Skip to Content

VISITA DE SABELA SINGALA

O venres 19 de maio, tivemos a grata compañía no noso colexio, de Sabela Núñez Singala, autora do fermoso libro "o Agasallo de Anya", sobre o cal compartiu un encontro co alumnado de 5º EP, do que gustaron moito ámbalas partes. Sabela contoulles un contiño escrito en ucraniano, sobre como xurdiu a historia do citado libro e participaron dun amigable faladoiro con moitas preguntas. Firmoulles os libros a todo o alumnado e a escritora agasallou para a biblioteca un libro con fotos matemáticas, que editaron no colexio no que traballa como docente. E tamén deixou a súa pegada  no noso libro de visitas da nosa biblioteca, como paso polo noso colexio.

 Ao remate do encontro, unha representación de alumn@s trasladáronse ás dependencias da radio escolar para aproveitar a visita de Sabela e realizarlle unha entrevista, que lles permitise coñecela un pouco mellor. Grazassss e ata moi prontoGuiño

            (clica na imaxe para ver máis fotos)

 



page | by Dr. Radut