Skip to Content

Radio Escolar

Proxecto Iniciado no curso escolar 2020_21, adicado á realización de; Obradoiros de Radio, teatro radiofónico, dobraxe, edición e gravación de música e vídeo... Contacto: radioescolar@ramallosa.org

RADIO RAMALLOSEIR@S

1º PREMIO - CONCURSO INTERNACIONAL DE RADIO ESCOLAR SCHOOLS 21C (2021) 

1º PREMIO RADIO-PODCAST  V CERTAME IMAXES DO PATRIMONIO GALEGO-PORTUGUÉS  (2021_22)

2º PREMIO RADIO-PODCAST VI CERTAME IMAXES DO PATRIMONIO GALEGO PORTUGUÉS (2022_23)

1º PREMIO/MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR TRABALLO DE CENTRO POLO TRABALLO:

"PETISCOS DE ONTE VISTOS COS OLLOS DE HOXE" (PNO). 

(Ponte nas Ondas - Traballos presentados)

 

PREMIO "Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas"

(Fund. Antonio Fraguas & Museo do Pobo Galego (2023_24)

Proposta enviada a concurso: "EcoParloteoFROITOS daTERRA"

 

PREMIOS INTERNACIONAIS XOSÉ MOSQUERA; "O VELLO DOS CONTOS"  

 1º premio na categoría Ed. Primaria: "O violino da Villalta; Luísa Villalta, música e literatura"(2024)

 4º Premio na categoría de Ed. Primaria: "Programa Especial EXPO Antonio Fraguas"(2024)

 4º Premio na categoría de Ed. Primaria: Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial(2023)

 

FINALISTAS "A CANCIÓN DO NADAL 2023_24" (Radio Televisión de Galicia)

 

         Logo Proxecta+        Logo TIC´s       Radio Logo     Logo Extraescolares     

RADIO ESCOLAR BANNER

 Preme na imaxe ou enlaces para entrar na Canle de PODCAST de Radio Ramalloseir@s

INFO: Estamos a traballar na subida dos contidos á nova canle.

Redirixindo todos os programas da canle anterior: Desculpade as molestias!!

  Escolas Nas Ondas  Scholls 21C_logo  O vellos dos contos banner  rede espora

  

Certame Xosé Mosquera: "O vello dos Contos"

Banner o vello dos contos

O vello dos contos AntigaO vello dos contos

*VI Certame: 1º premio na categoría Ed. Primaria: "O violino da Villalta; Luísa Villalta, música e literatura"

*VI Certame: 4º Premio na categoría de Ed. Primaria: "Programa Especial EXPO Proxecto Didáctico Antonio Fraguas"

*V Certame: 4º Premio na categoría de Ed. Primaria: Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial

Foto entrega premios

  Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, primeira estrela

mediática galega e impulsor do Padroado Rosalía de Castro

(Arraianos Producións)

Activo promotor de Unión Radio Galicia, contou co apoio da Cámara de Comercio de Santiago e do concello compostelán para que a radio chegase a Galicia e coloborou cos sectores máis progresistas da cidade e coa Liga Santiaguesa pro Estatuto. Este home humilde e discreto, ademais de ser a alma de diversas iniciativas culturais e políticas sempre vencelladas co galeguismo, foi o socio número dous da emisora compostelá, denominada co distintivo técnico de EAJ‐4, a decana da radio no noso país. Daquela oportunidade de progreso só eran conscientes algunhas persoas visionarias que confiaban no potencial educativo e transformador do novo medio de comunicación.

Xosé Mosquera Pérez, nacido en San Xián do Carballal, Enfesta, en 1895, usou o alcume “O vello dos contos” e converteuse na primeira estrela mediática de Galicia grazas a este popular personaxe que, xunto con Joselín -popularizado polo vigués José Rodríguez de Vicente-, crearía unha escola galega de contadores de contos da que foron representantes, entre outros, Xistral ou Farruco, chegando a facerse moi famoso en toda Galicia e mesmo en América, aínda que ficara despois no esquecemento.

As súas intervencións radiofónicas estiveron en antena entre xaneiro de 1933, cando botou a andar a programación estable da emisora, emitindo nos primeiros meses dende un locutorio improvisado en San Domingos de Bonaval, ata o mes de xullo de 1936, cando os sublevados entraron armados para tomar os estudios da radio, daquela xa na praza da Universidade. Durante este tempo foi o principal altofalante do galeguismo, participando na intensa campaña política a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Ademais das sesións de música galega e das conferencias de divulgación cultural e política, das que informa a prensa da época e a revista Nós, xa en 1933, tamén se programaron espazos de divulgación da cultura popular, emitíuse teatro do aire interpretado por un grupo de teatro radiofónico -do que recuperamos algunhas fotografías para esta entrada biográfica- e seccións de contos e refráns. Todos os xoves había unha sección infantil e xuvenil na emisora, da que “O vello dos contos” foi impulsor e elemento protagonista, seguindo a liña de animación cultural e didáctica que iniciaran as Irmandades da Fala para o adoutrinamento e culturización do pobo galego.

Facer radio na Compostela e na Galicia do seu tempo, cando só algúns galeguistas e progresistas albiscaban que aquela nova tecnoloxía sen fíos estaba chamada a ser o primeiro medio de comunicación de masas, era o xeito de Mosquera e doutros correlixionarios, como Antonio Fraguas, primeiro locutor da emisora, de contribuíren á tarefa colectiva de facer país espallando as mensaxes galeguistas e de concienciación política que caracterizaban a programación da emisora. “O vello dos contos” foi congregando a cada vez máis xente arredor dos receptores de radio e gañando popularidade até converterse na primeira estrela da radio galega. Despois de cursar os primeiros estudos no Seminario, Mosquera estivo tres anos emigrado en Bos Aires, conseguindo unha boa posición, pero o amor á terra fixo que non tardase en regresar. Xa era un afeccionado ao teatro antes da chegada da radio a Compostela e a Galicia. Mesmo dirixiu o grupo de teatro Cativezas, entre 1923 e 1925, compañía coa que montou varias obras de autores galegos. Tras o seu paso pola Universidade de Santiago, onde estudou Humanidades e Maxisterio, traballou na administración duns almacéns comerciais, na zona vella compostelá, formando parte dunha sociedade con Ángel Estévez, Manuel Beiras e Balbino Viña.

//Texto: Aser Álvarez González - Arraianos Producións// 

RADIO RAMALLOSEIROS - "21 DÍAS COGALEGO E+"

SOMOS FINALISTAS!!

Dende a organización do Certame Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos" e trala deliberación do xurado e valoración dos máis de 70 traballos recibidos de coles de todo Galicia, temos o pracer de comunicarvos que somos finalistas co traballo que presentamos; “Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial” (Letras Galegas 2023).
Comparto o enlace á info do traballo e ao programa de radio para que poidades escoitar o podcast e coñecer máis cusiñas da nosa proposta.Temos que sentirnos orgullosos, pois trátase dun recoñecemento moi importante a nivel educativo.
Máis sobre este traballo de radio:
Programa de radio presentado a concurso:
O VELLO DOS CONTOS A organización convidóunos á gala de entrega de premios que vai ter lugar o vindeiro martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Rosalía de Castro de Santiago, na nosa condición de finalistas. Alí estaremos para ver se hai sorte e finalmente, somos quen de acadar un novo recoñecemento para tod@s @s ramalloseir@s.
E non subimos ao podium por un peldaño!! 4º posto, pero máis que felices e orgullosos de estarmos no bombo entre os finalistas e acadar este recoñecemento. Deixámosvos unhas imaxes do noso trofeo. Unha escultura Orixinal obra do alumnado da Escola Mestre Mateo de Santiago. Encántanos!!
Grazas a tod@s!! EASD Mestre Mateo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Casa de Rosalía de Castro, a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e a Arraianos Produccións. Seguiremos a sementar radio poñendo en valor a nosa lingua e cultura a través deste medio.
Xosé Mosquera 1 Xosé Mosquera2

ESPECIAL "CÓNTAME UN CONTO"

 

Programa especial adicado a "Cóntame un conto", proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos de tradición oral galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

- Alumnado participante no programa de radio: 4º de Ed. Primaria (grupo c)

- Profesorado: María Álvarez Garea, Benxa Salgado Otero e Óscar Suárez Carbia

ENTREVISTA Á ESCRITORA SABELA NÚÑEZ SINGALA

XORNADAS LETRAS GALEGAS 2023

“Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial”

Máis que agradecidos polo convite por parte dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega como relatores ás "Xornadas do día das Letras Galegas; Francisco Fdz del Riego".

Desta volta cunha actividade encadrada dentro das actividades promovidas no centro con motivo das Letras Galegas 2023 e dirixida á participación no "V Certame de podcast Xosé Mosquera ”. Fusionando desta volta a aplicación pedagóxica da Radio Escolar e a Intelixencia Artificial como ferramentas didácticas. Neste caso, a través da figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado deste ano.

O papel da radio na escola está máis que evidenciado como ferramenta educativa. No caso da IA, sabemos de todas as contradicións e dúbidas que nos xera esta nova ferramenta, pero por sorte ou por desgraza é algo que xa está nas nosas vidas. E como docentes volvemos a ter o difícil reto de actuar como "guías" facéndolle ver aos discentes as cousas positivas e negativas desta tecnoloxía e o uso responsable da mesma (como no caso doutras).

Tanto no caso da radio como no da intelixencia artificial, este traballo leva implícito un coidado traballo específico na aula, así como a preparación doutros aspectos técnicos, literarios, de expresión oral, etc. Así como a creación de grupos e espazos de traballo cun enfoque de traballo en equipo, (“co-working”).

Relatores

 

ALUMNADO PARTICIPANTE:

Artai, Claudia, Ilía, Gael e Gonzalo (6º Ed. Primaria). 

MESTRES:

- Laura García Díaz: Mestra titora no 3º Ciclo de Primaria. 

- Óscar Suárez Carbia: Mestre Especialista de Ed. Musical.

 

Preme na imaxe para escoitar o programa de radio na nosa canle de radio/podcast

Del Riego

Distribuir contido


by Dr. Radut