Skip to Content

Blogue de laura

EXPLOSIÓN VOLCÁNICA

ESTA SEMANA COMEZAMOS A FALAR DA NOTICIA DO VOLCÁN DA PALMA. DIXERON COUSAS MOI INTERESANTES:

-" O VOLCÁN ESPERTOU".

- "TEN 7 BOCAS".

-" TEN METEORITOS".

- " TEN UN CASTELO DE LAVA".

- " OS REIS MAGOS VAN BUSCAR O CARBÓN ALÍ. A MIÑA AVOA AXUDABA".

- " TIRARON LIXO DENTRO DO VOLCÁN".

- " HAI QUE BOTARLLE AUGA E CONXELALO".

- " ONDE VIVÍAN OS DINOSAUROS HABÍA UN VOLCÁN".

- " HABÍA UNHA PISCINA DE LAVA".

- " A LAVA ESTÁ DIRIXÍNDOSE AO MAR. ESTÁ AFECTANDO AS CRIATURAS DO MAR".

- " BOTA LUME".

- " O MAR BOTA LUME".

- " EN POMPEIA HOUBO UN VOLCÁN".

- " O VOLCÁN É UNHA MONTAÑA CUN BURATO".

- " A LAVA É PEDRA LÍQUIDA QUENTE QUE CANDO NON PODE AGUANTAR MÁIS CALOR, EXPLOTA".

- " OS BICHOS COA LAVA PÓDENSE CONVERTIR EN HUMANOS MONSTROS".

- " O VOLCÁN É UNHA ROCHA MOI GRANDE QUE TEN BURATOS PARA BOTAR O LUME".

DECIDIMOS QUE QUEREMOS SABER O QUE É UN VOLCÁN, AS SÚAS PARTES (COMO É) E PORQUE SAE A LAVA. ESCOLLEMOS "EXPLOSIÓN VOLCÁNICA" COMO TÍTULO PARA O NOSO PROXECTO. COMEZAREMOS A INVESTIGAR PARA APRENDER MOITAS COUSAS!  

 

PROCURAMOS NOTICIAS DO VOLCÁN E PARTICIPAMOS NUNHA VIDEOCHAMADA COA COMPAÑEIRA CHLOÉ QUE VIVE NAS ILLAS CANARIAS. EXPLICOUNOS TODO O QUE ESTÁ A PASAR E APROVEITAMOS PARA FACERLLE PREGUNTAS E ENVIARLLE MOITA FORZA E ÁNIMOS! GRAZAS COMPAÑEIR@S, PROFE MÓNICA E FAMILIA DE CHLOÉ.

PSICOMOTRICIDADE

GOSTAMOS MOITO DA PSICOMOTRICIDADE: CIRCUITOS, TUNEIS DE AROS... E NO MOMENTO DO XOGO LIBRE, CREAMOS O MAR E PESCAMOS UNHA MARAGOTA!

 

 

 

 

NOMES, APELIDOS E RELAXACIÓN CON LANTERNAS.

POR EQUIPOS (ROSA E VERDE) CLASIFICAMOS OS NOMES E OS PRIMEIROS APELIDOS DE CADA CRIANZA. DESPOIS DO RECREO,  NECESITAMOS UN POUCO DE RELAXACIÓN! PROBAMOS AS LANTERNAS QUE PROXECTAN ANIMAIS E APROVEITAMOS PARA APRENDER CURIOSIDADES.

 

  

REXISTRO DO EXPERIMENTO

EN PARELLAS REXISTRAMOS O NOSO EXPERIMENTO DO VENRES. INDICAMOS MATERIAIS, PASOS E CONCLUSIÓN. LEMBRABAMOS MOI BEN TODO O PROCESO!

 

 

 

EXPERIMENTO CON OVOS

MATERIAIS:

3 OVOS COCIDOS

3 BOTES

AUGA

SAL

AZUCRE

CULLER

PASOS:

1º. BOTAMOS A AUGA NOS BOTES. 

2º. NUN BOTE ENGADIMOS SAL, NOUTRO AZUCRE E REMEXEMOS.

3º. INTRODUCIMOS OS OVOS

QUE PASARÁ?

NA AUGA CON SAL O OVO FLOTA. NA AUGA CON AZUCRE, FLOTA MENOS E NO BOTE QUE CONTÉN AUGA, AFÚNDESE. A AUGA SALGADA É MÁIS DENSA E PROVOCA QUE O OVO FLOTE.

A SARA, A NOSA XEFA DO DÍA, QUIXO PROBAR QUE PASARÍA CUNHA CASTAÑA. A CASTAÑA FLOTABA NOS TRES BOTES.

 

 

 

 

MATES MANIPULATIVAS: SERIE NUMÉRICA E DECENA.

EN PARELLAS ORDENAMOS A SERIE NUMÉRICA ATA O 10 E CONTAMOS DEZ PAUS PARA ATAR CUNHA GOMA E FORMAR DECENAS. DESCUBRIMOS QUE 9 PAQUETES DE 10 PAUS SON 90!

 

 

COMEZAMOS COAS RUTINAS

ASEMBLEA, XOGOS EN GRUPO, RELAXACIÓN... XA COMEZAMOS COAS NOSAS RUTINAS DA XORNADA. TEMOS UN NOVO CURSO POR DIANTE CHEO DE SOÑOS E ILUSIÓN!

 

 

 

FELIZ VERÁN!

HOXE FIXEMOS UNHA FESTA PARA NOS DESPEDIR DAS COMPAÑEIR@S: CANTAMOS, BAILAMOS E FALAMOS DO MOITO QUE NOS QUEREMOS! TAMÉN DEMOS UNHA SORPRESA AO NOSO DIRECTOR, BENXA E AO PROFE FICO, GRANDES COMPAÑEIROS QUE SE RETIRAN DESPOIS DE FACEREN UN GRAN TRABALLO.

 BICOS ENORMES E FELIZ VERÁN!

 

 

 

ANIVERSARIOS DO VERÁN

 O DANI, O ANDRÉ, A AROA, O CARLOS, O MAURO E O MARIO FARÁN OS 5 ANOS NOS MESES DO VERÁN. HOXE CELEBRÁMOLO POR ADIANTADO! PARABÉNS, AMORES!

 

 

RADIO RAMALLOSA

ESTAMOS A COMEZAR UN NOVO PROXECTO RAMALLOSEIRO: A NOSA RADIO ESCOLAR. A AROA E O DANI GRAVARON UN PROGRAMA PRESENTANDO O NOSO CONTO, A CABRAPUCHIÑA ROSA. FIXÉRONNO COMO PROFESIONAIS!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut