AO CHEGARMOS Á AULA, ESCOITAMOS O SON DUN PAXARO. DESPOIS DE INVESTIGAR, DESCUBRIMOS QUE ESTABA NO COMPUTADOR.
HOXE, DÍA 2 DE FEBREIRO, CELEBRAMOS A CANDELORIA OU FESTA DA LUZ. CONSIDERÁBASE O TEMPO DO CASAMENTO DOS PAXAROS. POR ISO, É COÑECIDO O REFRÁN: A PARTIR DA CANDELORIA, NINGUNHA AVE VOA SOA.
QUE SIGNIFICA O REFRÁN E O DÍA DA CANDELORIA?
- “ É POLO DÍA DA PAZ”.
- “CRECERON DE PEQUENO (OS PAXAROS)”.
- “A CANDELORIA É UN PAXARO”.
- “ HAI MOITOS ANIMAIS”.
SON DISTINTOS OS CORPOS DAS PERSOAS E DAS AVES?
-“ SÓ TEÑEN ÓSOS (AS AVES)”.
-“ TAMÉN TEÑEN CORAZÓN PARA VIVIR”.
- “TEÑEN PULMÓN PARA RESPIRAR”
- “NÓS NON TEMOS FÍGADO, TEÑEN OS PAXAROS E VALE PARA RESPIRAR”.
CONTAMOS CONTOS DE PAXAROS E CONTINUABA A SOAR O TRINO…
-“FACÉMOSLLE UNHA CASA?
-“DICÍMOSLLO AO ERNESTO”.
-“PODEMOS FACELA NÓS” (PROFE).
-“PODE SER DE PALLA”.
-“NON É MOI BRANDA, MELLOR NON”.
-“DE MADEIRA”.
-“DUNHA BOTELLA? (PROFE).
-“NON SE VAI SOSTER…PEGÁMOLA CON CINTA”.
-“DE LADRILLO…DEIXAMOS UN BURATO PARA QUE ENTRE O PAXARO”.
-“PODEMOS PÓR AS CASAS NA CLASE”.
-“OU NAS ÁRBORES”.
PROCURAMOS NA REDE INFORMACIÓN E VIDEOS DE AVES PARA FACER UN DESEÑO DO REFRÁN. TAMÉN COMPROBAMOS EN IMAXES QUE TEÑEN O CORPO DOS PAXAROS POR DENTRO. E XURDIU A PROPOSTA DE FACER CASAS PARA PAXAROS QUE DEIXAREMOS PARA CANDO MELLORE O TEMPO.