Skip to Content

Blogue de laura

ENSALADA RAMALLOSEIRA

Apañamos as leitugas coa axuda da nosa cociñeira Elena. Axudounos a escoller as mellores para o menú do comedor. Moitas grazas!

   

 

O NOSO NÚMERO DE PÉ

Estivemos a procurar no noso calzado o número. Utilizamos un medidor que trouxo o noso compañeiro Dani para saber cantos centímetros miden os nosos pés. Ordenamos os tamaños de menor a maior e agrupamos os iguais. 

 

 

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

Neste terceiro trimestre, a Sara, o Unai e a Carlota xa teñen 6 anos! Celebrámolo dando as voltas arredor do sol, cantando e coa elaboración do noso presente especial: "Palabras de agasallo polo meu aniversario".

 

 

 

 

 

 

ESTIMACIÓN: CANTOS POMPÓNS HAI?

Na mesa pequena da zona da asemblea había un bote de cristal con pompóns. Tiñamos que facer un cálculo aproximado da cantidade sen abrir o bote. Ninguén conseguiu acertar co número exacto mais si que nos aproximamos bastante á solución.

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

Conmemoramos as Letras Galegas facendo as seguintes actividades:

- Descubrimento do homenaxeado e procura de información das súa biografía.

- Xogo de pistas no patio para atopar as súas obras máis importantes.

- Deseño de Florencio Delgado.

- Decoración do mapa da Galiza con palabras en galego pensadas e escritas polas crianzas.

- Xogos interactivos (ruleta, pasapalabra...)

- Teléfono estragado.

O día 16 xogamos aos arrastra mortos, zancos, aros musicais e coas bólas de cornos. Despois xantamos croquetas, pizza e xeado! Cantamos Pan de Millo do grupo Migallas e vimos a actuación das nosas Tanxugueriñas. Foi un súper día!

  

 

 

 

 

 

 

 

 

PITIÑOS

Comezamos a semana cunha noticia marabillosa! os pitiños do noso compañeiro Dani naceron! Como bo amante dos animais, explicou na nosa aula, na da profe Mónica e na da profe Uxía o periodo de incubación e mostrounos uns videos do gran momento. Grazas, Dani!

 

 

 

NOMES DE AVES

Construimos nomes de aves coas letras móbiles. Escollemos unha imaxe e utilizamos a nosa conciencia fonolóxica para  procurar as letras e formar a palabra. Había tarxetas cos nomes para utilizar como referencia (despois de deducir o nome) como apoio para quen o necesitase. Podiamos escoitar sons de paxaros como ambientación da actividade.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

FLORES

Con música relaxante - primaveral de fondo e cun cartaz que nos facía a pregunta: facemos flores?, puxémonos libremente a crear con distintos materiais. Uns días antes, observamos, tocamos flores naturais e algunhas artificiais que utilizamos para inventar o noso deseño e darlle un título.

 

 

   

  

 

NÚMEROS NA CONTORNA: A MEDIDA DO PESO.

Hoxe xogamos a adiviñar o obxecto que estaba dentro do saco: "Cadrado, serve para medir...mais non mide en cm... que será? "Era unha váscula! Primeiro escribimos nun papel o que pensamos que pesamos (peso estimado), pesámonos e anotamos o peso real. Aproveitamos para ordenalos de maior a menor,procurar a cantidade no cuadrante e deseñarnos no papel subidos na váscula.

 

 

 

CARTACES

Estamos a colocar cartaces cos nomes das árbores do patio e dos produtos da nosa horta ecolóxica para os poder identificar. Fican lindísimos!

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut