OBRADOIRO DE CONVIVENCIA
ESTA SEMANA PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO PARA TRABALLAR A CONVIVENCIA E A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS. A NOSA ORIENTADORA ISAURA VISITOUNOS CUNHA FERMOSA PROPOSTA, BASEADA NO CONTO: POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA. JÉROME RUILLER, ed. Juventud. TRATAMOS QUE FACER PARA NON EXCLUIRMOS A NINGUÉN EN MOMENTOS DE XOGO, COMO NOS SENTIMOS SE ESTAMOS SOAS OU SÓS E COMO RESOLVER DIFERENTES SITUACIÓNS QUE XORDEN NO DÍA A DÍA. A ISAURA EXPLICOUNOS O MÉTODO QUE? COMO? PARA SERMOS MEDIADORES NOS CONFLITOS. FALAMOS DO NOVO CLUBE QUE TEMOS NO NOSO COLE (BRICAE: BRIGADA CONTRA O ACOSO ESCOLAR) PARA QUE NINGUNHA CRIANZA SINTA QUE ESTÁ EXCLUÍDO E EVITAR O ACOSO ESCOLAR.