Skip to Content

Blogue de laura

CONTACOMIGO XANEIRO

O VENRES TIVEMOS O CONTACOMIGO DA FAMILIA DO ANDRÉ. O CONTO CO TÍTULO DE BURBULLAS FOI MOI ESPECIAL PORQUE O PROTAGONISTA DA HISTORIA ERA O NOSO COMPAÑEIRO ANDRÉ! TROUXÉRONNOS UNHAS PEGATINAS DE ANIMAIS QUE APARECÍAN NO CONTO, FIXERON BURBULLAS E DEIXÁRONNOS DE PRESENTE NA AULA BOTES PARA FACER POMPAS DE XABÓN! GRAZAS ANDRÉ, NATALIA E ERNESTO!

 

 

EXPERIMENTO: FLOTA OU AFUNDE?

1º. PRESENTAMOS DIFERENTES OBXECTOS, UNHA CUBETA E AUGA.

2º. QUE PASARÁ? INFLÚE O TAMAÑO, O MATERIAL OU O PESO DOS OBXECTOS?

ESCRIBIMOS AS HIPÓTESES. POR EXEMPLO: “AS CUNCHAS PEQUENAS AO SEREN PEQUENAS, AFUNDEN E AS GRANDES SABEN FLOTAR”.

3º. METEMOS OS OBXECTOS E COMPROBAMOS AS NOSAS HIPÓTESES.

ALGUNHAS CÚMPRENSE E OUTRAS NON.

4º. REXISTRAMOS NUNHA TÁBOA AS CONCLUSIÓNS.

 

 

 

AS NOSAS CARAS

TRABALLAMOS POR PARELLAS O TRAZO DA CARA. NO PAPEL, ESCRIBIMOS O NOME D@ NOS@ COMPAÑEIR@ E COLOCAMOS CARTACES COAS PALABRAS DAS PARTES DA CARA: CELLAS, OLLOS, NARIZ E BOCA.

  

  

 

OS NOSOS NOMES

CLASIFICAMOS EN DÚAS COLUMNAS OS NOMES D@S NEN@S QUE TEÑEN A VOGAL  "A" E OS QUE NON. DESPOIS, CONTAMOS CANTOS HAI EN CADA GRUPO.

XOGOS COS NOMES

ESTA SEMANA FIXEMOS DÚAS ACTIVIDADES COS NOMES D@S NOS@S COMPAÑEIR@S:

- CONSTRUIR AS CARAS E ASCOCIAR O NOME QUE LLE CORRESPONDE.

- REPARTIR OS NOMES A CADA COMPAÑEIR@, COMPROBAR SE ESTÁN BEN E CLASIFICAR EN DÚAS COLUMNAS (OS QUE CONTEÑEN A VOGAL "O" E OS QUE NON). DESPOIS CONTAMOS CANTOS HAI EN CADA UNHA.

   

 

 

 

 

TORRES MATEMÁTICAS

A ACTIVIDADE DE LÓXICA-MATEMÁTICA CONSISTÍA EN CONSTRUIR TORRES CUN DETERMINADO NÚMERO DE PEZAS. POR PARELLAS, UNHA NENA OU NENO MONTABA A TORRE E @ OUTR@ COMPROBABA CONTANDO AS PEZAS QUE A RESOLUCIÓN ERA A CORRECTA. DESPOIS, ORDENAMOS DE MENOS A MAIOR AS TORRES E CONSTRUIMOS UNHA ENTRE TOD@S DE 15 TUBOS QUE É A CANTIDADE DE PERSOAS QUE ESTABAMOS NA AULA.

   

        

PRESENTES ESPECIAIS!

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE CON MOITAS SORPRESAS. AO ENTRARMOS NA AULA, HABÍA PRESENTES MOI ESPECIAIS! UN DELES, UNHA COCIÑA NOVA PARA O NOSO RECANTO DO XOGO SIMBÓLICO. AXUDAMOS O ERNESTO NA MONTAXE E FICOU ESPECTACULAR! APROVEITAMOS PARA ESTREAR XOGOS MÁIS ADECUADOS PARA ESTE TRIMESTRE.

 

 

 

 

 

20 DE DECEMBRO

E XA CHEGARON AS VACACIÓNS DE NADAL! LEVANTAMOS A ÚLTIMA VENTÁ DO NOSO CALENDARIO: PIDE ALGO PARA TI E AS TÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS. CADA NEN@ EXPLICOU O QUE QUERÍA PEDIR. 

DESPOIS, FOMOS BAILAR ZUMBA E FIXEMOS UNHA FESTA!

ANTES DE MARCHARMOS, LEVAMOS OS NOSOS TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.

 

 

 

VOLTAREMOS COA BATERÍA CARREGADA E CONTINUAREMOS A APRENDER DIVERTÍNDONOS!

BOAS FESTAS!

CONTACOMIGO DECEMBRO

O DÍA ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL, TIVEMOS O CONTACOMIGO DA FAMILIA DO NOSO COMPAÑEIRO UNAI. A SÚA NAI, VERÓNICA E A SÚA MADRIÑA, IRENE CONTÁRONNOS A HISTORIA NON FAI FALTA A VOZ. DESPOIS, BAILAMOS A CANCIÓN E XOGAMOS COS PROTAGONISTAS!

GRAZAS, VERÓNICA E IRENE!

 

 

 

ÁRBORES DE NADAL

ELABORAMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL CON PRATOS DOURADOS E GOMETS. UTILIZÁMOLA PARA FACER A FOTO DA NOSA POSTAL ÁS FAMILIAS. DECORAMOS UNHA ÁRBORE NA CASA PARA AMBIENTAR O NOSO CORREDOR. GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut