Skip to Content

Blogue de laura

NÚMEROS NA CONTORNA: A BARALLA.

O NOSO COMPAÑEIRO MATEO TROUXO UNHA BARALLA DE CARTAS PARA MOSTRARNOS OS NÚMEROS. APROVEITAMOS PARA COÑECER AS CARTAS, FACER CLASIFICACIÓN SEGUNDO O PAU: OUROS, COPAS, ESPADAS OU BASTOS; ORDENAR DE MENOR A MAIOR, CONTAR...  A VINDEIRA SEMANA ATREVERÉMONOS A XOGAR CON ELAS!

GRAZAS, MATEO!

 

 

 

MOMENTOS ESPECIAIS

ESTA SEMANA COMEZOU A VIAXAR O LIBRO DOS PROBLEMAS. NO SACO VAI A NOSA AMIGA OLLO DE NUBE PARA COÑECER UN POUCO AS VOSAS FAMILIAS.

AO CHEGARMOS A AULA, HABÍA UN MICROSCOPIO! SERÁ PARA QUE INVESTIGUEMOS? COMO SOMOS MOI CURIOS@S E SEMPRE QUEREMOS DESCUBRIR COUSAS NOVAS...

 

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER.

CONMEMORAMOS O DÍA DA MULLER COAS SEGUINTES ACTIVIDADES:

- LECTURA DO CONTO DANIELA PIRATA DE SUSANNA ISERN.

- EXPLICACIÓN DA ESCOLLA DO DÍA 8 COMO DATA DE CELEBRACIÓN DESTE DÍA.

- VISIONADO DE CURTAS RELACIONADAS COA TEMÁTICA.

- ELABORACIÓN DUNHA BANDEIRA CO DESEÑO DA NOSA MULLER FAVORITA. (AS MAMÁS FORON AS MÁIS IMPORTANTES E DAS QUE MÁIS FALARON NA XORNADA).

 

 

  

PROBLEMAS E SOLUCIÓNS

A ACTIVIDADE DE LÓXICA-MATEMÁTICA DE HOXE CONSISTÍA EN INVENTAR UN PROBLEMA MATEMÁTICO EN PARELLA. CADA PARELLA REXISTROUNO EN PAPEL E, NALGÚNS CASOS,  UTILIZOU OBXECTOS REAIS PARA COMPROBAR OS RESULTADOS. TODAS AS CRIANZAS ESTÁN A EXPOR OS SEUS PROBLEMAS CON SOLUCIÓNS.

 

 

 

ENTROIDO 2022

ESTA SEMANA DE ENTROIDO TIVEMOS UNS ECO-MANDADOS NOS QUE O IMPORTANTE ERA UTILIZAR ELEMENTOS DE REFUGALLO. O XOVES LEVAMOS PANO, MANDIL, GALOCHAS... E O VENRES DISFRAZ LIBRE! 

O ÚLTIMO DÍA BAILAMOS COA ACTUACIÓN DAS NOSAS TANXUGUEIRAS E RAYDEN, DESFILAMOS NO PATIO E APLAUDIMOS OS DISFRACES DO ALUMNADO E PROFESORADO RAMALLOSEIRO.

 

 

 

 

  

  

 

DÍA DIVERTIDO

HOXE VESTIMOS COA ROUPA PERFECTA PARA AS NOSAS ACTIVIDADES PROPIAS DA ESCOLA VERDE. PRIMEIRO: FALAMOS, OBSERVAMOS E DESEÑAMOS ESTRUCTURAS DE VIMES PARA O NOSO PATIO DE INFANTIL. DESPOIS, COA AXUDA DO NOSO SÚPER ERNESTO, COMEZAMOS A DARLLE FORMA. MERENDAMOS FÓRA E COLABORAMOS NA MISIÓN DO COMANDO VERDE: APAÑAR PEDRAS PARA UTILIZAR COMO DRENAXE DOS NOSOS BANCAIS. 

 

 

 

  

 

 

 

ROSALÍA DE CASTRO

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO FACENDO AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

- ESCOITA DE POEMAS DA AUTORA.

- CONVERSA DE CURIOSIDADES DA SÚA BIOGRAFÍA.

- PREPARACIÓN DO BAILE E CANCIÓN DO POEMA O MOUCHO. ELABORACIÓN DUNHA MÁSCARA DO MOUCHO.

- COMPOSICIÓN CON LETRAS MÓBILES DO NOME DA HOMENAXEADA. 

- DESEÑO DUN PENSAMENTO (A FLOR FAVORITA DE ROSALÍA) E PLANTACIÓN NA NOSA HORTA DE INFANTIL.

- BAILE DA CANCIÓN TERRA DAS TANXUGUEIRAS.

- CREACIÓN DUNHA NUBE PARA O MURAL CONXUNTO DA ENTRADA. PREVIAMENTE OBSERVAMOS O CARTAZ DA CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA E FALAMOS DO SIGNIFICADO DA FRASE:  SEMENTADE PENSAMENTOS. ENTRE TOD@S ESCOLLEMOS A IDEA QUE APARECE NA NOSA NUBE.

- PARTICIPACIÓN NO ACTO CONMEMORATIVO DO COLE.

  

  

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE CONVIVENCIA

AS PROFES EN PRÁCTICAS DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN, PREPARARON UN OBRADOIRO PARA TRABALLAR A CONVIVENCIA E A DIVERSIDADE. COMEZARON CO CONTO: ROJO E DESPOIS IDENTIFICAMOS AS EMOCIÓNS DA PERSONAXE,  ELABORAMOS UN MURAL ENTRE TOD@S, CANTAMOS UNHA CANCIÓN E FINALIZAMOS CO XOGO DA TEA DE ARAÑA (DICIAMOS ALGO POSITIVO DUNHAS COMPAÑEIRA OU COMPAÑEIRO E PASABAMOS O NOBELO DE LA A NENA OU NENO QUE DESCRIBIAMOS.

MOITAS GRAZAS, SARA E SILVIA!

 

  

  

SEMENTAMOS

AS PROFES EN PRÁCTICAS, SILVIA E SARA DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN ORGANIZARON UN OBRADOIRO DE SEMENTES E RECICLAXE.  ESTAMOS A COIDAR MOITO AS PLANTAS PARA PODER TRASPLANTAR NA NOSA HORTA ESCOLAR.

  

 

 

 

PROXECTO DAS AVES

ESTAMOS A APRENDER MOITAS COUSAS! GOSTAMOS MOITO DE COÑECER NOMES E CURIOSIDADES DAS AVES, RELAXARNOS COS SEUS CANTOS E COA SUAVIDADE DAS PLUMAS... 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut