Skip to Content

Actualidade

DÍA A ROSALÍA DE CASTRO

UN ANO MÁIS QUERÍAMOS RECORDAR E HOMENAXEAR A UNHA DAS ESCRITORAS GALEGAS MÁIS ILUSTRES; A NOSA ROSALÍA.

ACTIVIDADES QUE SE FIXERON:

-- FIXEMOS UN QUEBRACABEZAS CO SEU RETRATO E CADA AULA DECOROU UNHA OU DÚAS PEZAS DE XEITO LIBRE

-- REPARTIRONSE POEMAS, ESCOLLIDOS DOS SEUS LIBROS "FOLLAS NOVAS" E "CANTARES GALLEGOS", E EN CADA TITORÍA TIÑAN QUE LELOS, TRABALLALOS E LOGO ESCOLLER UNHA PALABRA QUE FIXERA REFERENCIA AO MUNDO DA NATUREZA (PARA RELACIONAR A ACTIVIDADE COA TEMÁTICA DO PROXECTO ANUAL DESTE CURSO). CON ESAS PALABRAS BORDEAMOS O RETRATO QUE FIXEMOS DA ESCRITORA.

-- TAMÉN CADA GRUPO TIVO QUE DECORAR UNHA LETRA DO SEU NOME EMPREGANDO TAPÓNS AZUIS OU BRANCOS, TRABALLANDO CON MATERIAL DE REFUGALLO

ESTE FOI O TRABALLO QUE RESULTOU; LINDÍSIMO!!!!

 

          

DENDE A BIBLIOTECA, A MASCOTA ROKY, PROPOÑÍANOS DIFERENTES CUESTIÓNS PARA RESOLVER AO LONGO DA SEMANA,. MOITAS PROPOSTAS SE FIXERON DURANTE O RECREO. PRETENDÍASE QUE FORAN POLA BIBLIO BUSCAR INFORMACIÓN CANDO O PRECISABAN.

1ª                                                                             2ª                                                                    3ª                                                                  

   

     

       IDENTIFICACIÓN DE POEMAS PROPIOS DE ROSALÍA E OUTROS ADICADOS A AUTORA POR OUTROS ESCRITORES OU ESCRITORAS, COMO ANA MARÍA FERNÁNDEZ

         FACENDO NOVOS POEMAS

  

 

COMO TRABALLOS REALIZADOS NAS TITORÍAS, DESTACAR O FEITO POR UN GRUPO DE 3º DE PRIMARIA, ONDE TRABALLARON A BIOGRAFÍA DA ESCRITORA, COMO PRACTICA DESPOIS DE TRABALLAR ESTE TEXTO.

 

O VENRES 22, DECIDIUSE FACERLLE UNHA PEQUENA HOMENAXE A ESCRITORA GALEGA "ROSALÍA DE CASTRO, POIS O 24 DE FEBREIRO COINCIDÍA EN DÍA NON LECTIVO.

NUN FERMOSO E SOLIADO DÍA, SAÍOMOS AO PATIO PARA TOD@S XUNT@S ESCOITAR E GOZAR DA MÚSICA TRADICIONAL CO GRUPO DE GAITEIROS, OS CARAPUS, ENVIADOS POLO CONCELLO AO CENTRO DE TEO, QUENES NOS INTEREPRETARON "A ALBORADA DE ROSALÍA" E UN PAR DE PEZA MAIS. CLICA AQUÍ PARA ESCOITALA.

 

TAMÉN RECITAMOS E CANTAMOS UN POEMA QUE PEPE SENDÓN LLE ESCRIBIU ADICADO Á POETA, TITULADO "ROSALÍA"

 

 

 

       

 

E UN NENO E UNHA NENA, EN REPRESENTACIÓN DE TODO O COLE, RECITARON UN FERMOSO POEMA DE ROSALÍA

  

 

 

 

Hoxe foi o día da visita de Xosé Neira Vilas ao noso colexio

 

Hoxe, 2 de marzo de 2012, visitounos o escritor Xosé Neira Vilas. Aínda que a súa visita estaba prevista para mediados de febreiro unha gripe inoportuna forzou un aprazamento.

Logo de ter traballado nas aulas sobre o seu libro "Memorias dun neno labrego", aproveitando o medio século dende que saíu por primeira vez da imprenta, hoxe poidemos escoitar ao seu autor os detalles persoais e literarios relacionados con esta obra e con outras moitas (máis de cincuenta).

Os nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria tiveron a oportunidade de facerlle numerosas preguntas. A maioría das mesmas estiveron relacionadas moi directamente con "Memorias dun neno labrego" e as circunstancias que rodean a vida dun escritor.

Antes do acto tamén pasou un ratiño cos cativos/as de educación infantil, que desexaban coñecelo persoalmente.

Ao remate da charla o autor asinou libros para todos os alumnos e alumnas que llo demandaron.

Grazas D. Xosé. Esperamos poder disfrutar pronto de novas creacións da súa autoría.

Foi unha honra a súa visita, e un pracer escoitalo.

Neira Vilas durante a súa intervención

Contestando ás numerosas preguntas do alumnado

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

Cola para asinar librosAsinando

 

 

 

 

 

 

 

 

12 DESEXOS PARA O 2012 DO CLAUSTRO DE PROFESORES/AS

00/00/
Array

 

1. Que se garanta o dereito á educación en igualdade para todas e todos.

2. Que vir ao cole sexa un motivo de alegría.

3. Que as dificultades na aprendizaxe sexan atendidas.

4. Que a escola e a súa contorna sexan unha.

5. Que o saber non ocupe un lugar secundario.

6. Que “aprender a ser” sexa a nosa teima.

7. Que a solidariedade inunde as nosas aulas.

8. Que a “educación para tod@s” considere as necesidades individuais e a integración escolar non sexa unha utopía.

9. Que se protexa con aloumiños a fala dos nosos devanceiros.

10. Que contemos con recursos materiais e humanos imprescindibles.

11. Que o labor do ensinante non sexa aldraxado.

12. Que toda a comunidade educativa defenda e aposte por un ensino público de calidade.

CAMPIONATO DE TROMPOS 2011

Como todos os anos, o día do magosto celebramos no cole o Campionato de Trompos no que participaron máis de 100 nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º.Noraboa a tod@s.

Os gañadores deste anos foron:

1º clasificado: ALBERTO CASAL

2º clasificado: BRAIS FERNÁNDEZ

3º clasificado: ISAAC GAÑETE

Día dos Dereitos do Neno e a Nena

Este venres, 20 de novembro, cúmprese o vixésimo aniversario da declaración dos Dereitos da Infancia aprovada polas Nacións Unidas en 1989. Esta declaración recolle aqueles dereitos que teñen todos os nenos e nenas menores de 18 anos en todo o mundo sen distinción de raza, sexo, color ou condición social.

A pesares de teren pasados vinte anos, todavía hai moitos países no mundo onde estes dereitos non son disfrutados por todos os nenos e nenas. Así, segue a haber menores sen fogar, sen familia; nenos e nenas que son maltratados, que traballan, que non van á escola,...

Este pode ser un bo día para pensar en todos eles e na sorte que teñen os que si poden disfrutar destes dereitos.(clica aquí para coñecelos)

Proxecto:MIRANDO AO CEO

Este trimestre estamos traballando nun proxecto sobre astronomía.

Nas seguintes ligazóns atoparás máis información.

 

 

 

Programa do Magosto 09

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

E.INFANTIL

COMECASTAÑAS

PATIO CUBERTO

 

AROS MUSICAIS

ENCESTAR O ARO

CAZADORES DE RABOS

PRIMEIRO CICLO

CARREIRA DE CULLERES

AO LADO DO NOVO XIMNASIO

TROMPOS NA ZONA DE ASFALTO

Fai clic aquí para apuntarte ao concurso de trompos.(para 4º,5º e 6º)

CARREIRA DE SACOS

SEGUNDO CICLO

ZANCOS

 

CAMPO DE FÚTBOL

PANO

CARREIRA DE SACOS

TERCEIRO CICLO

BICIS LENTAS

CAMPO DE FÚTBOL

TIRO DA CORDA

ZANCOS

Mirando ao ceo

 

EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES (ACE)

EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Estimadas familias,

co gallo do Ano internacional da Astronomía 2009 o noso colexio está a traballar o tema. Un tema apaixonante pero inmenso, polo que temos repartidos algúns apartados, por cursos:

  • E.I.

OS PLANETAS E OS SATÉLITES

As manifestacións na Terra dos seus movementos:

  •  
    • AS ESTACIÓNS DO ANO

    • O DÍA E A NOITE; OS ECLIPSES

  •  
    • A LÚA

  •  
    • AS ESTRELAS

    • O SOL

    • A TERRA

Outros corpos celestes:

  •  
    • COMETAS, ASTEROIDES, METEORITOS...

  •  
    • VIAXES AO ESPACIO: NAVES, TRAXES, ASTRONAUTAS, COMIDAS...

  •  
    • ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL

    • INVENTOS DERIVADOS DAS VIAXES ESPACIAIS

    • CONSTELACIÓNS E GALAXIAS

Pasámosvos esta información para que coñezades que outras cousas están a facer os/as vosos/as fillos/as na escola e, como non, como xa ven sendo habitual, “invitarvos” a colaborar con nós. Podedes facelo do seguinte xeito:

  • Axudando, na medida do posible, a buscar e acadar a información que vos soliciten os/as vosos/as fillos/as para traer ao colexio.

  • Elaborando todo aquelo que se vos ocurra relacionado co tema que estamos a tratar. A experiencia do curso pasado coas vosas colaboracións foi estupenda e non queremos deixar escapar esta oportunidade para que nos agraciedes coas vosas poesías, murais, adiviñas, xoguetes (cohetes, naves...) e/ou astros con material de refugallo..., e todo o que queirades.

Todo o material reunido, tanto o que se faga nas aulas como o que traian das casas, irase expoñendo polo colexio para que todos poidamos disfrutar e aprender deste tema tan apaixonante.

Ánimo e grazas pola vosa colaboración!!!

DÍA DA PAZ

No ano 1981 a Organización de Naciones Unidas(ONU ),decidiu que o 30 de Xaneiro se commemorase o día da Paz en todo o mundo.

Para eso faise un chamamento para que cesen as hostilidades e a violencia ese día en todo o mundo.

Escolleuse ese día por ser o aniversario da morte de Gandhi, un líder pacifista da India.

Obradoiro de Medio Ambiente

Sustentabilidade na vida cotiá

Durante este primeiro trimestre o alumnado de 2º e 3º ciclos asistiu a un obradoiro organizado polo concello sobre medio ambiente.

Trátabase de coñecer e reflexionar sobre o impacto que as actividades das persoas producen sobre o medio ambiente: o efecto invernadoiro, o esgotamento dos recursos,...;e tomar conciencia do que realmente podemos facer cada un de nós, dende as nosas casas e na nosa vida cotiá, para evitar estes agravios á natureza.

Así aprenderon como reciclar o lixo, como aforrar enerxía, como aforrar auga,...e sobre todo, que se todos poñemos algo da nosa parte, quizais consigamos frear o deterioro do planeta.

Nunha segunda parte do obradoiro, o alumnado disfrutou elaborando xoguetes con material de refugallo e así crearon avións, naves espaciais, e outros xoguetes aproveitando caixas de cartón, botellas de plástico e outra enorme cantidade de material "salvada" do lixo. ¡Algúns remataron tan entusiasmados que xa pensaban continuar co material do lixo da propia casa! ¡Foi un descubrimento!
Preme aquí e verás como disfrutaron algúns deles.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut