Skip to Content

Visitas Ilustres

Escritor@s, músic@s, científic@s, deportist@s...

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

A escritora María Canosa volveu ao noso centro para manter un encontro coas crianzas de 4º EP, sobre o libro "RUBICUNDO".ed, Xerais, unha historia que estiveron lendo ao longo do 2º trimestre, que lles cautivou e @s mantivo enganchados ata o desenlace final.

                                        

(clica na seguinte imaxe de María para visualizar máis)

 

Aproveitouse a visita para que María  puidese comentar tamén coas crianzas de 3ºEP, sobre outra historia súa, neste caso falamos do conto "LOBO RAMÓN: A VIDA É UNHA FESTA", ed. OQUELEO.

                                          

  

ENCONTRO con VICKY PÉREZ

Nesta ocasión foi a editorial Oqueleo, quen ofreceu un encontro coa contacontos Vicky Pérez

O alumnado de 1º EP leu o conto "a vaca que dixo muuu" e o alumnado de 2º EP "un baúl cheo de piratas", ambos da editorial OQUELEOpolo que tiveron a recompensa de poder gozar dun animado encontro sobre ambas historias.

            clicar na AQUÍ  para ver máis imaxes

VISITA DE BENXAMÍN

Grazas á editorial Anaya, o alumnado do 1º ciclo de primaria, tivo a sorte de ter un encontro co contacontos e ilustrador Benxa, quen compartiu un tempo bonito e enriquecedor transmitíndolles a súa aficción pola ilustración que ademais relaciona coas historias, facendo adaptacións de contos coñecidos e que ademais contextualizou para o propio alumnado do cole da Ramallosa.

Foi un pracer como sempre gozar da túa visita BenxamínSorriso

    clicar AQUÍ para visualizar máis fotos

"Os Monifates no Camiño"

E chegaron Os Monifates!!

Unha actuación que tivemos a sorte de disfrutar grazas á coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega co apoio do Programa Cultural do XACOBEO 2021_22

Co seu peculiar carromato, os dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de amosar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega, nun formato distinto e orixinal. Nas súas viaxes fóronse sumando os máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), integrando así música e monicreques nun espectáculo pensado para toda a familia, marabillándonos coas historias das súas personaxes. Esta singular troupe, formada por Bartolo o pandereteiro, o porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o galo Farruco e os Barbanzóns, pono baile nun improvisado escenario para goce e divertimento do público asistente. Un espectáculo que marabillou ao noso alumnado de 4º de Ed. Primaria

Monifates

VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

HOXE, 8 DE XUÑO, O ALUMNADO DE 3º E 4º TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR Á ESCRITORA LEDICIA COSTAS. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI BONITA, XA QUE NOS ENCANTOU COÑECER Á AUTORA DOS DOUS LIBROS QUE LEMOS E COS QUE DISFRUTAMOS UN MONTÓN: "OS MINIMORTOS" E "VAMPIRA DE BIBLIOTECA". EXPLICOUNOS MOITAS COUSAS DA SÚA VIDA E DE COMO EMPEZOU A ESCRIBIR.  PUIDEMOS TAMÉN PREGUNTARLLE MOITAS CURIOSIDADES SOBRE AS SÚAS OBRAS. FINALMENTE, ASINOUNOS OS NOSOS EXEMPLARES E TAMÉN DEIXOU UNHA DEDICATORIA NO LIBRO DE AUTORES DA BIBLIOTECA. SE QUEREDES VER AS FOTOS DA VISITA, CLICADE NA IMAXE INFERIOR.

Paco Nogueiras!!

Por cortesía da nosa ANPA, tivemos a visita do músico compostelán Paco Nogueiras, que presentou ao alumnado de Ed. Infantil o seu último libro-disco; EXTRA. Pero tamén tivemos a ocasión de escoitar os seus grandes éxitos de Brincavai e outros. Grazas Paco!! Pasámolo pipa!!

Paco Nogueiras

- Preme na imaxe para ver todas as fotos e vídeos da actuación -

VISITA DO ESCRITOR LUGUÉS "TOÑO NÚÑEZ"

GRAZAS A OTILIA, A AVOA DO NOSO COMPAÑEIRO NICOLÁS, TIVEMOS CONTACTO CO ESCRITOR LUGUÉS TOÑO NÚÑEZ QUE, DENDE A CAPITAL LUCENSE DESPLAZOUSE AO NOSO COLEXIO, PARA VISITARNOS E PASAR UN AGRADABLE TEMPO CON NÓS; C@S NEN@S DE 5 ANOS.

PRESENTOUNOS O VIDEO DE DOUS DOS SEUS CONTOS,  "A GOTIÑA VIAXEIRA" E "ANA E A LÚA LUEIRA", E TAMÉN RIMOS E BAILAMOS CON MOITAS RIMAS QUE NOS RECITOU. E COMO AGASALLO FÍXONOS UNHA RIMA A CADA UN/UNHA DE NÓS COS NOSOS NOMES E APELIDOS.

GRAZAS TOÑO POR COMPARTIR CON NÓS O TEU GUSTO POLA LECTURA, E MÁIS CONCRETAMENTE POLA RIMAS, QUE XA VIMOS QUE CHE GUSTAN MOITOSorriso

 E COMO NON, APROVEITAMOS PARA QUE NOS ASINARA ESES DOUS CONTIÑOS, GRAZAS TOÑO.

VISITA DE "ANXO MOURE" NO DÍA DA PRENSA

Entrevista ao escritor e naturista "Anxo Moure" (2º Ed. Primaria)

Na semana do 14 ao 18 de Marzo tivemos a sorte de pasarmos unha xornada completa co escritor "Anxo Moure" e facermos unha actividade relacionada coa semana da prensa. Vinculando a mesma ao proxecto "Escola Verde" do centro, e por suposto coa conmemoración do día das árbores e a poesía (21 de Marzo).

Non podíamos perder a ocasión de que nos acompañase nos micrófonos de Radio Ramalloseir@∫. Mil grasas Anxo!!

Agradecer enormemente ao "Consorcio Editorial Galego" o seu compromiso con este pedazo de agasallo. 

Anxo Moure Entrevista Preme na imaxe para ver toda a información e escoitar a entrevista en "Radio Ramalloseir@s"

PRESENTACIÓN do libro "O TOQUE PECHADO" de "Pablo Seoane"

O venres pasado tivemos a gran sorte de poder ter con nós ao noso estimado PABLO SEOANE. Músico, docente, Luthier/artesán... E sobre todo, un Ramalloseiro dos pés á cabeza, pois tamén foi alumno do noso centro.

Este polifacético persoeiro do noso Concello ten máis que gañado o seu prestixio a nivel internacional. Un luxo que tivera a deferencia de presentar ao noso alumnado de 6º, o espectacular traballo do seu último libro "O toque pechado". Unha recollida de anos e anos, de aldea en aldea gravando en casetes aos nosos avós músicos. Un proceso árduo que agora se recolle nesta obra de arte do noso patrimonio cultural cun carácter tamén moi pedagóxico!! Un libro indispensable na biblioteca de calquera músico ou amante da nosa cultura.

Na súa presentación falounos entre outras cousas da orixe destoutra forma tradicional de tocar a gaita. Na que, por dicilo dalgunha maneira, mudan as posicións dos dedos para facer as notas, feito que afecta ao propio son!! E que é precisamente, un dos motivos de que nacera esta dixitación. A procura dunha afinación axeitada! Pois non había un punteiro tipo cunhas medidas estándar que reproducisen o mesmo son, polo que os gaiteiros tiñan que ir buscando a afinación en cada nota. Polo que a gaita adquire tamén outra tímbrica!! Tamén se xustifica e reforza esta forma de tocar, probablemente polo feito, de buscar o instrumentista unha maneira de tocar suxeitando mellor o punteiro. Na actividade tamén nos tocou unhas pezas, unha delas acompañado da súa filla Lía, alumna do centro e integrante do Grupo de música tradicional do Centro.

Tamén donou un exemplar do libro á Biblioteca Escolar do Centro e asinou no noso libro de persoeiros ilustres que visitan o centro.

Sen dúbida, aprendemos un montón de cousas co noso querido "Pablo Seoane". Grazas unha vez máis e moita música compañeiro!! (Premede na imaxe para ver máis fotos, videos...)

 

OBRADOIRO DE POESÍA CON CLAUDIA CASTRO

O ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA TIVO A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NUN OBRADOIRO DE POESÍA, COA AUTORA E VECIÑA DA ZONA, CLAUDIA CASTRO. PREVIAMENTE NESTE CICLO LERON O SEU LIBRO ARREDOR DO CAL XIROU O OBRADOIRO, QUE LEVA POR NOME "GALICIA, O PAIS DAS MARABILLAS", ed. GALAXIA.

LERON POEMAS E DIALOGARON SOBRE AS DISTINTAS ZONAS GALEGAS ÁS QUE SE FAI ALUSIÓN NO LIBRO, ASÍ COMO TAMÉN O ALUMNADO FIXO AS SÚAS CREACIÓNS PLÁSTICAS A PARTIR DOS SEUS GUSTOS, PERO MIRANDO CON OLLOS DE POETAS E POETISAS 

  

                                                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut