Skip to Content

Radio Escolar

Proxecto Iniciado no curso escolar 2020_21, adicado á realización de; Obradoiros de Radio, teatro radiofónico, dobraxe, edición e gravación de música e vídeo... Contacto: radioescolar@ramallosa.org

I CONGRESO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA E DIXITAL

"I Congreso de Innovación Educativa e Dixital" DixInnova2022

(CIDADE DA CULTURA - Edificio Fontán)

Convite como ponentes ao "Obradoiro de Radio Escolar"; ONDAS DE FUTURO NA ESCOLA

É un orgullo para nós e unha recompensa ao noso traballo ter a oportunidade de compartir a nosa experiencia con máis docentes e alumnado de todo Galicia.

Este é o momento de facervos seguidores/siareiros de "Radio Ramalloseir@s", e que nos deades os vosos "me gusta". Graciassss!!

https://soundcloud.com/radio_ramalloseiros

Congreso Innovación Nota de prensa           INFO Cidade da Cultura GAIÁS 

        

FACEBOOK

 

ENREGUÉIFATE 22_23

Velaquí vos deixamos as nosas propostas para esta edición do "Enreguéifate"!!

Desta volta, unha delas en formato de programa de radio, da man do alumnado de 6ºB e realizado tamén para o Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, para poñer en valor o noso patrimonio cultural e lingüístico.

A outra proposta é un traballo realizado para a anterior edición do Enreguéifate, e que por motivos de "loxística dixital" non puido entrar na fase de concurso. Con esta regueifa lembramos o vivido durante a pandemia co COVID.

Agardamos que desfrutedes escoitando aos nos@s regueifeir@s! E que a sorte nos acompañe no certame Guay

Preme na radio para escoitar o programa na canle de radio radio

ESPECIAL "MANUEL MURGUÍA"

 ESPECIAL  CENTENARIO DO PASAMENTO DE

MANUEL MURGUÍA, HOME DE ROSALÍA DE CASTRO

/A relevancia na súa obra/ 

DÍA MUNDIAL DA RADIO! DIRECTO DENDE A FACULTADE DE XORNALISMO DA USC.

Día Internacional da Radio

Hoxe foi un día moi especial para "Radio Ramalloseir@s". Celebramos o "Día mundial da radio", dunha manera moi especial grazas ao traballo de "Ponte nas Ondas". 

Como centro integrante deste fermoso e recentemente recoñecido proxecto educativo, declarado "exemplo de boas prácticas educativas dentro do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, fomos convidados a participar no programa en directo que fixeron dende diferentes espazos de Galicia e Portugal.

No noso caso, gravamos o directo na "Facultade de Xornalismo" de Santiago. Cun programa adicado ao noso patrimonio musical, non que non faltou por suposto, a música en directo dos ramalloseir@s.

No primeiro bloque do programa actuou o "Grupo tradicional do cole" e no segundo as "Tanxugueiriñas troupe". Desta volta foi o alumnado de 6ºC o encargado de representarnos, xunto cunha escolma de músicos dos diferentes grupos de 5º e 6º de Ed. Primaria. Un traballo elaborado baixo a batuta d@s profes Laura, Fran e Óscar.

Podedes ver todo o programa no seguinte vídeo!!

Para escoitar os outros directos que se fixeron ao longo de toda a comunidade galega podedes entrar na escolma dos programas na web de "Escolas nas Ondas".

 

Programa de Radio adicado ao "Día da paz 2023"

Programa gravado polos profes Manuel e Óscar, co alumnado de 4ºA de Ed. Primaria, con motivo da conmemoración desta efeméride. O 30 de xaneiro "celebramos" a importancia da paz no mundo, pero tamén incidimos noutros aspectos educativos relacionados con esta temática. Aspectos como a tolerancia, a empatía e o respecto e axuda aos nosos semellantes. Desta volta queremos dar conta tamén de persoeiros cruciais na procura da paz e nos motivos e circunstancias que propiciaron esta efeméride a nivel mundial.

Actividade encadrada dentro do "Proxecto de Radio Escolar"/ "Radio na biblio" do centro e vinculada aos diferentes equipos docentes; EDLG, Biblioteca escolar, TIC´s, Extraescolares, Convivencia,...

Músicas:

KAREYC "Te Wa Vouan Ne Ma"

ANDERSON "La máquina de escribir"

JOHN LENNON "Imagine". Adaptación musical ao galego con ukelele. Unha proposta da Área de Ed. Musical e o EDLG do centro.

Preme na imaxe para escoitar o programa / Non esquenzas facerte seguidor e darlle a "me gusta"

NADAL PARA OS NOSOS MAIORES

Programa de Nadal adicado ás nosas personas maiores. Avós, avoas, tíos... Aos que conviven con nós, pero tamén especialmente aos que por motivos de saúde teñen que pasar estas festas ao coidado dos traballadores e traballadoras das diferentes residencias do noso Concello. Para tod@s eles compartimos este programa con todo o noso cariño.

Muitos bicos e boas festas!!

(Un traballo do alumnado de 5º de Ed. Primaria, co acompañamento da súa titora, a profe Cruz, e o profe Óscar (mestre de Ed. Musical).

- Canta "Buscando unha estrela" o alumnado de 1º de Ed. Primaria.

- Canta "Unha pouca roupiña" o alumnado que gravou o programa (5º E.P.) 

SOMOS PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO

Con este programa, o alumnado de 5ºC, da profe Cruz, queremos poner en valor o recoñecemento obtido por parte da UNESCO ao proxecto "Ponte nas Ondas" do que nos sentimos orgullosos/as de formar parte.

Coñeceremos que é a UNESCO, como nace e os obxectivos que persigue. E por suposto falaremos tamén do que significa para "Ponte nas Ondas" e para nós ter a mención de Rexistro de boas prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Agradecemos á UNESCO este importantísimo recoñecemento.

Música de fondo: ABANÍQUEME "Talabarte"

PROGRAMA DE RADIO CO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA

As nenas e nenos de sexto prepararon un programa de radio para dar a coñecer as súas impresións deste comezo de curso. Clica na imaxe para escoitar o programa.   

PREMIO DOBRE NO "V CERTAME: AS IMAXES DO PATRIMONIO" (Ponte nas Ondas)

Esta semana comunicáronnos o fallo do xurado no "V Certame: Imaxes do Patrimonio Galego-Portugues" organizado por "Ponte nas Ondas".

É un orgullo para nós comunicarvos que recibimos os seguintes premios:

- "1º premio de fotografía": Yoel Ares Gómez "A emigración: A radio"

- Premio ao "Mellor programa de Radio Escolar", no concurso de Podcast do mesmo Certame.

Podedes consultar toda a información sobre os premiados e o material entregado na propia web de Ponte nas Ondas.

Tamén podedes ver todo o traballo que presentamos coas fotos que nos enviástedes as familias do centro aquí.

Mil grazas ao xurado e a Ponte nas Ondas por este recoñecemento ao noso traballo. Cando sementas e a colleita da froitos, o sentemento de satisfacción é inigualable. 

Moitísimas grazas tamén a vós, ás familias, pola vosa participación. Especialmente a Yoel Ares Gómez, o gañador no apartado de fotografía e a Carolina Veiga Blanco , Gael Atrio Montes e Icía García Chouciño, alumnado que participaron na gravación do programa xunto coa súa titora Carmen Midón e un servidor, o profe Óscar.

Pero se alguén foi importante, foron os nosos entrevistados! Otilia e Javier, avós de Nico e Brais (alumnado do centro) e colaboradores do noso comedor escolar. Fixeron un progama excepcional! Cargado de emocións e aprendizaxes. A verdade é que nos deixaron sorprendidos, pois semella que levaran facendo entrevistas de radio toda a vida. Foi máxico! E convidámosvos a escoitalo premendo no enlace arriba ou na imaxe. 

O GALEGO NA HISTORIA (Radio Ramalloseir@s)

 

 

 

ESPECIAL RADIO RAMALLOSEIR@S

Distribuir contido


by Dr. Radut