Skip to Content

Blogue de laura

TAUMATROPIO

RELACIONADO CO NOSO PROXECTO DO CORPO, TRABALLAMOS O SENTIDO DA VISTA XOGANDO COS TAUMATROPIOS QUE CONSTRUIMOS. DESPOIS, ELABORAMOS O TEXTO INSTRUTIVO DA NOSA ACTIVIDADE, INCLUINDO OS MATERIAIS E OS PASOS.

 

 

 

 

 

A CARTA

COMO XA SABEDES, NO 2º TRIMESTRE TRABALLAMOS A CARTA PARA INTRODUCIR OUTRO TIPO DE TEXTO ÁS CRIANZAS. NA AULA, APARECÍAN ENVELOPES NUNHA CAIXA MISTERIOSA. ELABORAMOS UNHA CONXUNTA E UNHA INDIVIDUAL E TODO O ALUMNADO RECIBIU NAS SÚAS CASAS UNHA CARTA DO NOSO AMIGO, O MAGO CATAPÚN. MAIS ESTA VEZ FOI DIFERENTE, CHEGOU UNHA CARTA AO COLE DA NOSA AMIGA, A PROFE TANIA! ADEMAIS DE SABER COMO ESTÁ E LEMBRARNOS DELA (ACHÁMOSTE MOITO EN FALTA!), APROVEITAMOS PARA REPASAR AS PARTES DESTA TIPOLOXÍA TEXTUAL.

GRAZAS, TANIA! DESEXAMOS QUE TODOS OS TEUS SOÑOS SE FAGAN REALIDADE!

 

 

 

 

 

 

LÓXICA-MATEMÁTICA: DOMINÓ.

NA SESIÓN DE LÓXICA- MATEMÁTICA UTILIZAMOS AS FICHAS DO DOMINÓ PARA SUMAR, RESTAR, AGRUPAR POR MESMO NÚMERO... TEÑEN MOITAS POSIBILIDADES PARA XOGAR COAS MATES!

 

 

 

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

VERSOS DO LIBRO DE POEMAS DARÍO A DIARIO. XELA ARIAS.

LETRAS GALEGAS 2021

ESTE ANO A HOMENAXEADA NO DÍA DAS NOSAS LETRAS É XELA ARIAS. FIXEMOS MOITAS ACTIVIDADES:

- LEMOS O CONTO DOS BOLECHAS PARA COÑECER A XELA.

- PROCURAMOS INFORMACIÓN NA REDE.

- DESEÑAMOS O SEU RETRATO.

- INVENTAMOS UN ACRÓSTICO CO SEU NOME. POR PARELLAS ESCRIBIMOS LIBREMENTE PALABRAS QUE COMEZASEN COA LETRA QUE NOS TOCOU DE XELA. DESPOIS CREAMOS O ACRÓSTICO ENTRE TOD@S.

- XOGAMOS COAS ACTIVIDADES EN LIÑA PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA.

- PARTICIPAMOS NA FESTA DO COLE (XOGOS POPULARES, BAILE, ESCOITAMOS CANCIÓNS E O RECITADO DE POEMAS) E COMEMOS TOD@S XUNT@S PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

  

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE CONVIVENCIA

ESTA SEMANA PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO PARA TRABALLAR A CONVIVENCIA E A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS.  A NOSA ORIENTADORA ISAURA VISITOUNOS CUNHA FERMOSA PROPOSTA, BASEADA NO CONTO: POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA. JÉROME RUILLER, ed. Juventud. TRATAMOS QUE FACER PARA NON EXCLUIRMOS A NINGUÉN EN MOMENTOS DE XOGO, COMO NOS SENTIMOS SE ESTAMOS SOAS OU SÓS E COMO RESOLVER DIFERENTES SITUACIÓNS QUE XORDEN NO DÍA A DÍA. A ISAURA EXPLICOUNOS O MÉTODO QUE? COMO? PARA SERMOS MEDIADORES NOS CONFLITOS. FALAMOS DO NOVO CLUBE QUE TEMOS NO NOSO COLE (BRICAE: BRIGADA CONTRA O ACOSO ESCOLAR) PARA QUE NINGUNHA CRIANZA SINTA QUE ESTÁ EXCLUÍDO E EVITAR O ACOSO ESCOLAR.

 

 

 

  

 

 

 

A CABRAPUCHIÑA ROSA

 LEMOS CONTOS CLÁSICOS PARA COÑECER A SÚA ESTRUTURA, PERSONAXES E ESTILO. UTILIZAMOS AS TÉCNICAS DE RODARI PARA INVENTAR UN NOVO. TODAS AS NENAS E NENOS PARTICIPARON NA ACTIVIDADE, ACHEGANDO IDEAS QUE FOMOS ESCOLLENDO ENTRE TOD@S. DESPOIS DE CREARMOS A HISTORIA, COMEZAMOS CO PROCESO DE ILUSTRACIÓN. DESEÑAMOS PROTAGONISTAS E ESCENARIOS QUE MONTAMOS PARA COMPOR AS PÁXINAS DO CONTO. OS MATERIAIS EMPREGADOS FORON CERAS BRANDAS E ACUARELA.

O TÍTULO ORIXINAL ERA A CABRITIÑA ROSA, MAIS UNHA NENA DIXO: " SE É A CARAPUCHIÑA E UNHA CABRA... MELLOR SERÍA CABRAPUCHIÑA". A IDEA PARECEUNOS MOI DIVERTIDA E DECIDIMOS MODIFICAR O TÍTULO INICIAL.

DESEXAMOS QUE GOSTEDES DO NOSO CONTO!

 

BINGO DO CORPO

XOGAMOS AO BINGO E REVISAMOS O VOCABULARIO E OS NOSOS COÑECEMENTOS DAS PARTES DO CORPO. 

 

  

TEMPO ATMOSFÉRICO EN ABRIL

REXISTRAMOS O TEMPO ATMOSFÉRICO DO MES DE ABRIL. CONTAMOS, ORDENAMOS E REPRESENTAMOS.

 

 

NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR

TRABALLAMOS A SERIE NUMÉRICA E O CONCEPTO ANTERIOR E POSTERIOR. CADA CRIANZA ERA UN NÚMERO E AO SOAR A MÚSICA BAILABAN E AO PARAR TIÑAN QUE SE ORDENAR SEGUINDO A SERIE NUMÉRICA DO 1 AO 14.

OUTRA ACTIVIDADE CONSISTIU EN COLOCAR A SERIE DO 1 AO 20 MAIS SEN TODOS OS NÚMEROS. AS NENAS E NENOS TIVERON QUE PÓR OS QUE FALTABAN, PROCURANDO O ANTERIOR E O POSTERIOR.

 

      

 

Distribuir contido


by Dr. Radut