Skip to Content

Desenvolvemento Sostible. Axenda 2030

"DESPLASTIFÍCAME"

Como xa indicamos na entrada anterior, o propio día 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente, quixemos recordalo como unha data especialmente significativa para nós, ante o proxecto no que estivemos inmersos ao longo do curso e coa mirada posta no problema do cambio climático

Coa colaboración das familias, a meirande parte das merendas neste días, eran sen plásticos. Tamén aproveitamos para falar e reflexionar  sobre a gran cantidade de plásticos que se foron xerando nas merendas de cada día; a partir dos datos que foron anotando ao longo do curso.

Xúntamos no patio todo o colexio, como acto simbólico e, fixemos un círculo (representando a Terra) arredor do colector amarelo, leronse unhas palabras de reflexión e de consellos sobre o uso do plástico dun so uso. Quixemos darlle visibilidade a este grave problema que está supoñendo para o noso planeta e todas e todos alzamos as voces ao unísono para berrar "DESPLASTIFÍCAME"

       

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!

Ao longo deste curso, estivemos levando a cabo unha iniciativa de concienciación sobre o uso de residuos plásticos dun só uso. Co que xeramos cada día, nas merendas de media mañá, enchemos un colector aproximademente cada 15 días, e tan só no noso cole.

Reflexionemos: se extrapolamos estes datos a todas as merendas do conxunto dos colexios galegos, decataríamonos da grandísima cantidade de residuo plástico que producimos. 

Está nas nosas mans contribuír a ter un planeta máis limpo e saudable.                          

Desplastifícame montaxe

O 5 de Xuño conmemórase o DÍA MUNDIAL DO  MEDIO AMBIENTE,  e dende o colexio queremos facer un acto simbólico e para iso, propoñémosvos que ese día, asmerendas das vosas crianzas non traian plásticos dun só usoO planeta pide axuda "DESPLASTIFÍCAME", é o lema que escollemos para conmemorar esta data. 

Na nosa biblioteca propuxemos lecturas sobre a   temática que enriquecen a aprendizaxe e convidan á reflexión. 

FOMOS A VER "NAUTILUS"

O pasado luns, 20 de marzo, fomos a ver a peza teatral "NAUTILUS" Gañadora do premio FETEN 2020 á mellor proposta orixinal pola súa sensibilización medioambiental. Organizada por AFUNDACIÓN ABANCA, Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras “20.000 leguas de viaxe submarino” de XULIO VERNE cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos, facendo fincapé na problemática dos PLÁSTICOS. Despois do teatro, fixemos unha ruta turística polo casco antigo de Santiago. PINCHA AQUÍ PAR A VER AS FOTOS

                     

 

1º COLECTOR DE PLÁSTICO

Xa se encheu o 1º colector de plástico dun so uso xerados nas merendas das crianzas: tan só en 13 días- entre o 16 de Xaneiro e o 1 de FebreiroSorprendidoSorprendidoTriste

Ánimo!, seguro que pouco a pouco nos iremos concienciando na redución deste tipo de lixoSorriso

            

MISIÓN PLÁSTICO

Como anunciamos hai uns días. dentro do programa "escola verde", no que estamos inmersos, un dos obxectivos é concienciar e sensibilizar ás crianzas da necesidade de reducir a cantidade de plástico dun so uso, a través das merendas, co desexo que esta actitude se traslade á vida diaria. 

Para iso propúxose, analizar e rexistrar diariamente o plástico que traen nas merendas, e dialogar sobre posibles alternativas. Depositando o plástico cada día/semana, no colector amarelo, imos observando como vai aumentando con gran celeridade en pouco tempo.

A seguinte imaxe foi tomada 2 semanas despois de iniciarse a recollida

Familias, descargade a nota explicativa para saber máis.

COMANDO VERDE INFORMA

Unha das actividades que queremos empezar neste trimestre, é concienciar ao noso alumnado da necesidade de reducir o consumo de plásticos. O obxectivo que queremos acadar é o redución do consumo de plásticos nas merendas do noso alumnado, especialmente daqueles que sexan dun so uso.

Esta actividade terá varias fases, a primeira delas consistirá na presentación e motivación da mesma, e para iso o "Comando Verde", facilitámosvos un material que se o considerades pertinente, podedes empregar. Ao mesmo tempo, iniciaremos en cada aula unha recollida diaria de datos do consumo de plásticos (facilitaremos táboa). Estes táboas serán de utilidade para ir vendo a evolución dos nosos hábitos de grupo e de escola.

No momento de comezo desta actividade, colocaremos, nun lugar accesible do patio, un colector amarelo onde o alumnado depositará os plásticos usados diariamente. Este colector estará aberto pola parte frontal, para que poidamos ver como medra a cantidade de residuos que xeramos e así nos sexa máis fácil motivar o cambio de actitudes en canto ao noso consumo.

                         

Mundo bichos

Visitounos o entomólogo Miguel Santamaría para participar no obradoiro de insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Vivimos unha experiencia moi interesante! Podedes descubrila no seguinte vídeo (clicade na imaxe). Grazas, Miguel!

REMATE FINAL

CHEGOU O ÚLTIMO DÍA DO CURSO, UN DÍA MOI DESEXADO POLAS VACACIÓNS QUIZÁIS, SEN EMBARGO, TAMÉN DE DESPEDIDA OU ATA DENTRO DUNS MESES; EN CALQUERA CASO UN DÍA DE EMOCIÓNS

PARA PECHAR ESTA ETAPA INFANTIL, QUIXEMOS FACER UNHA PROPOSTA MÁXICA E EXPERIMENTAL PARA O ALUMNADO DE 5 ANOS; FIXEMOS A NOSA "CÁPSULA DO TEMPO". NESTE CASO AS CRIANZAS DEBUXARON E RECOLLERON COMO IMAXINABAN O PATIO CANDO ESTIVERAN EN 6º DE PRIMARIA, INTRODUCÍMOLO NUN BOTE E ENTERRÁMOLO NUN LUGAR DO PATIO DE INFANTIL SEGUINDO AS PISTAS DUN MAPA, PARA QUE TAMÉN NO  ANO2028, CANDO SE ABRA ESTE TESOURO, RECORDEMOS ONDE FORA ENTERRADO.

 

 ALÓ NO ANO 2028, SABREMOS SE AS SÚAS PREMONICIÓNS SE CUMPLEN!!!Risa

PRODUTO FINAL: VÍDEO ESCOLA VERDE.

Podedes ver un resumo do noso proxecto Escola Verde no vídeo. Continuaremos a traballar por un medio ambiente máis saudábel e unha escola máis ecolóxica. 

LA MÉTÉO

- Preme na imaxe para visionar todos os vídeos -

Distribuir contido


by Dr. Radut