Skip to Content

Blogue de laura

VÍDEO DE 6ºC

 Benvid@s a un novo curso! Para coñecer un pouco mellor as nenas e nenos de 6º C, clicade no vídeo.

 

 

 

 

22 DE XUÑO: ÚLTIMO DÍA.

Hoxe pasámolo xenial! Concluímos a actividade da cápsula do tempo. Por mor do noso proxecto Escola Verde, cada crianza deseñou como imaxina que será o noso patio no 2028. Preparamos a nosa cápsula que enterramos no patio. Cando as nenas e nenos estean en sexto de primaria, desenterrarémola e comprobaremos os resultados.

Ás 10h30, disfrutamos dos colchóns inchábeis por cortesía da nosa ANPA e despois merenda e festa! 

CÁPSULA DO TEMPO

 

 

COLCHÓNS INCHÁBEIS E FESTA!

 

 Amores, aproveitade as vacacións e feliz verán!

ACTO DE GRADUACIÓN DE INFANTIL

O martes 21 tivemos o acto de graduación das crianzas de infantil. Camisetas coas fotos de grupo, orlas, diplomas, baile, merenda, palabras fermosas... un día cheo de sorpresas e momentos para lembrarmos sempre. As familias tiveron moitos detalles coas mestras: presentes lindísimos e uns videos dos que gostaron moito e que verán unha e outra vez nas súas casas. Grazas por todo: o voso apoio, a vosa colaboración e por ter esas nenas e nenos marabillos@s!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DO ESCRITOR TOÑO NÚÑEZ

Os tres últimos días de escola foron moi intensos e divertidos! O luns visitounos o escritor Toño Núñez. Cantamos, rimamos e escoitamos historias: Ana e a lúa lueira, A gotiña viaxeira. O final foi unha sopresa moi especial: rimas cos nosos nomes! Grazas, Toño!

 

    

A NOSA HORTA

Picade nas imaxes para saber máis cousas do que fixemos.

 

ACTIVIDADE ESCOLA VERDE: SAÍDA AO IES DE VALGA.

Premede na imaxe se queredes saber máis da actividade.

 

NÚMEROS NA CONTORNA: A NOSA ALTURA.

Continuamos co traballo relacionado cos números na contorna. Esta semana medimos a nosa altura, comparamos quen mide máis, igual ou menos.

 

 

NÚMEROS NA CONTORNA: A MATRÍCULA DO CARRO.

Hai moitos carros iguais mais como podemos saber de quen son? Con esta pregunta tan interesante, descubrimos para que serven as matrículas dos nosos carros. Primeiro, anotamos as  de tod@ e fixámonos como se forman. despois, escribimos a da nosa familia e deseñamos o carro. Outras actividades foron:

- Por equipos e cun listado de matrículas, fomos o aparcadoiro para rexistrar o modelo e a cor dos carros. Despois preguntamos polo cole para saber quen era @ don@.

- Na sesión de psicomotricidade, construimos un carro e inventamos unha matrícula.

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN A MARCELLE

Chegou o gran día! a nosa primeira excursión en autobús! Foi un día divertido, cheo de emocións e rodead@s de animais! Sen ningunha dúbida, lembraremos esta xornada como unha das máis especiais do curso. 

  

 

 

 

 

 

 

 

MATES MANIPULATIVAS: O DIÑEIRO.

Na sesión de mates do venres estivemos a recoñecer os billetes e moedas, aprendemos a facer trocos sinxelos, sumas... Outro xeito de traballar os números na nosa contorna.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut