Skip to Content

INICIAMOS OS TRABALLOS NO HORTO ESCOLAR

Este mércores acudiron ao noso cole Miriam e José, membros de Mans Unidas que están a guiarnos no coidado do noso horto escolar. Mans Unidas é unha ONG Internacional española constituida por voluntarios que loita para erradicar a fame e pobreza no mundo. Por medio do proxecto "Fame cero", analizamos os nosos hábitos de consumo e a importancia de tomar alimentos naturais. Comezaron explicándonos o importante que é levar a cabo un consumo responsable nas nosas casas: 

 A continuación observamos os produtos que había no noso invernadoiro e as verduras que tiñamos que plantar: leitugas, allos porros, repolo...


Chegou o momento: mans á obra!!!

Encántanos plantar!


Finalmente limpamos o bancal onde estaban plantados uns repolos e levamos os restos ao composteiro.

Aprendemos moito e estamos desexando ver como van medrando as nosas verduras!



page | by Dr. Radut