Skip to Content

Horta Escolar

Desenvolvemento da nosa Horta Escolar

INICIAMOS PLANTACIÓN

Despois de pasar a Candeloria, xa iniciamos os traballos de preparación do horto e posteriormente fixemos as primeiras plantacións con froitos da época que soportan as friaxes das noites de xeada, xa que aínda estamos nos meses do inverno.

Nesta ocasión plantamos: allos, cebolas, brocoli e coliflor, chícharos e porros

EMPEZAMOS A PREPARAR A TERRA

Xa pasou a Candeloria o 2 de Febreiro, data na que comezaban a preparar as terras para sementar os primeiros froitos, e nós cumprimos coa tradición

A terra sachada lista para sementar. Pero, que se pode sementar nesta época do ano? As crianzas de infantil preguntaron nas casas ???

 

O composteiro tamén segue enchéndose con restos do comedor, e cando se faga a descomposición desta materia orgánica, poder abonar o noso horto escolar

HORTO A INICIOS DO CURSO

Cando se iniciou de novo o curso académico, despois das vacacións de verán, tempo no que non se puido atender o horto escolar, as herbas aproveitaron a medrar, tapando os poucos froitos que quedaran sen recoller. Polo que houbo que poñerse coas tarefas de preparación da terra; arrincar as malas herbas e recoller os froitos que quedaban na terra que se entregaron no noso comedor (algunhas cebolas, cenoras, patacas e cabazas)

    (clicando na seguinte foto accedes a máis fotos)

 

 

OS NOSOS CHÍCHAROS

O alumnado de 5 anos apañou e debullou os chícharos para o menú de hoxe do comedor. Grazas @s nen@s e @s compañeir@s da cociña.

COIDADO DA HORTA: ALUMNADO DE INFANTIL.

Esta semana as crianzas de 5 anos están a regar e a coidar da horta. Que ben o fan!

 

 

 

ENSALADA RAMALLOSEIRA

Apañamos as leitugas coa axuda da nosa cociñeira Elena. Axudounos a escoller as mellores para o menú do comedor. Moitas grazas!

   

 

PRIMEIRA COLLEITA!

Esta semana apañamos as primeiras leitugas da nosa horta para levar ao comedor. Estaban moi boas e son totalmente ecolóxicas!

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

HORTA DO PATIO DE INFANTIL

As crianzas de infantil están a coidar moi ben a súa horta. Ollade que fermosa está!

 

 

COIDAMOS A NOSA HORTA

O alumnado colabora no coidado da horta: rega, leva a materia orgánica do comedor e os restos das froitas das merendas para a composteira e arrinca as malas herbas.

 

 

COIDADO DA HORTA

Aquí tendes o calendario para o coidado da nosa horta. Grazas a todas e todos por colaborardes! Clica na imaxe para descarregar o arquivo.

 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut