Skip to Content

Blogue de laura

REXISTRO DO TEMPO NO MES DE MARZO

REXISTRAMOS O TEMPO ATMOSFÉRICO DO MES DE MARZO. CONTAMOS, ORDENAMOS E REPRESENTAMOS.

 

 

 

FILME E PIPOCAS!

PARA NOS DESPEDIR DESTE 2º TRIMESTRE, VISIONAMOS O FILME BEE ( ASÍ RELACIONAMOS AS ABELLAS COA PRIMAVERA). TRANSFORMAMOS A NOSA AULA NUN CINEMA, CADA CRIANZA NO SEU ASENTO E CO SEU VASO DE PIPOCAS RECÉN FEITAS!

 

 

LÓXICA-MATEMÁTICA: ESTIMACIÓN.

NA SESIÓN DE LÓXICA-MATEMÁTICA TRABALLAMOS A ESTIMACIÓN. HABÍA UN BOTE CON TAPÓNS E TIÑAMOS QUE ESTIMAR A CANTIDADE. PODIAMOS VER MAIS NON O ABRIR. CADA CRIANZA ESCRIBIU NUN PAPEL O NÚMERO DE TAPÓNS QUE PENSABA QUE PODÍA CONTER O BOTE. DESPOIS COMPROBAMOS QUEN SE APROXIMARA MÁIS, QUEN MENOS, ORDENAMOS DE MENOR A MAIOR, COMPROBAMOS NA RECTA NUMÉRICA E NO CADRANTE... 

A NOSA COMPAÑEIRA EMMA DEU COA CANTIDADE EXACTA: 14 TAPÓNS!

 

 

 

 

LUZ SOLAR

DESPOIS DO RECREO, XOGAMOS COS OBXECTOS DA MESA DE LUZ DESCUBRINDO QUE PASABA COS RAIOS DO SOL. CORES, FORMAS, SOMBRAS... FOI UN MOMENTO DIVERTIDO E RELAXANTE!

 

 

 

CARTA DE ROKI

RECIBIMOS UNHA CARTA DE ROKI, A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA. DEIXOUNOS O LIBRO ANIMAL FUN DE PEPE SENDÓN. APROVEITAMOS PARA LER E DESEÑAR COS SEUS POEMAS!

     

ANIVERSARIOS MARZO

O 23 DE MARZO FOI O ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA ALESS. DEU AS 5 VOLTAS ARREDOR DO SOL E LEMBRAMOS AS COUSAS QUE FACÍA AO IR PASANDO OS ANOS. CANTAMOS, SACAMOS FOTOS E LEVOU OS PRESENTES QUE LLE FIXEMOS ENTRE TOD@S.

 

 

TEXTO INFORMATIVO: A CARTA.

AO CHEGARMOS Á AULA, TIÑAMOS UNHA CAIXA CUNHA NOTA: “SE A CAIXA QUEREDES ABRIR, UNHA CARTA TEREDES QUE ESCRIBIR. ASINADO: O MAGO CATAPÚN”. (NOTA: SE NON O SABEDES, ESTE MAGO VIVE NA CLASE, DORME DENTRO DO PROXECTOR,  ÁS VECES FAI QUE NON NOS FUNCIONE O COMPUTADOR E GUSTA MOITO DE NOS DEIXAR SORPRESAS.)

COA NOSA SABEDORÍA, SEN AXUDA E DE FORMA LIBRE, ESCRIBÍMOLA. DESPOIS, ABRIMOS A CAIXA. HABÍA POSTAIS, ENVELOPES E CARTAS.

TRABALLAMOS O FORMATO, A ESTRUTURA E AS PARTES. 

COMO MOIT@S NEN@S ESCRIBIRON PREGUNTAS AO MAGO CATAPÚN, MOI EDUCADO, CONTESTOU PERSOALMENTE, DEIXANDO AS CARTAS DENTRO DA CAIXA. 

AO IRMOS ADQUIRINDO COÑECEMENTOS DESTE TIPO DE TEXTO, ESCRIBIMOS UNHA CARTA CONXUNTA.

 

 

REGRETAS DE CUISENAIRE

ORDENAMOS AS REGRETAS DE MENOR A MAIOR TAMAÑO E COMEZAMOS A ASOCIAR A SÚA REPRESENTACIÓN GRÁFICA.

 

 

INSTALACIÓN ARTÍSTICA

PARTICIPAMOS NUNHA INSTALACIÓN ARTÍSTICA COAS NOSAS FOTOS. AO CHEGARMOS A AULA, ESTABA TODO DISPOSTO PARA COMEZAR. CON TOTAL LIBERDADE E ESCOITANDO A MOZART DE FONDO, CREAMOS E DECORAMOS ATA QUE DECIDIMOS POR NÓS MESMOS QUE AS NOSAS OBRAS ESTABAN REMATADAS. ESTA ACTIVIDADE AXUDOUNOS MOITO NA NOSA CONCENTRACIÓN E RELAXACIÓN.

 

XOGO DOS PELÓNS

A NOSA COMPAÑEIRA DE PRÁCTICAS, TANIA, PREPAROU UN XOGO DE MATES MOI DIVERTIDO. APROVEITAMOS PARA CONTAR, SUMAR E FORTALECER A PINZA.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut