Skip to Content

Blogue de laura

IMOS CONTAR UN CONTO

 CANTAMOS A CANCIÓN IMOS CONTAR UN CONTO DE PABLO DÍAZ ANTES DE COMEZAR A SÚPER HISTORIA DE ROCÍO BONILLA: A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO. DESPOIS CONSTRUIMOS TORRES MOI ALTAS!

 

   

A RECTA NUMÉRICA: ANTERIOR E POSTERIOR

UTILIZAMOS OS DADOS GRANDES E AS NOSAS RECTAS NUMÉRICAS PARA PROCURAR NÚMEROS DO 1 AO 10, TRABALLANDO O CONCEPTO ANTERIOR E POSTERIOR.

 

 

TRAZOS DIVERTIDOS

HOXE REPETIMOS UNHA ACTIVIDADE MOI EXITOSA FEITA COA PROFE MARÍA. UTILIZAMOS ESCUMA DE AFEITAR MOI SUAVE PARA TRAZAR OS NÚMEROS QUE SAIAN NO DADO VIRTUAL. APROVEITAMOS PARA TRABALLAR O ANTERIOR E O POSTERIOR.

 

 

  

DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS

TRABALLAMOS A DESCOMPOSICIÓN DO NÚMERO 5. ESTA ACTIVIDADE AXUDA A COMPRENDER A RELACIÓN NÚMERO - CANTIDADE E FACILITA O INICIO Á SUMA.

 

  

XOGOS DE MESA COOPERATIVOS

NA AULA TEMOS DOS XOGOS DE MESA (UN DELES É UN PRÉSTAMO DA FAMILIA DO NOSO COMPAÑEIRO UNAI) QUE FOMENTAN O XOGO LIBRE, O RECOÑECEMENTO DE SÍMBOLOS, A PRIMEIRA COMPRENSIÓN DAS REGRAS E A APRENDIZAXE COOPERATIVA (GAÑAN OU PERDEN TOD@S). SON MOI DIVERTIDOS!

 

OSO POLAR

APRENDEMOS E LEMBRAMOS AS CORES COA CANCIÓN : A COR DO OSO POLAR (SUSA HERRERA E MAMÁ CABRA).

 

DÍA DA PAZ

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ REALIZANDO AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

- AS FAMILIAS COLABORARON DECORANDO AS PEGADAS DAS SÚAS FILLAS E FILLOS PARA AMBIENTAR O CORREDOR.

- FALAMOS DOS ACTOS QUE AXUDAN Á PAZ. ESCRIBIMOS NUN LAZO FRASES QUE PENSAMOS RELACIONADAS CO TEMA PARA PARTICIPARMOS NA ACTIVIDADE: ENLAZADAS POLA PAZ.

- ELABORAMOS O SÍMBOLO DA PAZ ENTRE TOD@S @S NEN@S DA AULA CON TAPÓNS.

- TRABALLAMOS UNHA SERIE DE DÚAS CORES PARA ENCHER O SÍMBOLO DA PAZ.

- VISIONAMOS O FILME : HISTORIA DE UNA GAVIOTA Y EL GATO QUE LE ENSEÑÓ A VOLAR.

- CANTAMOS A CANCIÓN: EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN.

- FIXEMOS MAQUILLAXE DA PAZ NO ROSTO.

     

   

 

 

RELAXACIÓN CON POMPAS

O XOGO DE RELAXACIÓN FOI MOI DIVERTIDO. PRIMEIRO, TIÑAMOS QUE AGUANTAR SEN ROMPER AS POMPAS QUE NOS IAN CAENDO. DESPOIS PODIAMOS SALTAR E INTENTAR EXPLOTALAS E REMATAMOS SENTAD@S ESCOITANDO MÚSICA RELAXANTE.

 

 

NÚMERO 30

NA ASEMBLEA, APROVEITAMOS QUE ERA O DÍA 30 DE MES PARA XOGAR CON GRUPOS DE DEZ. TEMOS UNHA CAIXA CON PAUS, DA QUE COLLEMOS PAQUETES DE 10 E CONTAMOS. A CONCLUSIÓN FOI QUE NECESITABAMOS 3 PAQUETES PARA CONSEGUIR O NÚMERO 30.

  

CONTACOMIGO XANEIRO

O XOVES TIVEMOS A VISITA DA NAI DO NOSO COMPAÑEIRO MATEO. ESCOLLEU UN CONTO MOI LINDO: O SOÑO DE MATÍAS. DESPOIS DA HISTORIA, RECIBIMOS UN PRESENTE DELICIOSO!

MOITAS GRAZAS TATIANA!

 

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut