Skip to Content

Radio Escolar

Proxecto Iniciado no curso escolar 2020_21, adicado á realización de; Obradoiros de Radio, teatro radiofónico, dobraxe, edición e gravación de música e vídeo... Contacto: radioescolar@ramallosa.org

+ PROGRAMAS

 

Programa especial  "5º Certame Imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués" (4º E.P.)

"PONTE NAS ONDAS"

 

- PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O PROGRAMA - 

 

Programa resumo da celebración do "Día de Rosalía de Castro" (E.I. 5 anos) 

Rosalía Radio 22

 

Programa Especial "Refráns do Outono" (Ed. Infantil 5 anos) 

Refráns do outono EI 5 anos_21/22

 

13 de Febreiro. Día Mundial da Radio!!  

Como xa sabedes, este domingo 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio!! Proclamada pola UNESCO no ano 2011.

Dende "Radio Ramalloseir@s" non podiamos deixar pasar esta efeméride.

A sorpresa deste ano é que... ESTREAMOS o novo e fermoso estudo de gravación que poderedes visitar en primicia a vindeira semana. Ademais dalgunha sorpresiña máis!!

Publicaremos unha reportaxe gráfica máis adiante, para que todo o mundo poida ver que chusquiño é o noso estudo de Radio!!

Como xa sabedes, puxemos en marcha este Proxecto educativo a finais do curso pasado. Co obxectivo principal de empregar a Radio Escolar como ferramenta de ensino-aprendizaxe.

Como sabedes, as obras son tediosas e este momento dilatouse no tempo máis do que nos gustaría.

Agardamos que vos guste e desfrutedes de toda a experiencia!! 

   Día da Radio Estudio Radio dibujo

 

 

ENTREVISTAS:

Entrevista á pintora "Noe Aragundi" e ao noso novo Director, "Rafa Vilar" (3º Ed. Primaria).

Entrevista á pintora "Noe Aragundi", encargada de facer o mural do comedor escolar do centro. Unha iniciativa da nosa xefa de cociña e o noso director, Rafa Vilar, responsable do comedor escolar do centro xunto coa mestra de Inglés Janet. 

Estamos felices deste agasallo para a nosa vista!! E non podiamos deixar escapar a oportunidade de entrevistar á artista e ao noso dire. 

 

Entrevista Noe Aragundi

 

 

Entrevista ao escritor e naturista "Anxo Moure" (2º Ed. Primaria)

Na semana do 14 ao 18 de Marzo tivemos a sorte de pasarmos unha xornada completa co escritor "Anxo Moure" e facermos unha actividade relacionada coa semana da prensa. Vinculando a mesma ao proxecto "Escola Verde" do centro, e por suposto coa conmemoración do día das árbores e a poesía (21 de Marzo).

Non podíamos perder a ocasión de que nos acompañase nos micrófonos de Radio Ramalloseir@∫. Mil grasas Anxo!!

Agradecer enormemente ao "Consorcio Editorial Galego" o seu compromiso con este pedazo de agasallo.

Anxo Moure Entrevista

 

 

Entrevista a Benjamín Salgado, "Benxa".

Profe e director do centro!!

Un gran docente e mellor persoa, que se vai este curso!!

Cunha máis que merecida xubilación despois de moitas horiñas traballando a prol da educación e o futuro dos nosos discentes.

Grazas Benxa!! Por ser como eres.

Ramalloseiro para sempreeeee!!

Entrevista Benxa

 

 

Entrevista a Francisco Javier Sánchez, "Fico"!!

Outro dos nosos súper profes que se xubilan!!

Francisco Javier Sánchez(FICO)

Curtido, querido e admirado en mil batallas, ten máis que merecida esta xubilación.

Grazas Fico!! Por concedernos esta entrevista e ser unha persoa, docente e Ramalloseiro de 10!!

Entrevista Fico

 

 

Entrevista a Cristina Sanmartín, "Cris"

Ao igual que os profes Benxa e Fico, chega ao final da súa etapa como docente.

Despois de moitos anos de esforzo e adicación á educación, ten máis que gañada esta xubilación!!

Chegou o momento de descansar e adicarte con máis tempo a todas esas fermosas afecciones que tanto gozas!! Cantar, ler, viaxar ...

Grazas por todo o teu traballo Ramalloseira!! Querémoste!!

Entrevista Cris

 

LETRAS GALEGAS!!

"A PATRULLA CANINA SALVA A LINGUA GALEGA":

Como unha das actividades para celebraren o día das letras galegas, o Equipo de EDLG do centro, en coordinacións cos demáis Equipos de traballos (Bibliotecas Escolares, Extraescolares, TICs...) Tivo a idea de dobrar un episodio da serie infantil: Patrulla canina.

Xurdiu pola faceta de tradutora da homenaxeada deste ano, e a preocupación que ten o profesorado do centro pola perda de crianzas galego falantes. Un dos motivos da perda de léxico na nosa lingua e mudanzas na estrutura ao modo castelán prodúcese polo visionado dos deseños animados por parte do alumnado que non ten opción de ver na lingua galega. Especialmente das series de animación actuais máis demandas pola cativada.

Esta actividade está vinculada tamén ao Obradoiro de Radio Teatro que estivemos traballando este ano no centro. Podedes escoitar todo o episodio no Podcast que vos deixamos ao final da publicación.

Ramalloseiros!! Ramalloseiras!! Agardamos que gocedes un montón desta nova misión da Patrulla Canina!!

Premede na imaxe para ver ou descargar o episodio EN VIDEO.

E no seguinte video podedes visionalo directamente na web (comprimido)

 
ESCOITA O PROGRAMA DE RADIO PREMENDO NA IMAXE!!
Podcast Radio Ramalloseir@s
 Radio Patrulla_EI Moni
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
"ESPECIAL MANUEL MARÍA; "A FALA" (Poesía na Escola)"
 
Programa adicado ao traballo presentado na semana das Letras Galegas polo alumnado de 1ºB da profe Vane.
Unha actividade que xira entorno ao poema "A Fala" de Manuel María.
Un fermoso xeito de achegar aos máis cativos o amor e respecto cara a nosa lingua e cultura.
Podedes escoitar o programa de radio premendo na seguinte imaxe:
 
Radio A Fala
 
 
 
 
====================================================
 
 

"DESTINO ESCURO" (RADIO TEATRO)

(Estos catro programas de Radio publicaranse nun "especial" que emitiremos en setembro)

A semana das Letras, ESTREAMOS  A SERIE "DESTINO ESCURO".

Segue a publicación dos diferentes episodios nas datas indicadas.

Poderás escoitalos temporalmente premendo nas imaxes!!

Ep.1 "A Lenda de Edlemiro" (10-05-21)            

Destino Escuro cap1

  

Ep.2 "A cova segreda" (11-05-21) Destino Escuro cap2

  

Ep.3 "Poderes desafortunados (12-05-21)       

Destino Escuro Ep.3 

 

 Ep.4 "Salvación ou perdición" (18-05-21)

Destino Escuro cap4

 

====================================================

 

E O VINDEIRO MARTES 18 de Maio...

"A PATRULLA CANINA SALVA A LINGUA GALEGA"  

ESTREA DA PRIMEIRA ENTREGA MUNDIAL EN GALEGO DA SERIE "A PATRULLA CANINA".

Desta volta, cunha misión ben importante; "A patrula canina salva a Lingua Galega"

Un traballo para fomentar o uso da lingua galega entre os máis cativos/as

Producido, dobrado e musicalizado polos mestres/as do

"Equipo de Dinamización da Lingua Galega" do Centro.

Patrulla canina 

     Está a piques de saír do forno xa Guiño

  

====================================================

 

 

PROXECTO CONTOS CLÁSICOS: "A CABRAPUCHIÑA ROSA"

 

O alumnado da aula de 4 anos traballou no "Proxecto dos contos clásicos", para coñecer a súa estructura, personaxes e estilo. Utilizaron as técnicas de RODARI para inventar un novo. Todas as nenas e nenos participaron na actividade, achegando ideas que foron escollendo entre tod@s. Despois de crearmos a historia, comezaron co proceso de ilustración. Deseñando protagonistas e escenarios, que montamos para compor as páxinas do conto. Os materiais empregados foron ceras brandas e acuarela.

O título orixinal era CABRITIÑA ROSA, máis unha nena dixo: " SE É A CARAPUCHIÑA E UNHA CABRA... MELLOR SERÍA CABRAPUCHIÑA". A idea pareceulles moi moi divertida e decidiron modificar o título inicial.

Desexamos que gostedes do nosos conto!

Podedes gozar xa da videocreación e do podcast deste fermoso conto.

Laura_Cabrapuchiña

Distribuir contido


by Dr. Radut