Skip to Content

Desenvolvemento Sostible. Axenda 2030

ACTIVIDADE ESCOLA VERDE: SAÍDA AO IES DE VALGA.

O martes 14 de xuño, as crianzas de 6º de infantil e @s representantes do Comando Verde da Ramallosa, asistiron a unha actividade ao IES de Valga, centro da Escola Verde. Participou tamén o alcalde de Teo, Rafael Sisto.

O alumnado de 4º da ESO B coas súas batas de científic@s, foron profes das nosas nenas e nenos. Dividíronnos en tres equipos: laranxa, verde e vermello. 

Primeiro, viron os experimentos no exterior do IES para lles axudar a comprender algúns conceptos da arquitectura bioclimática. Por exemplo: a cantidade de CO2, a comprobación do efecto da orientación a respecto do sol, etc.

 

A continuación, observaron e conversaron sobre a importancia do compost e da composteira (fomos ver a do instituto) e fixeron unha práctica no laboratorio, procurando os pequenos animais que viven na composteira e utilizando os microscopios.

As nosas nenas e nenos recibiron un diploma por participar nas actividades e @s representantes do noso Comando Verde, entregáronlles ao profesorado e alumnado involucrado unhas pegatinas co noso logo como agradecemento. 

 

Moitas grazas ao profesorado, ao equipo directivo e ao alumnado do IES de Valga por conseguirdes unha xornada de integración, colaboración e aprendizaxe. O vindeiro curso continuaremos cos nosos proxectos. Somos Escola Verde!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, celebramos o día mundial do medioambiente. O Comando Verde quérevos dicir algo importante a través deste vídeo. 

PROXECTO AVES: CONSTRUIMOS CASAS

Continuamos co noso proxecto das aves cunha actividade moi interesante. Construimos casas de madeira para elas coa axuda do noso súper conserxe Ernesto e puxémolas nalgunhas árbores do patio e na carballeira, preto da nosa escola. Aproveitamos para escoitar os cantos dos paxaros e intentar averiguar cales eran, observar a natureza...

 

 

 

 

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Celebramos o día da árbore e da poesía participando nas seguintes actividades:

- Conversa sobre a importancia das árbores. Collen dioxido de carbono (tóxico) e devolven osíxeno que o necesitamos para respirar. Sen árbores non poderiamos vivir.

- Escolla dunha árbore do patio para abrazar, lerlle unha poesía e facer unha foto de lembranza.

- Debuxo ao ar libre da nosa árbore.

 

 

 

DÍA DA POESÍA

Outra conmemoración recollida no calendario escolar e dentro das propostas da biblioteca,  é o DÍA DA POESÍA.

Quixemos, nesta ocasión, darlle a palabra aos versos, ás rimas, á armonía,... xunto coa natureza.

A proposta era escoller unha árbore do patio e xunto a ela, dialogar da súa importancia (limpan o aire que respiramos, dan sombra, serven de cabixo a paxaros, dan madeira para facer mobles e xoguetes entre outras moitas) e logo lerlle un poema, que seguro lles gustaría e lle axudará a medrar moito máis.Sorriso

 

                     (CLICAR NA IMAXE PARA ACCEDER A MÁIS FOTOS DESTA PROPOSTA)

RECICLAXE DE MALAS NOVAS

Anxo Moure visitou o CEIP da Ramallosa. Por que?

Pois grazas á colaboración co Consorcio editorial, o "carballo con botas", que así se presentou, veu pasar unha xornada no colexio para facer un taller de reciclaxe de papel.

Esta actividade, da cal gozaron, alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, baseábase en transformar as noticias malas/ negativas en amor; nun corazón. Pero unha proposta estivo adornada de historias dos carballos, verbas de respeto, de rexeitamento a todo tipo de guerras e inxustizas.

Para iso, a pasada semana da prensa, estivemos traballando sobre este texto de uso social, e o alumnado buscou noticias negativas que hoxe, mediante a reciclaxe, convertiron nun CORAZÓN. Porque a "Papeliño", que así se chamaba a personaxe que acompañaba ao noso escritor, contantos, pacifista, ecoloxista,..., Anxo Moure, non lle gustaba a violencia, os gritos, as guerras, os insultos,...; solo lle gustaba a Paz, o amor, a tolerancia,... VALORES propicios para cambiara o mundo con corazón.

Finalmente a sesión remataba con ledicia e baile ao ritmo dos compases dunha pandeireta.

E tamén aproveitamos para que o alumnado de 2º, lle fixera unha entrevista no noso estudio de radio escolar Ramalloseir@s, e Anxo aceptou encantado.

GRAZAS CARBALLO CON BOTAS POR ENSINARNOS A RECICLAR E COIDAR O NOSO ENTORNO E O NOSO PLANETASorriso

     CLICAR NA IMAXE PARA VISUALIZAR MÁIS FOTOS

     

Preme na imaxe para escoitar a entrevista a "Anxo Moure" en "Radio Ramalloseir@s"

NADAL VERDE

"QUEREMOS TER UN MEDIO SAUDABLE"

COMO XA INDICAMOS NUNHA ENTRADA ANTERIOR, FIXEMOS UNS CARTEIS, CON LEMAS SOBRE ACCIÓNS QUE SE PODEN FACER PARA MELLORAR O COIDADO DO NOSO MEDIO NATURAL, E ASÍ CONTRIBUÍR A CONSEGUIR UN ENTORNO MÁIS SAÚDABLE PARA TOD@S. PREOCUPAD@S POLA SITUACIÓN DO PLANETA, QUIXEMOS POÑER O NOSO GRAN DE AREA PARA COIDAR O NOSO PLANETA, QUE É DE TOD@S!!

ESES CARTEIS, XA LISTOS, SAÍRON DA ESCOLA PARA SER REPARTIDOS, DAS MANS DAS CRIANZAS, POR LUGARES DO CONCELLO E ALGÚNS NO COLEXIO, PARA SER VISIBLES POLA COMUNIDADE E PODER CHEGAR A MOITA XENTE, CO PROPÓSITO DE QUE TOMEN CONCIENCIA QUE PRECISAMOS A IMPLICACIÓN DE TOD@S PARA CONSEGUIR MELLORAS.

           FUTURO DO PLANETA, PASA POLA ACCIÓN CONXUNTA DE TOD@S E CADA UN DE NÓS.

  

  

     

  

 

 

RAMALLOSEIR@S COA NATUREZA: COMANDO VERDE

No noso proxecto da Escola Verde participamos todo o Claustro. Para facilitar a organización, constituímos un Comando Verde formado por:

  • Rafael Vilar Seoane (mestre de Educación Física e director do Centro)
  • Ernesto Rey Salgado (conserxe e pai dun alumno).
  • Mónica Seoane Maseda (titora de 6º de Infantil A)
  • María Jesús Mateos Macías (titora de 4ºC) 
  • Isabel Turnes García (titora de  2ºA)
  • José Juan Eiras Sánchez (mestre de PT)
  • Lea González López (alumna de 6ºB)
  • Felipe Macías Vázquez (alumno de 6ºA)
  • Laura García Díaz (Coordinadora e titora de 6º de Infantil B).

As fotos son do día da primeira reunión coa Lea e o Felipe. Chegaron con moitas ideas e ganas de traballar! Fixemos entrega dunhas chapas co noso logo.

Grazas, somos un súper equipo!

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut