Skip to Content

Horta Escolar

Desenvolvemento da nosa Horta Escolar

FORMAMOS A BRIGADA VERDE

ESTA SEMANA TOCOUNOS SER BRIGADISTAS DA NATUREZA. RECOLLEMOS TODO O LIXO QUE SE TIRA NO PATIO, LEVAMOS OS RESTOS VEXETAIS DO COMEDOR E DAS MERENDAS AO COMPOST, SEGUIMOS TRABALLANDO NO HORTO E RECOLLEMOS OS ÚLTIMOS TOMATES, BONIATOS, CABAZAS, AMORODOS... NO NOSO INVERNADOIRO.

ARREDOR DA HORTA

 CONTACTO COA HORTA DO ALUMNADO DE 5 ANOS, TANTO NO INVERDADOIRO COMO NAS XARDINEIRAS QUE SE ATOPAN NO PATIO EXTERIOR ONDE XOGAN O ALUMNADO DE INFANTIL

    * DEGUSTARON CHERRYS (QUEN LLE APETECE) DO NOSO INVERNADOIRO QUE SE PLANTARON NO CURSO ANTERIOR. TAMÉN NACERON MOITAS CABAZAS; RECOLLÉRONSE AS MÁIS GRANDES E AS ENTREGARON NO COMEDOR. AS CABAZAS PEQUENAS EMPRÉGANSE PARA DECORAR POLA DATA DO SAMAÍN

    

    

     

 

    

 

 

   

   PREPAROUSE UN PEQUENO TERREO DO PATIO DE INFANTIL NO QUE ATOPARON UN SAPO, MIÑOCAS, VERMES, ARAÑAS,... (QUE EXPECTACIÓN!), E  PLANTÁRONSE CHÍCHAROS COA AXUDA DE JOSE, NOSO "MESTRE" DO HORTO QUE NOS ACOMPAÑARÁ NOUTRAS OCASIÓNS AO LONGO DO CURSO, CON MOTIVO DO PROXECTO DE MANS UNIDAS, "FAME CERO", NO QUE O CENTRO SEGUE PARTICIPANDO.

 

 

 

  TAMÉN SE INICIOU A ARRANCAR AS HERBAS DUNHA XARDINEIRA, NO QUE SE ÍAN PLANTAR REPOLOS PERO NON CHEGOU O TEMPO; SERÁ NA VINDEIRA SESIÓN

 

INICIAMOS OS TRABALLOS NO HORTO ESCOLAR

Este mércores acudiron ao noso cole Miriam e José, membros de Mans Unidas que están a guiarnos no coidado do noso horto escolar. Mans Unidas é unha ONG Internacional española constituida por voluntarios que loita para erradicar a fame e pobreza no mundo. Por medio do proxecto "Fame cero", analizamos os nosos hábitos de consumo e a importancia de tomar alimentos naturais. Comezaron explicándonos o importante que é levar a cabo un consumo responsable nas nosas casas: 

 A continuación observamos os produtos que había no noso invernadoiro e as verduras que tiñamos que plantar: leitugas, allos porros, repolo...


Chegou o momento: mans á obra!!!

Encántanos plantar!


Finalmente limpamos o bancal onde estaban plantados uns repolos e levamos os restos ao composteiro.

Aprendemos moito e estamos desexando ver como van medrando as nosas verduras!

PREPARANDO UNHA RICA ENSALADA

                         

 

PARA SEGUIR APROVEITANDO E DESFRUTANDO DAS VERDURAS QUE SE PLANTARON NO HORTO, PREPAROUSE UNHA RICA ENSALADA E UNHAS PATACAS PARA MERENDAR:

- RECOLLIDA DAS PATACAS E DAS DEMAIS VERDURAS: REMOLACHA, PEPINO, CABACIÑO, CEBOLA, CHÍCHAROS, RÚCULA, LEITUGA E ALGÚN AMORODO

          (clica na imaxe seguinte para ver máis)

    

- LAVADO DAS DISTINTAS VERDURAS E PREPARACIÓN EN CADEA, COA AXUDA DE TOD@S 

 

 

- DEGUSTACIÓN DA ENSALADA

PRACTICAMENTE QUEDARON OS PLATOS BALEIROSSorriso

DA HORTA Á MESA!

                        

 

A CASA DE CHISPA

                                     

 

CHISPA

                      

Podedes descarregar as presentacións feitas polo alumnado de 5ºB. 

 
 

COIDAMOS DA NOSA HORTA

                            

 

 

PROBAMOS AS VERDURAS DO NOSO INVERNADOIRO

      

ESTE LUNS COMEZAMOS MOI BEN A SEMANA PROBANDO UNHA ENSALADA ELABORADA COS PRODUTOS DO NOSO INVERNADOIRO. ACOMPAÑADOS POLO PROFE XABI E A NOSA TITORA CARMEN, RECOLLEITAMOS DÚAS LEITUGAS, UNHA CABACIÑA, UN PEPINO, UNHA REMOLACHA E CON DOUS TOMATES FIXEMOS UNHA ENSALADA RIQUÍSIMA.

APROVEITAMOS PARA VER TODA A PLANTACIÓN DO INVERNADOIRO E O PROCESO DO CULTIVO DAS HORTALIZAS DESDE QUE AS PLANTAMOS ATA QUE CHEGA ÁS NOSAS MESAS. LEMBRAMOS O IMPORTANTE QUE É LAVAR BEN AS FROITAS E HORTALIZAS E O BO QUE É TELAS PRESENTES NO NOSO MENÚ DIARIO. VELAQUÍ UN VIDEO RESUMO DA ACTIVIDADE.

PLANTACIÓN, COIDADOS E DEGUSTACIÓN

                 

 

O alumnado de 5º EP foi un dos niveis afortunados por ter o acompañamento de Carmen Freire na formación arredor da horta, descubrindo curiosidades e saberes enriquecedores para a súa aprendizaxe sobre este centro de interese. Igualmente foi con esta especialista no terreo, con quen realizaron a plantación de chícharos, entre outras verduras, e posteriormente, coa súa titora Mercedes, seguiron o proceso de crecemento e coidados.

Foi toda unha aprendizaxe constructiva e formativa, pois seguiron, en 1ª persoa, todas as etapas dende a plantación dos chícharos ata que fixeron a súa degustación; un xeito de valorar o traballo que levan a cabo moitas persoas ata que o alimento chega aos nosos platos.

Distintos momentos deste proceso:

   -- FORMACIÓN

       

 --  PREPARACIÓN DA TERRA E SEMENTADO DOS CHÍCHAROS

 

  -- OBSERVACIÓN DA SÚA BROTACIÓN

   -- HOUBO QUE GUIALOS E DARLLES APOIO PARA QUE NON ROMPERAN CO PESO AO MEDRAR

  -- RECOLLIDA

  -- FEITA A COLLEITA, HAI QUE DEGRAÑAR PARA QUITAR DA VAINA

 

  -- COS CHÍCHAROS LISTOS, AGORA TOCA PREPARAR PARA COCIÑALOS (GRAZAS A TER 2 FOGÓNS ELÉCTRICOS, UN DELES APORTADO NO MATERIAL DO PROXECTO DE POLOS CREATIVOS)

 

  -- COCIÑADO

 

  -- DEGUSTACIÓN. QUE RICO SABE CANDO O COCIÑA UN MESMO E DA PROPIA COLLEITA!Sorriso

                     BO PROVEITO Canso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut