Skip to Content

Blogue de laura

REPASAMOS O APRENDIDO NO MUSEO DO POBO GALEGO

FIXEMOS UN XOGO PARA LEMBRAR AS PALABRAS APRENDIDAS NA NOSA SAÍDA AO MUSEO DO POBO GALEGO. EN PEQUENAS EQUIPAS, ASOCIAMOS PALABRA E IMAXE (TIÑAMOS QUE LER O VOCABULARIO E DESPOIS ESCRIBÍMOLO CON XIZ NO CHAN).

PODEDES VER AS FOTOS DA SAÍDA NA BLOGOTECA DE ACTIVIDADES DE INFANTIL.

     

 
ESCRIBIMOS O VOCABULARIO APRENDIDO : ALBARDA, CABEZADA, CESTO, ZOCAS, CANDIL E COSCOBELLOS.


LIBRO VIAXEIRO DA RECICLAXE

O LIBRO DA RECICLAXE VAI VIAXAR ÁS VOSAS CASAS! PRACTICAMOS NA AULA COMO XOGAR AÍNDA QUE IMOS PRECISAR DE AXUDA PARA PROCURAR O VOCABULARIO RELACIONADO. 

 

DECORAMOS O SACO PARA LEVAR O LIBRO.

   

CONTACOMIGO XANEIRO

O VENRES VISITOUNOS A NAI DO MARTÍN PARA CONTARNOS A HISTORIA: LA DAMA Y EL VAGABUNDO. UN CONTO MOI ESPECIAL QUE GARDA DESDE PEQUENA.

GRAZAS, VERÓNICA!

DITADO DE NÚMEROS

PARTICIPAMOS NUN DITADO COLECTIVO. EN GRUPOS DE 8, CADA NEN@ ESCOLLE UN NÚMERO NO CUADRANTE DO 100 E DÁ A VOLTA AO NÚMERO. O RESTO DO GRUPO IDENTIFICA O NÚMERO NO SEU CUADRANTE IMPRESO E PLASMAMOS A REPRESENTACIÓN DA CANTIDADE COAS REGRETAS.

  

  

 

REXISTRO DO TEMPO NO MES DE DECEMBRO

Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE NADAL, FIXEMOS O RECONTO DO TEMPO DO MES DE DECEMBRO (ATA O DÍA 20). 

REPRESENTAMOS A CANTIDADE UTILIZANDO POLICUBOS PARA INICIAR NA REPRESENTACIÓN DA GRÁFICA DE BARRAS.

 

POSTAIS DE NADAL

PREPARAMOS AS NOSAS POSTAIS DE NADAL PARA FELICITAR AS FESTAS ÁS NOSAS FAMILIAS.

             

 ESCRIBIMOS OS NOSOS ENDEREZOS PARA OS ENVELOPES.

  

 

DEIXAMOS AS NOSAS POSTAIS DENTRO DO SEU ENVELOPE NA CAIXA DE CORREO! DESEXAMOS QUE CHEGUEN RÁPIDO AO SEU DESTINO!

CONTACOMIGO DECEMBRO

 HOXE VISITOUNOS A MARTA E O PEDRO, A NAI E O IRMÁN DA NOSA COMPAÑEIRA EVA.  O PEDRO CONTOUNOS UNHA HISTORIA DOS BOLECHAS RELACIONADA CO NOSO PROXECTO:"ECOTEO". A MARTA DEUNOS CONSELLOS PARA SER @S MELLORES NA RECICLAXE: LEVAR SACOS DE TEA PARA A COMPRA, EVITAR MERCAR PRODUTOS ENVASADOS EN PLÁSTICO, REUTILIZAR OS RESTOS DE COMIDA PARA PREPARAR OUTRO PRATO...

 GRAZAS!

DESEÑAMOS PORTADAS

ESTIVEMOS A DESEÑAR AS NOSAS PORTADAS PARA ALGÚNS TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE. CONTINUAREMOS ALGUNHAS DAS TAREFAS Á VOLTA DAS VACACIÓNS.

A NOSA ÁRBORE

CON MATERIAL DE REFUGALLO (ENVASES DE IOGURTES, TAPÓNS E VASOS) TOD@S @S NEN@S DE INFANTIL, ELABORAMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL. 

 

 

XOGO LIBRE CON REGRETAS

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut