Skip to Content

Blogue de laura

MATES MANIPULATIVAS: REGRAS, FORMAS E CORPOS XEOMÉTRICOS.

Nas sesións de mates continuamos a traballar coas regras. Seleccionamos os cm que queriamos medir, marcamos no papel e recortamos coas tesoiras. Outra actividade da semana consistiu en repasar as formas xeométricas e introducir o concepto de corpo xeométrico. Utilizamos tarxetas con imaxes, bloques lóxicos e corpos para facer agrupamentos.

 

 

DÍA DO LIBRO

Celebramos a semana do libro participando nas seguintes actividades:

- Detectives: motivo de adicar o día 23 ao libro.

Antes de investigaren:

" Porque así se celebra no cole".

"Porque alguén morreu".

" Morreu Xesús".

" Morrería Xesús cun libro na man?"

" Ao mellor morreu algún escritor famoso de contos".

Despois de investigaren:

 "Morreron Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega que eran escritores súper famosos". 

- O noso conto favorito. Explicamos porqué gostamos dese libro, deseñamos a capa e contámolo na aula.

- Marcapáxinas para a nosa amiga ou amigo invisíbel. 

- A volta ao mundo en 80 libros. Colaboramos nesta fermosa proposta da nosa biblioteca coa lectura de contos venezolanos e colocamos os nosos deseños no mural.

 

 

 

 

COIDAMOS A NOSA HORTA

O alumnado colabora no coidado da horta: rega, leva a materia orgánica do comedor e os restos das froitas das merendas para a composteira e arrinca as malas herbas.

 

 

COIDADO DA HORTA

Aquí tendes o calendario para o coidado da nosa horta. Grazas a todas e todos por colaborardes! Clica na imaxe para descarregar o arquivo.

 
 

HORTA PREPARADA!

Grazas a axuda do noso súper conserxe e das mestras e mestres conseguimos facer a nosa horta: catro bancais, zona de aromáticas, flores, zona de amorodos, bancal na terra para observar o proceso das sementes plantadas nas aulas e composteira.

Bancais antes de pintar                                                  Bancais preparados

  

Zona de aromáticas e flores                                           Zona amorodos e bancal na terra

 

INSTALACIÓN DA PRIMAVERA

Escoitamos de fondo A primavera de Vivaldi e libremente observamos, apañamos, colocamos e creamos. Esta actividade favorece a nosa relaxación e a nosa creatividade.

 

  

  

 

 

MATES DIVERTIDAS

Esta semana fixemos actividades matemáticas divertidas coas que aprendemos e reforzamos os nosos conceptos:

- Medición con cinta métrica e regras:

  1.Medimos e rexistramos o que medra o noso limoeiro. 

  2. Trazamos liñas co número de centímetros indicado.

- Sumas: sumamos con policubos, pedras, madeiras, etc. Anotamos o resultado e sinalamos na recta numérica. Despois da tarefa manipulativa, rexistramos en papel.

- Números ordinais:

1. Pintamos na fronte o número ordinal que nos corresponde da lista de aula e xogamos a nos ordenar. Ao saber os nosos postos, bailamos libremente e ao parar de soar a música, voltamos a nos colocar respectando os ordinais.

2. Rexistramos a lista de aula en papel.

 

 

 

 

ACABAMOS O TRIMESTRE

O último día puxemos tatus de primavera e tivemos sesión de filme e pipocas. Desexamos que teñades unhas súper vacacións! Vémonos o 19 de abril!

 

 

 

XOGOS DO MUNDO

Participamos nunha sesión de xogos do mundo coa asociación Biosbardos. Grazas por este día lúdico e divertido!

 

 

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

Este trimestre fixeron 6 anos as nosas compañeiras Leire, Emma e Aless. Parabéns!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut