Skip to Content

Autores

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

A escritora María Canosa volveu ao noso centro para manter un encontro coas crianzas de 4º EP, sobre o libro "RUBICUNDO".ed, Xerais, unha historia que estiveron lendo ao longo do 2º trimestre, que lles cautivou e @s mantivo enganchados ata o desenlace final.

                                        

(clica na seguinte imaxe de María para visualizar máis)

 

Aproveitouse a visita para que María  puidese comentar tamén coas crianzas de 3ºEP, sobre outra historia súa, neste caso falamos do conto "LOBO RAMÓN: A VIDA É UNHA FESTA", ed. OQUELEO.

                                          

  

VISITA DE SABELA SINGALA

O venres 19 de maio, tivemos a grata compañía no noso colexio, de Sabela Núñez Singala, autora do fermoso libro "o Agasallo de Anya", sobre o cal compartiu un encontro co alumnado de 5º EP, do que gustaron moito ámbalas partes. Sabela contoulles un contiño escrito en ucraniano, sobre como xurdiu a historia do citado libro e participaron dun amigable faladoiro con moitas preguntas. Firmoulles os libros a todo o alumnado e a escritora agasallou para a biblioteca un libro con fotos matemáticas, que editaron no colexio no que traballa como docente. E tamén deixou a súa pegada  no noso libro de visitas da nosa biblioteca, como paso polo noso colexio.

 Ao remate do encontro, unha representación de alumn@s trasladáronse ás dependencias da radio escolar para aproveitar a visita de Sabela e realizarlle unha entrevista, que lles permitise coñecela un pouco mellor. Grazassss e ata moi prontoGuiño

            (clica na imaxe para ver máis fotos)

 

O ESCRITOR PACO BARREIRO VISITA O ALUMNADO DE 3º

ESTA MAÑÁ TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CO ESCRITOR DO LIBRO "O PIRATA ATARIPO", PACO BARREIRO. CON EL LEMBRAMOS AS DIVERTIDAS AVENTURAS DOS SEUS PROTAGONISTAS, SOUBEMOS COMO XURDIRON AS DISTINTAS HISTORIAS QUE SE CONTAN NO LIBRO, FALOUNOS DOS PALÍNDROMOS, DO SESEO, DA GHEADA E ATA CANTAMOS A CANCIÓN DA "MOSCA CHOSCA". LOGO ASINOUNOS OS LIBROS E TAMÉN NOS ESCRIBIU UNHA DEDICATORIA NO NOSO LIBRO DE VISITAS DA BIBLIOTECA. SE PREMEDES AQUÍ VEREDES MÁIS FOTOS DA VISITA.

ENCONTRO con VICKY PÉREZ

Nesta ocasión foi a editorial Oqueleo, quen ofreceu un encontro coa contacontos Vicky Pérez

O alumnado de 1º EP leu o conto "a vaca que dixo muuu" e o alumnado de 2º EP "un baúl cheo de piratas", ambos da editorial OQUELEOpolo que tiveron a recompensa de poder gozar dun animado encontro sobre ambas historias.

            clicar na AQUÍ  para ver máis imaxes

VISITA DE BENXAMÍN

Grazas á editorial Anaya, o alumnado do 1º ciclo de primaria, tivo a sorte de ter un encontro co contacontos e ilustrador Benxa, quen compartiu un tempo bonito e enriquecedor transmitíndolles a súa aficción pola ilustración que ademais relaciona coas historias, facendo adaptacións de contos coñecidos e que ademais contextualizou para o propio alumnado do cole da Ramallosa.

Foi un pracer como sempre gozar da túa visita BenxamínSorriso

    clicar AQUÍ para visualizar máis fotos

VISITA DE MARÍA CANOSA

María Canosa visitou de novo o noso colexio, nesta ocasión para compartir coloquio co alumnado de 4º de primaria, sobre o seu libro "O QUE NUNCA CHE CONTARON",  ed. Oqueleo

E ademais con moita paciencia e agarimo firmoulles os seus libros e as crianzas lle agasallaron a María con debuxos sobre as historias que máis lle gustaron do libro.

Grazas María por ofrecer a este alumnado a gran oportunidade de coñecerte e dialogar contigo as súas impresións

  

"Os Monifates no Camiño"

E chegaron Os Monifates!!

Unha actuación que tivemos a sorte de disfrutar grazas á coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega co apoio do Programa Cultural do XACOBEO 2021_22

Co seu peculiar carromato, os dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de amosar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega, nun formato distinto e orixinal. Nas súas viaxes fóronse sumando os máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), integrando así música e monicreques nun espectáculo pensado para toda a familia, marabillándonos coas historias das súas personaxes. Esta singular troupe, formada por Bartolo o pandereteiro, o porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o galo Farruco e os Barbanzóns, pono baile nun improvisado escenario para goce e divertimento do público asistente. Un espectáculo que marabillou ao noso alumnado de 4º de Ed. Primaria

Monifates

VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

HOXE, 8 DE XUÑO, O ALUMNADO DE 3º E 4º TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR Á ESCRITORA LEDICIA COSTAS. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI BONITA, XA QUE NOS ENCANTOU COÑECER Á AUTORA DOS DOUS LIBROS QUE LEMOS E COS QUE DISFRUTAMOS UN MONTÓN: "OS MINIMORTOS" E "VAMPIRA DE BIBLIOTECA". EXPLICOUNOS MOITAS COUSAS DA SÚA VIDA E DE COMO EMPEZOU A ESCRIBIR.  PUIDEMOS TAMÉN PREGUNTARLLE MOITAS CURIOSIDADES SOBRE AS SÚAS OBRAS. FINALMENTE, ASINOUNOS OS NOSOS EXEMPLARES E TAMÉN DEIXOU UNHA DEDICATORIA NO LIBRO DE AUTORES DA BIBLIOTECA. SE QUEREDES VER AS FOTOS DA VISITA, CLICADE NA IMAXE INFERIOR.

Paco Nogueiras!!

Por cortesía da nosa ANPA, tivemos a visita do músico compostelán Paco Nogueiras, que presentou ao alumnado de Ed. Infantil o seu último libro-disco; EXTRA. Pero tamén tivemos a ocasión de escoitar os seus grandes éxitos de Brincavai e outros. Grazas Paco!! Pasámolo pipa!!

Paco Nogueiras

- Preme na imaxe para ver todas as fotos e vídeos da actuación -

VISITA DO ESCRITOR LUGUÉS "TOÑO NÚÑEZ"

GRAZAS A OTILIA, A AVOA DO NOSO COMPAÑEIRO NICOLÁS, TIVEMOS CONTACTO CO ESCRITOR LUGUÉS TOÑO NÚÑEZ QUE, DENDE A CAPITAL LUCENSE DESPLAZOUSE AO NOSO COLEXIO, PARA VISITARNOS E PASAR UN AGRADABLE TEMPO CON NÓS; C@S NEN@S DE 5 ANOS.

PRESENTOUNOS O VIDEO DE DOUS DOS SEUS CONTOS,  "A GOTIÑA VIAXEIRA" E "ANA E A LÚA LUEIRA", E TAMÉN RIMOS E BAILAMOS CON MOITAS RIMAS QUE NOS RECITOU. E COMO AGASALLO FÍXONOS UNHA RIMA A CADA UN/UNHA DE NÓS COS NOSOS NOMES E APELIDOS.

GRAZAS TOÑO POR COMPARTIR CON NÓS O TEU GUSTO POLA LECTURA, E MÁIS CONCRETAMENTE POLA RIMAS, QUE XA VIMOS QUE CHE GUSTAN MOITOSorriso

 E COMO NON, APROVEITAMOS PARA QUE NOS ASINARA ESES DOUS CONTIÑOS, GRAZAS TOÑO.

Distribuir contido


by Dr. Radut