"DESPLASTIFÍCAME"
Como xa indicamos na entrada anterior, o propio día 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente, quixemos recordalo como unha data especialmente significativa para nós, ante o proxecto no que estivemos inmersos ao longo do curso e coa mirada posta no problema do cambio climático
Coa colaboración das familias, a meirande parte das merendas neste días, eran sen plásticos. Tamén aproveitamos para falar e reflexionar sobre a gran cantidade de plásticos que se foron xerando nas merendas de cada día; a partir dos datos que foron anotando ao longo do curso.
Xúntamos no patio todo o colexio, como acto simbólico e, fixemos un círculo (representando a Terra) arredor do colector amarelo, leronse unhas palabras de reflexión e de consellos sobre o uso do plástico dun so uso. Quixemos darlle visibilidade a este grave problema que está supoñendo para o noso planeta e todas e todos alzamos as voces ao unísono para berrar "DESPLASTIFÍCAME"