Skip to Content

Blogue de laura

CONTACONTOS

A NOSA BIBLIOTECA ORGANIZA UNHA ACTIVIDADE MOI ESPECIAL!@S NEN@S E NEN@S DE PRIMARIA ESCOLLEN, PREPARAN E CONTAN CONTOS ÁS NENAS E NENOS MÁIS PEQUEN@S. A LORENA COA HISTORIA DE BEBÉ JEFAZO CONSEGUIU A ATENCIÓN DE TOD@S.

GRAZAS, LORENA!

 

TEMPO ATMOSFÉRICO EN XANEIRO

CONTAMOS OS DÍAS DE CHUVIA, SOL, SOL E NUBES E NUBOSOS DO MES DE XANEIRO. UTILIZAMOS TAPÓNS E ROLLAS.

 

 

GUITARRETA COME LETRAS

GUITARRETA TIÑA FAME DE PALABRAS QUE COMEZASEN POLA LETRA A. TOD@S PENSAMOS E UTILIZAMOS A NOSA CONCIENCIA FONOLÓXICA PARA AS ESCRIBIR.

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ CON DISTINTAS ACTIVIDADES:

- DECORAMOS MOLDES DE MADALENAS PARA FORMAR UNHA POMBA CONXUNTA DE TODO O ALUMNADO DO COLE.

- APRENDIMOS A POESÍA SÓ TRES LETRAS.

- LEMOS O CONTO RUFUS, O MORCEGO QUE ADORABA AS CORES.

- PROCURAMOS PALABRAS QUE COMEZASEN POR P, A, Z.

- CONSTRUIMOS SÍMBOLOS DA PAZ CON DIVERSOS MATERIAIS: ROLLAS, PEDRAS, TAPÓNS...

- DECORAMOS E FIXEMOS OS NOSOS MANDALAS.

- PINTAMOS A PALABRA PAZ E O SÍMBOLO NAS CARAS.

- VISIONAMOS CURTAMETRAXES RELACIONADAS COA PAZ COAS NENAS E NENOS DE INFANTIL, 1º E 2º.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

   

OBRADOIRO: QUEN DIXO MEDO?

PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DA CAMPAÑA QUEN DIXO MEDO? ORGANIZADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

PRIMEIRO, ESCOITAMOS O CONTO QUÉROTE CASE SEMPRE DE ANNA LLENAS. A NARRADORA FOI MOI ESPECIAL, MESTRA DALGUNHAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS NO INFANTARIO.

DESPOIS, FALAMOS DA HISTORIA, PREGUNTAMOS DÚBIDAS E  DECORAMOS CON DIVERSOS MATERIAIS AS SILUETAS DA RITA OU DO LOLO, PERSONAXES PROTAGONISTAS.

GRAZAS! 

 

 

EXPERIMENTO ECOTEO

@S NEN@S DE 5 ANOS DAS DÚAS AULAS ESTAMOS A TRABALLAR NUN EXPERIMENTO. ENTERRAMOS UNHA LATA, UN PLÁSTICO, UN CARTÓN, TALO DO BRÓCOLI, UNHA CASCA DE PLÁTANO E UN BOTE DE VIDRO. AO PASAR UN TEMPO, DESENTERRAREMOS PARA COMPROBAR QUE SUCEDE.

                   

                    

                    

 

RECICLAMOS?

PARA COMPROBARMOS O APRENDIDO, ORGANIZAMOS UNHA ACTIVIDADE DE SEPARACIÓN DE RESIDUOS NOS COLECTORES. 

  

LIBRO DE CONTAR

TRABALLAMOS O TRAZO DOS NÚMEROS COA LECTURA LIBRO DE CONTAR. ESCRIBIMOS CON XIZ NA CORTIZA OS NÚMEROS QUE APARECÍAN NA HISTORIA.

 

UN CONTO LIMPO

UN CONTO LIMPO É UNHA HISTORIA FEITA POLO ALUMNADO DE 5 ANOS A NO MARCO DO PROXECTO ECOTEO. ESTA ACTIVIDADE RESPONDE AOS SEGUINTES OBXECTIVOS:

  • TRABALLAR A TIPOLOXÍA TEXTUAL DO CONTO E A SÚA ESTRUTURA.
  • COÑECER E UTILIZAR O TEXTO DESCRITIVO.
  • ELABORAR FRASES CORRECTAS, EVITAR REPETIR PALABRAS E INTRODUCIR SINÓNIMOS.
  • COLABORAR ENTRE TOD@S, ACHEGAR IDEAS PREVIAS, ESCOLLER XUNT@S AS IDEAS FINAIS.
  • CREAR OS PERSONAXES CON MATERIAL DE REFUGALLO.
  • PROCURAR ESCENARIOS DENTRO DO COLE QUE SE ADAPTEN Á NOSA HISTORIA.

PRÉSTAMOS DE CONTOS

ESTE VENRES INICIAMOS O PRÉSTAMO DE CONTOS. ESCOLLEMOS, REXISTRAMOS E GARDAMOS NA MOCHILA.

NON HAI MAIOR AVENTURA QUE A LECTURA!

Distribuir contido


by Dr. Radut