EXPLOSIÓN VOLCÁNICA
ESTA SEMANA COMEZAMOS A FALAR DA NOTICIA DO VOLCÁN DA PALMA. DIXERON COUSAS MOI INTERESANTES:
-" O VOLCÁN ESPERTOU".
- "TEN 7 BOCAS".
-" TEN METEORITOS".
- " TEN UN CASTELO DE LAVA".
- " OS REIS MAGOS VAN BUSCAR O CARBÓN ALÍ. A MIÑA AVOA AXUDABA".
- " TIRARON LIXO DENTRO DO VOLCÁN".
- " HAI QUE BOTARLLE AUGA E CONXELALO".
- " ONDE VIVÍAN OS DINOSAUROS HABÍA UN VOLCÁN".
- " HABÍA UNHA PISCINA DE LAVA".
- " A LAVA ESTÁ DIRIXÍNDOSE AO MAR. ESTÁ AFECTANDO AS CRIATURAS DO MAR".
- " BOTA LUME".
- " O MAR BOTA LUME".
- " EN POMPEIA HOUBO UN VOLCÁN".
- " O VOLCÁN É UNHA MONTAÑA CUN BURATO".
- " A LAVA É PEDRA LÍQUIDA QUENTE QUE CANDO NON PODE AGUANTAR MÁIS CALOR, EXPLOTA".
- " OS BICHOS COA LAVA PÓDENSE CONVERTIR EN HUMANOS MONSTROS".
- " O VOLCÁN É UNHA ROCHA MOI GRANDE QUE TEN BURATOS PARA BOTAR O LUME".
DECIDIMOS QUE QUEREMOS SABER O QUE É UN VOLCÁN, AS SÚAS PARTES (COMO É) E PORQUE SAE A LAVA. ESCOLLEMOS "EXPLOSIÓN VOLCÁNICA" COMO TÍTULO PARA O NOSO PROXECTO. COMEZAREMOS A INVESTIGAR PARA APRENDER MOITAS COUSAS!
PROCURAMOS NOTICIAS DO VOLCÁN E PARTICIPAMOS NUNHA VIDEOCHAMADA COA COMPAÑEIRA CHLOÉ QUE VIVE NAS ILLAS CANARIAS. EXPLICOUNOS TODO O QUE ESTÁ A PASAR E APROVEITAMOS PARA FACERLLE PREGUNTAS E ENVIARLLE MOITA FORZA E ÁNIMOS! GRAZAS COMPAÑEIR@S, PROFE MÓNICA E FAMILIA DE CHLOÉ.