Skip to Content

Blogue de laura

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

PARA CONMEMORAR ESTA DATA, FIXEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

- FALAMOS DA VIOLENCIA, DO SEU SIGNIFICADO, FORMAS E A QUE SE REFIRE A PALABRA XÉNERO.

- LEMOS CONTOS: O CHUVASQUEIRO DE AURORA, TIPOS DUROS, O LIBRO DOS PORCOS.

- ESCRIBIMOS PALABRAS RELACIONADAS COA VIOLENCIA QUE DESPOIS TACHAMOS PARA COLOCAR NO DESEÑO DO CHUVASQUEIRO DA ENTRADA DO COLE.

- PENSAMOS UN LEMA E FIXEMOS UN CARTAZ.

- PARTICIPAMOS NO ACTO CON TODAS AS CRIANZAS E PROFESORADO DO CENTRO: ESCOITAMOS O MANIFESTO E CANTAMOS A PORTA VIOLETA.

 

 

 

GUITARRETA COME LETRAS

O MENÚ DE HOXE DA NOSA AMIGA GUITARRETA ERAN PALABRAS QUE COMEZASEN POLA LETRA S. 

   

   

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 DE NOVEMBRO CONMEMÓRASE O DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA. NA NOSA PORTA, APARECEU UN CARTAZ: DEREITO A UN MEDIO AMBIENTE SAUDÁBEL. FALAMOS DO SEU SIGNIFICADO E LIBREMENTE (INDIVIDUAL OU POR PARELLAS) DESEÑARON CARTACES QUE COLOCAMOS NO NOSO COLE E NOUTROS CENTROS.

A PROFE LARA CONTOUNOS UN CONTO PARA SABER CALES SON OS DEREITOS DAS NENAS E NENOS.

 

 

 

   

 

MATES MANIPULATIVAS: DESCOMPOSICIÓN DO NÚMERO 8

NESTA SESIÓN DE MATES, POR EQUIPOS DESCOMPOMOS O NÚMERO 8. ESTA ACTIVIDADE FAVORECE A INICIACIÓN Á SUMA. 

 

MAGOSTO RAMALLOSEIRO

HOXE FOI UN DÍA INTENSO E DIVERTIDO! FIXEMOS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

- CONTAMOS AS CASTAÑAS QUE TROUXEMOS. AGRUPAMOS DE 10 EN 10, TENDO UN TOTAL DE 3 GRUPOS DE 100, 7 DE 10 E 5 CASTAÑAS. A SUMA FOI 375!

- PARTICIPAMOS EN 4 OBRADOIROS: 1.REPRESENTACIÓN DOS AGRUPAMENTOS DAS CASTAÑAS, 2. CONSTRUCIÓN DE NOMES DE FROITOS DE OUTONO, 3. XOGO DE ALIMENTAR AO ESQUÍO, 4. DECORACIÓN NO CHAN DA PALABRA MAGOSTO E SERIES DE ELEMENTOS .FORMAMOS 4 GRUPOS DE 4 NEN@S E FIXEMOS AS TAREFAS DE CADA OBRADOIRO (IAMOS ROTANDO).

- MAQUILLAXE DE CASTAÑA.

- FESTA: COMEMOS CASTAÑAS, BAILAMOS E XOGAMOS (AROS MUSICAIS, COME-CASTAÑAS, ZANCOS E BOLAS DE CORNOS).

  

  

 

 

 

 

 

 

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE CUMPRIRON ANOS NO MES DE SETEMBRO: MATEO E ANTÍA. NO MES DE NOVEMBRO, LAURA E NOA. PARABÉNS, AMORES! AGORA XA TEMOS TOD@S 5 ANOS!

 

   

 

 

 

DESEÑAMOS CO CONCERTO PARA VIOLÍN L' AUTUNNO DE ANTONIO VIVALDI.

COS OLLOS PECHADOS E DEIXÁNDONOS LEVAR POLA MÚSICA, DESEÑAMOS CON CORES DE OUTONO. FOI UNHA ACTIVIDADE RELAXANTE COA QUE TRABALLAMOS O SENTIDO DO OUVIDO E A NOSA IMAXINACIÓN.

 

 

O NOSO MONSTRO

ESTA PROPOSTA CONSISTIU EN INVENTAR UN MONSTRO ENTRE TOD@S. PRIMEIRO CADA CRIANZA EXPLICOU COMO SERÍA O SEU MONSTRO E ESCOLLERON AS IDEAS DAS QUE MÁIS GOSTARON. FORON SELECCIONADAS AS QUE TIVERON MÁIS VOTOS. LEMOS VARIAS VECES AS FRASES PARA DAR FORMA A DESCRICIÓN DO NOSO MONSTRO E PUXÉRONLLE UN NOME (TAMÉN DECIDIDO DESPOIS DE VOTAR AS PROPOSTAS). OUTRA ACTIVIDADE FOI DESEÑAR A VAMPIFRANK, CONSTRUIR O SEU NOME CON LETRAS MÓBILES E ESCRIBILO.

FOMENTAMOS A CREATIVIDADE E TRABALLAMOS A DESCRICIÓN!

 

PSICOMOTRICIDADE: CONTO MOTOR.

ESTA SEMANA A PROFE LARA PREPAROU UNHA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE MOI ESPECIAL: UN CONTO MOTOR. RECIBIMOS UNHA CARTA DO DRAGÓN RAMÓN E UN MAPA. TIÑAMOS A MISIÓN DE LEVARLLE LAVA DO VOLCÁN.

 

 

 

   

PROXECTO: EXPLOSIÓN VOLCÁNICA

EN PARELLAS CONSTRUIMOS O NOSO VOLCÁN: MINI-CIDADES, ILLAS, CASAS... FICARON UNHAS CREACIÓNS ESPECTACULARES! O NOSO LIBRO DO PROXECTO COMEZOU A VIAXAR!

 

 

  

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut