Skip to Content

Blogue de laura

RELAXACIÓN CON TESOIRAS

Ao virmos da biblioteca, agardábanos unha actividade moi relaxante: música suave, tiras de papel continuo con trazos diferentes e tesoiras. 

 

 

 

 

VIMES: FACEMOS A MAQUETA.

Como xa lembraredes, deseñamos unhas instalacións de vimes (en papel) e despois coa axuda do noso súper Ernesto puidemos facelas realidade. Esta semana fomos ao patio a observar e construir a nosa maqueta. Gostamos moito desta actividade!

 

 

 

 

LÓXICA-MATEMÁTICA MANIPULATIVA

ACTIVIDADES CON REGRAS:

- Traballamos libremente e descubrimos para que serven. Medimos obxectos, as nosas mans, pés... Continuaremos a facer máis actividades no terceiro trimestre.

REGRETAS:

-Ordenamos as cartas segundo o seu valor e procuramos a mesma cantidade coas regretas. Esta actividade axuda na asimilación das sumas e do concepto de cantidade.

REXISTRO DO TEMPO ATMOSFÉRICO:

- Contamos os días de sol, chuvia...

- Representamos a cantidade con policubos.

- Rexistramos en papel.

  

 

 

PLANTAMOS ÁRBORES

Viñeron un axente forestal e os bombeiros para axudarmos a plantar árbores no patio. Nós plantamos carballos en forma de círculo para conseguir unha cabana nun futuro. Traballamos moitísimo, facía calor e os bombeiros forestais refrescáronnos coa mangueira. Aprendemos cousas moi interesantes! Moitísimas grazas, súper heroes das árbores!

OBRADOIRO DE EXPERIMENTACIÓN LIBRE

Ao abrirmos a porta do salón de actos, escoitamos unha música ambiental e observamos dúas zonas de obradoiros. Libremente experimentamos cos materiais. Foi unha actividade moi creativa, relaxante e divertida.

 

 

 

 

PROXECTO AVES

Estamos a aprender moitas cousas das aves: diferenciamos as súas partes, sabemos curiosidades, os nomes de moitas delas, diferenciamos (nalgúns casos) os machos das femias e dos inmaduros (cando son bebés)... Pintamos e decoramos o noso paxaro de madeira e xogamos coa Bee Bot.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO AVES: CONSTRUIMOS CASAS

Continuamos co noso proxecto das aves cunha actividade moi interesante. Construimos casas de madeira para elas coa axuda do noso súper conserxe Ernesto e puxémolas nalgunhas árbores do patio e na carballeira, preto da nosa escola. Aproveitamos para escoitar os cantos dos paxaros e intentar averiguar cales eran, observar a natureza...

 

 

 

 

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Celebramos o día da árbore e da poesía participando nas seguintes actividades:

- Conversa sobre a importancia das árbores. Collen dioxido de carbono (tóxico) e devolven osíxeno que o necesitamos para respirar. Sen árbores non poderiamos vivir.

- Escolla dunha árbore do patio para abrazar, lerlle unha poesía e facer unha foto de lembranza.

- Debuxo ao ar libre da nosa árbore.

 

 

 

CORAZÓN DE XORNAL

O MARTES 15 TIVEMOS A VISITA DE ANXO MOURE. CONTOUNOS A HISTORIA DO CARBALLO CON BOTAS, CANTAMOS E PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DE RECICLAXE. AS NOTICIAS MALAS DO XORNAL CONVERTÉRONSE EN CORAZÓNS! FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA! GRAZAS, ANXO!

 

 

 

NA AULA REXISTRAMOS OS MATERIAIS E PASOS DA ACTIVIDADE.

FALADOIRO DO XORNAL

TODOS OS DÍAS DESTA SEMANA LEMOS ALGUNHA NOTICIA DO XORNAL E OPINAMOS.

  • -  É UN PERIÓDICO E TRAE NOTICIAS PARA SABER COUSAS.

  • -  É A GUERRA DA RUSIA E A UCRAÍNA.

  • -  A RUSIA ESTÁ A ATACAR A UCRAÍNA.

  • -  NON. ESTÁ A INVADIR. NON É O MESMO. INVADIR É QUE QUERE QUEDAR CO TERRITORIO.

  • -  POR QUE? (PREGUNTA DA MESTRA)

  • -  POR QUE É UN EGOÍSTA.

  • -  VIMOS NOTICIAS NA TELE DAS BOMBAS.

  • -  (SINALANDO UNHA FOTO) É O PRESIDENTE. NON SABEN ONDE

    ESTÁ. ESTÁ ESCONDIDO.

  • -  A XENTE FAI UNHA LOITA PARA ACABAR COS INIMIGOS.

  • -  POR QUE DESTRUIRÁN A UCRAÍNA SE FAN A GUERRA POR QUE

    QUEREN A CIDADE? (REFLEXIÓN DUNHA ALUMNA)

  • -  DESPOIS VOLTAN A CONSTRUIR A UCRAÍNA E PODE QUE, CANDO

    VIVAN ALÍ, @S RUS@S, @S UCRAÍN@S QUEIRAN VOLTAR POLAS

    SÚAS COUSAS.

  • -  IGUAL CONSTRÚEN SÓ UN EDIFICIO MOI GRANDE PARA VIVIR @S

    RUS@S DENTRO.

 

 
 
ESTAMOS A METER AS NOTICIAS MALAS NUNHA CAIXA... O DÍA 15 FAREMOS MAXIA, TRANSFORMARÉMOLAS.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut