Skip to Content

Blogue de laura

INSTALACIÓN NO PATIO

CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIOAMBIENTE (5 DE XUÑO) FACENDO UNHA INSTALACIÓN NO PATIO. PASÁMOLO MOI BEN: DECORAMOS CON PINZAS, LAZOS E XOGAMOS COMO SE FOSEN TEAS DE ARAÑA.

 

 

 

DESEÑOS AO AR LIBRE

ANTES DE APAÑARMOS OS NOSOS TIRABEQUES, DESEÑAMOS A NOSA HORTA EN PAPEL. O TRABALLO FICOU BEN FERMOSO!

 

  

 

APAÑAMOS TIRABEQUES

HOXE APAÑAMOS A PRIMEIRA HORA OS NOSOS TIRABEQUES PARA A NOSA GRAN COCIÑEIRA, ELENA, QUE OS PREPAROU EN TEMPURA. ESTABAN BOÍSIMOS! @S NEN@S QUE NON VAN AO COMEDOR TAMÉN PROBARON NA AULA.

APROVEITAMOS PARA VER A DIFERENCIA ENTRE A XUDÍA E O TIRABEQUE. GRAZAS EQUIPO DA COCIÑA RAMALLOSEIRA! SODES @S MELLORES!

 

  

 

 

 

POXECTO DO CORPO: SENTIDO DO GOSTO.

ESTIVEMOS A APRENDER COUSAS INTERESANTES DO SENTIDO DO GOSTO E A MELLOR FORMA DE COMPROBAR E FIXAR OS NOSOS COÑECEMENTOS FOI FACER UNHA PROBA DE ALIMENTOS (RESPECTANDO O PROTOCOLO COVID). SABIADES QUE O QUINTO SABOR CHÁMASE UMAMI? SENTÍMOLO NO MEDIO DA LINGUA AO COMER TOMATES MADUROS, QUEIXO...

FOI UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDA E ACERTAMOS MOITÍSIMOS SABORES! GOSTAMOS MOITO DO SALGADO E DO DOCE!

 

 

 

 

A VIAXE DE SAIRA

HOXE, DESPOIS DO RECREO, TIVEMOS UNHA SESIÓN DE TÍTERES EN STREAMING COA HISTORIA: A VIAXE DE SAIRA DA COMPAÑÍA, A XANELA DO MAXÍN. GOSTAMOS MOITO DA ACTUACIÓN E DA GÁRGOLA, UNHA DAS PROTAGONISTAS.

 

 

TEMPO ATMOSFÉRICO EN MAIO

REXISTRAMOS O TEMPO ATMOSFÉRICO DO MES DE MAIO. CONTAMOS OS DÍAS DE SOL, NUBES E SOL, CHUVIA E NUBOSOS. DESPOIS REPRESENTAMOS NA GRÁFICA.

 

 

SENTIDO DO TACTO

COMPROBAMOS O NOSO SENTIDO DO TACTO COS NOSOS PÉS E COAS NOSAS MANS. FALAMOS DAS SENSACIÓNS E OS ADXECTIVOS QUE AS DESCRIBEN. 

 

 

APARCADOIRO DA RAMALLOSA

HOXE NA SESIÓN DE MATEMÁTICAS FIXEMOS UN APARCADOIRO PARA OS NOSOS CARROS (FICHAS DE DOMINÓ). TIÑAMOS QUE COMPROBAR O NÚMERO DAS FICHAS PARA VER QUE NÚMERO DE APARCADOIRO LLE CORRESPONDÍA.

 

 

ANIVERSARIOS MAIO

O 25 DE ABRIL FOI O ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA CARLOTA. DEU AS 5 VOLTAS ARREDOR DO SOL E LEMBRAMOS AS COUSAS QUE FACÍA AO IR PASANDO OS ANOS. CANTAMOS, SACAMOS FOTOS E LEVOU OS PRESENTES QUE LLE FIXEMOS ENTRE TOD@S.

  

 

 

PROXECTO CORPO: DEDOS DA MAN.

PARA SABER OS COÑECEMENTOS PREVIOS, POR PARELLAS PENSARON E ESCRIBIRON OS NOMES DOS DEDOS DA MAN. DESPOIS, COMPROBAMOS OS ACERTOS E APRENDEMOS OS QUE NON COÑECIAMOS (CANCIÓN E  XOGO DA SILUETA DA MAN COS NOMES PARA PEGAR CON VELCRO). COMO ACTIVIDADE FINAL, DESEÑAMOS A NOSA MAN, PINTAMOS AS UÑAS CON LACAS, RECORTAMOS, ORDENAMOS E PEGAMOS OS NOMES NOS DEDOS.

  

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut