As crianzas de 5º fomos ás Illas Cíes, de gran valor natural, ecolóxico e ambiental. Habita unha extraordinaria biodiversidade con ampla variedade de ecosistemas: cantís, praias, dunas e hábitats mariños.
Un grupo de alunmado de 3º de EP, estivo a traballar no 3º trimestre na materia de valores sobre a temática que tanto nos preocupa, como é a problemática que sufre o noso planeta, a cantidade de lixo que se xera e que acaba nos ríos e mares, no estómago de moitos animais, nas carballeiras,... os recursos tamén se están esgotando por iso é moi importante a reciclaxe, dando un 2º uso a moitas cousas antes de ser debotadas.
Tomaron como referencia o libro da editorial Bahía, "salvamos o planeta!", e logo recolleron as súas conclusións en murais grupais
O alumnado de 5º de Primaria participou nunha charla de Sogama (sociedade galega do medio ambiente) no salón de actos. Tratáronse os temas da separación de residuos e da reciclaxe. As crianzas estiveron moi participativas, facendo preguntas e resolvendo dúbidas. Por exemplo, sabiades que unha copa de cristal non pode ir no colector do vidro? Agora grazas a Nuria, a ponente, podemos diferenciar o vidro do cristal. O vidro sempre leva tapa e o cristal non!
Grazas pola charla e o presente, un imán para a neveira con exemplos de lixo e co seu correspondente colector.
Dende o centro, séguense facendo accións que contribúan a mellorar as situacións de vida no noso planeta. As crianzas do ciclo de infantil gozaron dunha xornada ben fermosa e especial colaborando na plantación de máis árbores no patio de xogo, coa apreciada axuda da brigada de axentes e bombeiros forestais da Xunta, guiados por Santiago Neira, así como de Protección Civil do Concello de Teo. Plantáronse castiñeiros e árbores frotireiras para procurar e fomentar un agradable ambiente de benestar no patio de xogo (ter máis sitios de sombra, acondicionar o patio dun xeito amable e alegre no que convivir). Tamén gozaron regando coa motobomba, subindo no camión e tocando a serea. Os axentes agasallaron ás crianzas cunhas medallas pola colaboración na plantación de natureza e cunha casiña- niño para os paxariños
clicar na seguinte foto para visualizar máis fotografías da experiencia
Así quedaron as froiteiras: maciñeira, pereiras e ameixeira! Oxalá se poidan comer moitas froitas
ENMARCADO NO PLAN PROXECTA, A TRAVÉS DO PROGRAMA ESCOLA VERDE, O ALUMNADO DE CUARTO DE PRIMARIA, ACUDIU AO PEDROSO A FACER UNHA PLANTACIÓN DE DIVERSAS ÁRBORES AUTÓCTONAS (FREIXOS, CASTIÑEIROS E CARBALLOS) CO FIN DE EVITAR A DEFORESTACIÓN. ACOMPAÑÁRONNOS OS AXENTES AMBIENTAIS SANTIAGO NEIRA E XABIER VIDAL, ASÍ COMO O EQUIPO DE BRIGADISTAS E MOTOBOMBISTA DO DISTRITO FORESTAL III. APROVEITAMOS PARA VISITAR A CASETA DE VIXIANCIA DE INCENDIOS DESDE ONDE PUIDEMOS VISUALIZAR TODA A COMARCA DE SANTIAGO E ARREDORES. FIXEMOS UN PERCORRIDO POLAS RUTAS DE SENDEIRISMO DO MONTE PEDROSO E DESFRUTAMOS DUNHA XORNADA MOI DIVERTIDA EN CONTACTO COA NATUREZA.
SE CLICAS AQUÍ PODEREDES VER TÓDALAS FOTOS DESTA ACTIVIDADE.
PLANTANDO
REGANDO E "REGÁNDONOS"
VISITANDO A CASETA DE VIXIANCIA
MERENDANDO
EXPLORANDO
REMATAMOS RECIBINDO UNHAS MEDALLAS POLA NOSA COLABORACIÓN CO MEDIO AMBIENTE!!!
-- SAÍDA Á CARBALLEIRA: TRAS MOITO TEMPO DE CHUVIA, ATOPEMOS UN MOMENTO PARA DEVOLVER Á CARBALLEIRA OS TESOUROS QUE LEVARAMOS Á AULA NO OUTONO (PAUS, PINAS, CASTAÑAS, OURIZOS, FOLLAS) E APROVEITAMOS PARA OBSERVAR OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NA NATUREZA NA ESTACIÓN DE INVERNO: VISITAR O RÍO TELLA E VER CANTA AUGA LEVA, OBSERVAR ÁRBORES DE FOLLA CADUCA E TAMÉN OS PIÑEIROS DE FOLLA PERENNE, ESCOITAR ALGÚN PAXARO, DESCUBRIRON UNHA CAIXA- NIÑO QUE COLOCARAMOS NUNHA ÁRBORE HAI 2 CURSOS CON OUTRO GRUPO DE ALUMNADO, CAMIÑAR POR TERREOS CON DISTINTOS DESNIVEIS DISTINTOS AO CEMENTO,...
O FEITO DE SAÍR DOS MUROS DO COLEXIO, TAMÉN NÓS PERMITE TOMAR CONCIENCIA DAS NORMAS DE EDUCACIÓN VIARIA: COMO AS PRECAUCIÓNS QUE TER CANDO CRUZAMOS A CARRETERA OU CAMIÑAMOS POLA BEIRA ANTE A PRESENZA DE COCHES.
Dende o noso centro tamén estamos preocupados polo futuro do noso planeta e por iso queremos intentar concienciar ao noso alumnado da necesidade de reciclar, de respectar a nosa contorna, de non contaminar, de implementar conductas que beneficien o benestar de todos e todas por un mundo mellor, e non so pensar nun mesmo, porque a sociedade a conformamos todos e cada un de nós.
Por iso, neste curso colaboraremos con Mans Unidas, nun proxecto que leva por nome "FAME CERO", para tratar de concienciar ás crianzas da necesidade básica de que todas as persoas teñen dereito a ter unha boa alimentación, de rematar coa fame e a pobreza, como dereito primordial para poder tecer un futuro máis xusto e sostible.
Xa tivemos o primeiro contacto para darnos a coñecer o programa, organizar pautas a seguir e propostas a desenvolver en dúas liñas: incentivando o traballo do horto escolar para coñecer e descubrir, de xeito competencial, as posiblidades de aprendizaxe que nos pode aportar, coa compañía e a formación de Carmen, unha persoa experta nese ámbito. E por outra parte, impartiranse obradoiros de consumo responsable coa axuda de Miriam, a técnica do citado organismo.
O alumnado de Valores de 6ºC escolleu un conto na nosa biblioteca para facer unha adaptación teatral. Fixo o vestiario, decoración, maquillaxe e procuraron a música. Colaborou o alumnado de Relixión nos ensaios, na elaboración das entradas para as crianzas de Infantil e foron @s encargad@s de recoller as entradas e acomodar @s nos@s peques de 3, 4 e 5 anos. A obra estaba relacionada coa Escola Verde e empregaron material de refugallo para faceren a decoración e o vestiario.
Na materia de Relixión continuamos coa experiencia iniciada o curso pasado co alumnado de 2º curso. Dado o éxito e por petición do resto dos alumnos, decidín exportala ao conxunto do alumnado matriculado en relixión e así, durante todo o curso foi pasando o alumnado dende 4º de Infantil a 6º de Primaria.
Por medio desta actividade traballamos valores coma a constancia, o esforzo, a responsabilidade, o respecto, a sensibilidade, o altruísmo, o compromiso co medio ambente e por suposto... A ESPERANZA.
Déixovos unha pequena mostra fotográfica da actividade