÉN DESCIFRAMOS OS SEUS APELIDOS USANDO UNS CÓDIGOS

 

- COÑECEMOS ALGO DA SÚA OBRA MEDIANTE XOGOS ONLINE

 

- NÓS ESTAMOS FACENDO USO DE MOITAS LETRAS E PALABRAS GALEGAS, CREANDO ACRÓSTICOS COS NOSOS NOMES E LOGO PAREADOS CON ALGUNHA DAS PALABRAS RESULTANTES. CADA DÍA TÓCALLE AO ENCARGAD@. EX:

   

  

- TODOS OS ANOS ARREDOR DAS LETRAS GALEGAS, LÉVANSE A CABO NO COLEXIO DIVERSOS XOGOS POPULARES GALEGOS, E ASÍ SEGUIMOS COA TRADICIÓN E, CON MÁIS ÉNFASE SE CADRA, DADO QUE ESTE CURSO, ANDAMOS A FACER UNHA RECOLLIDA DE XOGOS TRADICIONAIS E TAMÉN DE CANTAREAS QUE CANTABAN PARA XOGAR Á CORDA, Á GOMA, PARA SORTEAR,... ANOS ATRÁS.

O ALUMNADO DO CICLO DE INFANTIL ANDIVEMOS PRACTICANDO 4 XOGOS: PASIMISÍ, AROS MUSICAIS, ZAPATILLA POR DETRÁS E ARRASTRAMORTOS

E TAMÉN A MESTRA MARISA NOS ENSINOU ALGUNHAS CANTIGAS PARA BAILAR EN RODA COMO, A SAIA DA CARRASQUIÑA

 

 

XORNADAS LETRAS GALEGAS 2023

“Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial”

Máis que agradecidos polo convite por parte dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega como relatores ás "Xornadas do día das Letras Galegas; Francisco Fdz del Riego".

Desta volta cunha actividade encadrada dentro das actividades promovidas no centro con motivo das Letras Galegas 2023 e dirixida á participación no "V Certame de podcast Xosé Mosquera ”. Fusionando desta volta a aplicación pedagóxica da Radio Escolar e a Intelixencia Artificial como ferramentas didácticas. Neste caso, a través da figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado deste ano.

O papel da radio na escola está máis que evidenciado como ferramenta educativa. No caso da IA, sabemos de todas as contradicións e dúbidas que nos xera esta nova ferramenta, pero por sorte ou por desgraza é algo que xa está nas nosas vidas. E como docentes volvemos a ter o difícil reto de actuar como "guías" facéndolle ver aos discentes as cousas positivas e negativas desta tecnoloxía e o uso responsable da mesma (como no caso doutras).

Tanto no caso da radio como no da intelixencia artificial, este traballo leva implícito un coidado traballo específico na aula, así como a preparación doutros aspectos técnicos, literarios, de expresión oral, etc. Así como a creación de grupos e espazos de traballo cun enfoque de traballo en equipo, (“co-working”).

Relatores

 

ALUMNADO PARTICIPANTE:

Artai, Claudia, Ilía, Gael e Gonzalo (6º Ed. Primaria). 

MESTRES:

- Laura García Díaz: Mestra titora no 3º Ciclo de Primaria. 

- Óscar Suárez Carbia: Mestre Especialista de Ed. Musical.

 

Preme na imaxe para escoitar o programa de radio na nosa canle de radio/podcast

Del Riego

LETRAS GALEGAS 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

A Real Academia  Galega resolveu dedicar as Letras  Galegas 2022 a  Florencio    Delgado   Gurriarán (  Córgomo de Valdeorras, 1903 -   Fair   Oaks,   California, 1987).

Florencio Delgado   Gurriarán foi un autor cuxa biografía percorre practicamente todo o galeguismo do pasado século  XX, desde experiencias como a do Seminario de Estudos Galegos (1923), o Partido Galeguista, o rexurdimento literario dos anos 30 ou a defensa do Estatuto de Autonomía do 36, ata momentos tan dramáticos como a guerra civil (1936-1939) e o exilio.

Trátase, de feito, do primeiro homenaxeado no Día dás Letras  Galegas que representa aos intelectuais do exilio mexicano, que do mesmo xeito que o bonaerense, frutificou en numerosas iniciativas culturais e proxectos editoriais de diversa índole.

Como todos os anos, no centro celebraremos esta festa do noso idioma e cultura galega por todo o alto. Durante a semana faremos diferentes actividades a nivel aula (unidades didácticas, etc) e este luns, día 16 de Maio, se a climatoloxía o permite, teremos a nosa tradicional "romería popular", pero un ano máis no recinto do centro (debido ás medidas COVID). Iso si, non faltarán os xogos tradicionais, a música galega, o baile... E como non, o agardado xantar!! 

Entra nun feixe de RECURSOS DIDÁCTICOS no PORTAL DA LINGUA GALEGA

Contidos cortesía da Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e o traballo dos diferentes centros educativos que o conformamos, mestres/as, institucións, etc

LETRAS GALEGAS 2022: "FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN"

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Preme da imaxe para coñecer máis sobre a vida e obra do escritor homenaxeado e ver propostas didácticas sobre o mesmo

Distribuir contido


by Dr. Radut