Skip to Content

Blogue de laura

NÚMEROS NA CONTORNA

A NOSA COMPAÑEIRA ANTÍA TROUXO MOITOS OBXECTOS QUE TEÑEN NÚMEROS. FALAMOS DA IMPORTANCIA DOS NÚMEROS E RESPONDEMOS ALGUNHAS PREGUNTAS (POR QUE ESTES OBXECTOS TEÑEN NÚMEROS? PARA QUE SERVEN?) 

GRAZAS, ANTÍA!

 

MATES MANIPULATIVAS

TRABALLAMOS O CONCEPTO DE CANTIDADE E DE DECENA CON PAUS E REGRETAS.FACEMOS SUMAS E RESTAS CON OBXECTOS DA AULA.

   

 

 

AVES

COMEZAMOS A APRENDER COUSIÑAS DAS AVES. ESTAMOS A UTILIZAR BITS DE INTELIXENCIA PARA COÑECER OS SEUS NOMES E ALGUNHAS CURIOSIDADES.

CONTINUAREMOS A FACER MÁIS ACTIVIDADES RELACIONADAS CON ESTE PROXECTO TAN INTERESANTE AO LONGO DESTE TRIMESTRE.

 

  

DESEÑO DO PATIO

 PASEAMOS POLO PATIO, CONVERSAMOS E DECIDIMOS COMO NOS GOSTARÍA QUE FOSE. PODEDES VER COMO FICOU O NOSO PLANO!

 

 

PONENCIA SOBRE HORTA ECOLÓXICA

Óscar Fernández Cutrín visitou o noso cole para explicar ás crianzas de 3º de Primaria coñecementos que nos axudarán a pór en andamento a nosa horta ecolóxica. Moitas grazas por partillares a túa sabedoría!

  

OLLO DE NUBE

OLLO DE NUBE É UNHA INDIA DA TRIBO DOS CROW. NACEU CEGA E NÓS SEREMOS OS SEUS OLLOS. DESCRIBIRÉMOSLLE COMO SON AS COUSAS. AGORA XA É RAMALLOSEIRA!

 

PRESENTES DO APALPADOR

COMEZAMOS A SEMANA CON SORPRESAS MOI ESPECIAIS! AO CHEGARMOS A AULA, TIÑAMOS UNS PRESENTES DE PARTE DO APALPADOR. O XOGO DO QUEN É QUEN TEN AS NOSAS FOTOS PARA CONTINUAR COAS NOSAS DESCRICIÓNS.

 

 

VÍDEO DO PROXECTO

 

 

TEMPO DE NADAL

ESTE MES O NOSO CALENDARIO É MOI MÁXICO. CADA DÍA, A XEFA OU XEFE COLLE UN PAPEL DO SACO QUE CORRESPONDE E TEN UNHA SORPRESA FERMOSA QUE IMPLICA A COLABORACIÓN DAS COMPAÑEIRAS E DOS COMPAÑEIROS! ADEMAIS, COMEZAMOS COA DECORACIÓN DE NADAL DA NOSA AULA. UTILIZAMOS MATERIAL DE REFUGALLO PARA FACER OS ADORNOS DA NOSA ÁRBORE. AÍNDA TEMOS QUE CONTINUAR A ELABORAR MÁIS DETALLES. QUE CREATIV@S SOMOS!

 

 

 

REXISTRO DO TEMPO ATMOSFÉRICO: NOVEMBRO

A XEFA DO DÍA REXISTROU O TEMPO ATMOSFÉRICO DO MES DE NOVEMBRO. PARA REPRESENTAR OS DÍAS ANOTADOS, A NOSA COMPAÑEIRA UTILIZOU POLICUBOS E NÚMEROS DE MADEIRA.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut