Skip to Content

Horta Escolar

Desenvolvemento da nosa Horta Escolar

QUE RICA ENSALADA!

                   

 

Un grupo de crianzas de 2º EP, quixo degustar os primeiros froitos da plantación do invernadoiro e ademais coincidindo co día do medio ambiente; nesta ocasión unha conmemoración saborosa, de agradecemento á terra polos froitos que nos aporta, e tamén aos coidadores que se ocupan de coidar as plantas.

Decidiron facer unha rica ensalada con: leituga, pepino, remolacha e tomate

Que motivadora e significativa aprendizaxe; seguir o proceso de preparación das verduras dende que se recollen na horta ata que se saborean no platoSorriso

      RECOLLENDO A LETUGA E O PEPINO

 

    RECOLLENDO A REMOLACHA E QUITÁNDOLLE A TERRA NO 1º LAVADO

 

   VERDURAS XA LAVADAS DISPOSTAS A SER TROCEADAS. ENSALADA SERVIDA NOS PRATOS PARA DEGUSTAR

 

                                                          BO PROVEITO!

O INVERNADOIRO COMPETENCIAL

                          

 

O alumnado de 6ºC andiveron traballando sobre o horto escolar dentro da materia de Proxecto Competencial. Ademais de axudar en traballos de plantación e coidado dos cultivos, tamén aproveitaron a deseñar o horto no ordenador co programa Tinkercad; a estructura, as plantas e incluso algunha mascota- animal

 

 

Tamén imprimiron o invernadoiro en 3D usando a impresora, un xeito constructivo de integrar obxectivos dixitais no currículo, de usar material de Polos creativos ao servizo do desenvolvemento de tarefas de aula, como foi neste caso o traballo sobre o horto, o invernadorio

 

- Realizaron, como xa comentamos nunha entrada anterior, unha pequena plantación de plantas aromáticas e flores coa que puideron facer o seguimento do seu crecemento e dos seus coidados.  Así de fermosas locen as macetas coas súas plantas

 

      

COIDANDO DOS CULTIVOS

                          

PARA PODER RECOLLER OS FROITOS, ADEMAIS DE CULTIVAR TAMÉN HAI QUE COIDAR AS PLANTAS: REGAR PERO TAMÉN LIMPAR AS MALAS HERBAS QUE ARREBATAN O ALIMENTO AS VERDURAS E LLES DIFICULTAN O SEU CRECEMENTOSorprendido

   

OUTROS FACTORES QUE INFLÚEN EN QUE SE POIDAN RECOLLER MÁIS OU MENOS FROITOS SON AS PLAGAS DE CARACOIS E LESMASChora

NON QUEREMOS EMPREGAR INSECTICIDAS QUÍMICOS E TRAS BUSCAR COAS CRIANZAS SOLUCIÓNS NATURAIS CONTRA ESTES INIMIGOS, DESCUBRIMOS QUE AS CASCAS DE OVO OU POUSOS DO CAFÉ SON UNHA BOA SOLUCIÓN PARA AFASTALOS E QUE NON COMAN OS AMORODOS E,  ADEMÁIS ESTES ELEMENTOS SUPOÑEN UN ENRIQUECEMENTO PARA A TERRA. POLO QUE PUXÉMONOS MANS Á OBRA EN XUNTAR CASCAS (NO COMEDOR E NAS CASAS DE CADAQUÉN) PARA POR ARREDOR DAS PLANTAS.

     

A HORTA MEDRA

                 

 

AINDA QUE O TEMPO METEREOLÓXICO NON ESTÁ FAVORECENDO MOITO O TRABALLO DE PLANTACIÓN NAS HORTAS E/ OU RETARDANDO O SEU CRECEMENTO, AS NOSAS VERDURAS VAN MEDRANDO POUCO A POUCO: patacas e cebolas, amorodos, chícharos, leitugas, porros, repolos,.. E TAMÉN AS PLANTAS AROMÁTICAS

  ASÍ DE FERMOSAS LOCEN AS NOSAS PLANTIÑASSorriso

 

E DENTRO DO INVERNADOIRO TAMÉN MEDRA DE TODO; AS VERDURAS ( cabazas, pementos, tomates, remolacha, boniatos, cabaciños, leitugas, berenxenas) E AS MALAS HERBASIndeciso 

 

DO HORTA Á MESA

                            

O ALUMNADO DE INFANTIL PLANTOU CHÍCHAROS NAS XARDINEIRAS NO SEU ENTORNO DE XOGO, POLO QUE PUIDO SEGUIR O SEU PROCESO DE CRECEMENTO. ASÍ FOI A SECUENCIA:

   1- PLANTACIÓN

   2- COIDADOS: POÑENDO APOIOS PARA GUIALOS E NON ROMPAN. E SEGUIMOS O SEU PROCESO DE CRECEMENTO

  

  3- RECOLLIDA

  4- DEGRAÑADO

 

   5- COCIÑADO. TODO O ALUMNADO DE INFANTIL PUIDO DEGUSTAR ESTE MANXAR,  QUE FOI PREPARADO POLAS CRIANZAS DE 4 ANOS DO GRUPO BSorriso

   6- DEGUSTACIÓN

    E CANTO NOS GUSTARON; QUEREMOS MÁISSSSS!Sorriso

 

PLANTACIÓN NO INVERNADOIRO

            

Co invernadoiro montado, tocaba facer a plantación e iso foi ao que se adicaron, durante unha xornada, as crianzas de 5º EP e 6º EP, con un pequena aportación de crianzas de 4 anos, coa gran axuda de Carmen e Jose, que actuaron de guías e mestres para que o traballo se levase a cabo de xeito satisfactorio e cun marcado carácter didáctico.

    

     

   AGORA A COIDAR, REGAR E RECOLLER RICOS FROITOS!!!

GRAZASSSS ENORMEMENTE A CARMEN, QUE ACOMPAÑADA DE JOSE, FORON DUNHA INMENSA AXUDA POLA SÚA SABEDORÍA E TRABALLO, PARA AS NOSAS CRIANZASSorriso

CONTACONTOS SOBRE O HORTO

                             

HOXE VISITOUNOS DE NOVO MIRIAM, A EDUCADORA DE MANS UNIDAS, QUE ESTÁN DESENVOLVENDO O PROXECTO "FAME CERO", NO NOSO COLE QUE É UN DOS QUE PARTICIPA NESTA INICIATIVA.

 

NESTA OCASIÓN, COMPARTIU UN ENCONTRO COAS CRIANZAS DE 5 E 4 ANOS REALIZANDO UN CONTACONTOS E UN XOGO DIDÁCTICO. 

EMPREGOU O CONTO "EL SECRETO DEL HUERTO DE LINO", BUSCANDO CONCIENCIAR ÁS CRIANZAS DA IMPORTANCIA DO CONSUMO DE VERDURAS E FROITAS, DE PLANTAR E CONSUMIR TODAS ELAS, DE VALORAR E RESPECTAR A QUENES FAN POSIBLE QUE CHEGUEN ÁS NOSAS MESAS, DE COIDAR A CONTORNA QUE NOS RODEA, ...

LOGO MEDIANTE UN XOGO CON DISTINTAS IMAXES DE ACCIÓNS REAIS, TRATOU DE PROVOCAR A REFLEXIÓN SOBRE ACCIÓNS QUE SON POSITIVAS OU NEGATIVAS PARA O NOSO PLANETA, CO PROPÓSITO DE FORMAR PERSOAS QUE COIDEN DA TERRA QUE NOS PIDE AXUDA, PORQUE COMO DI A CANTANTE BEBE, NA SÚA CANCIÓN "SKA DE LA TIERRA", "LA TIERRA TIENE FIEBRE, NECESITA MEDICINA Y UN POQUITO DE AMOR..."

ADEMAIS AGASALLOUNOS CUNHAS LIBRETAS PARA CADA CRIANZA, O CONTO PARA O COLE E UN XOGO DE MEMORI CON CARTAS SOBRE VERDURAS.

       GRAZAS MIRIAM POLO VOSO TRABALLO E INCIATIVASorriso

 

 

CHEGOU O INVERNADOIRO!

                  

                      TERREO PREPARADO

    INSTALACIÓN DO INVERNADOIRO EN MARCHA

 

   MONTAXE REMATADA. AGORA A PLANTAR!!!

SEMENTANDO

                

AS CRIANZAS DUN GRUPO DE 6º DE EP, DENTRO DA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL, FIXERON MACETAS CON DIVERSAS FORMAS, EMPREGANDO MATERIAL DE REFUGALLO (BOTELLAS), E NELAS COMEZARON A PLANTAR HERBAS AROMÁTICAS (CILANTRO, PEREXIL E ALBAHACA) E FLORES (LAVANDA E VERBENA). O OBXECTIVO É QUE TRABALLEN A RECICLAXE, FOMENTEN A SÚA CREATIVIDADE E SAIBAN CREAR UN MINIHORTO NO INTERIOR DA AULA, OBSERVANDO O PROCESO DE CRECEMENTO, E LOGO ALGUNHA SERÁ TRASPLANTADA AO EXTERIOR, NA ZONA DO HORTO ESCOLAR.

    

   

POLA SÚA PARTE, UN DOS GRUPOS DE 4 ANOS DE E.I., TAMÉN FIXERON NA AULA UN SEMENTEIRO DE CENOURAS, PEREXIL, PORROS, FLOCOS DE MILLO, SEMENTES DE CABAZA, DE XIRASOL E DE MANDARINA, E TAGETES. PARA SEMENTAR REUSARON MACETAS, UTILIZARON CÁSCARA DE OVOS E OVEIRAS DE CARTÓN, NESTE DOUS ÚLTIMOS CASOS, A PLANTACIÓN NESTE MATERIAL PERMITIRÁ INTRODUCIR AS PLANTAS XERMINADAS NA TERRA DIRECTAMENTE AO SER TRANSPLANTADAS POR NON SER CONTAMINANTES PARA A CONTORNA NATURAL.

 

 

OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE CON MANS UNIDAS

              

HOXE VEUNOS VISITAR MIRIAM PARA FALARNOS DA IMPORTANCIA DE LEVAR A CABO UN CONSUMO RESPONSABLE NAS NOSAS CASAS. MANS UNIDAS É UNHA ONG INTERNACIONAL ESPAÑOLA CONSTITUIDA POR VOLUNTARIOS E QUE LOITA PARA ERRADICAR A FAME E A POBREZA NO MUNDO. POR MEDIO DO PROXECTO "FAME CERO" ANALIZAMOS OS NOSOS HÁBITOS DE CONSUMO E A NECESIDADE DE CAMBIAR MOITOS DELES:

  1. ANALIZAMOS NUN VIDEO O REPARTO POUCO EQUITATIVO E A DIFERENZA ENTRE NÓS E O TERCEIRO MUNDO.
  2. FALAMOS DO QUE NÓS PODEMOS APORTAR PARA LOITAR CONTRA A DESIGUALDADE.
  3. FIXEMOS UN ESTUDO DO QUE ALMORZAMOS HABITUALMENTE.
  4. INVESTIGAMOS DE ONDE PROCEDEN MOITOS DOS NOSOS ALIMENTOS.
  5. FIXEMOS FINCAPÉ DA IMPORTANCIA DE CONSUMIR PRODUTOS LOCAIS.
  6. INCIDIMOS NA REGRA  DAS "3R" E ENGADIMOS DÚAS MÁIS: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR, REPARAR E REPENSAR.
  7. COMPROMETÉMONOS A COLABORAR PARA AXUDAR AO CAMBIO. 

VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES DA ACTIVIDADE:

 

    

Distribuir contido


by Dr. Radut