Skip to Content

Horta Escolar

Desenvolvemento da nosa Horta Escolar

HORTA PREPARADA!

Grazas a axuda do noso súper conserxe e das mestras e mestres conseguimos facer a nosa horta: catro bancais, zona de aromáticas, flores, zona de amorodos, bancal na terra para observar o proceso das sementes plantadas nas aulas e composteira.

Bancais antes de pintar                                                  Bancais preparados

  

Zona de aromáticas e flores                                           Zona amorodos e bancal na terra

 

INICIANDO PLANTACIÓN

O ALUMNADO DE INFANTIL TAMÉN PUXO A PUNTO A SÚAS XARDINEIRAS PARA VER O PROCESO DE CRECEMENTO DALGUNHAS LEGUMES E  RESPONSABILIZARSE DO SEU COIDADO.

NESTA OCASIÓN, OPTAMOS POR PLANTAR CHÍCHAROS E TRANSPLANTAR AS FABAS E LENTELLAS, PREVIAMENTE XERMINADAS NAS AULAS.

E SEGUIMOS PLANTANDO MILLO DE FLOCOS, XA QUE GUSTOUNOS MOITO O CURSO PASADO, PARA LOGO RECOLECTAR E PODER DEGUSTAR OS NOSOS FLOCOS DE XEITO NATURAL ACOMPAÑANDO UNHA PELI NUN DÍA ESPECIAL.Sorriso

 

           BOA COLLEITA!!

 

RECHEANDO DE TERRA

OS BANCAIS PARA PLANTAR AS HORTALIZAS, QUE SE XERMINARON NAS AULAS E OUTRAS, XA ESTÁ PREPARADOS.

QUIXEMOS APORTAR O NOSO GRAN DE AREA E COLLEMOS CALDEIROS E PÁS E BOTAMOS UNHA MAN NO PROCESO DE RECHEAR OS BANCAIS DE TERRA; AÍNDA QUE O PROFE PABLO FIXO PRACTICAMENTE TODO ESTE PROCESO.

ALGO É ALGO!! E CANTA MOTRICIDADE SE DESENVOLVE CO XIRO DAS MUÑECAS!Sorprendido, CON ESTAS TAREFAS; ENCHER, VALEIRAR, TRANSPORTAR, APLANAR,.. QUE LOGO NOS AXUDAN NO TRAZO DAS LETRAS, POR EXEMPLO.

 

 

DESPOIS QUIXEMOS SEGUIR CON ACCIÓNS MEDIOAMBIENTAIS, E PUXÉMONOS A RECOLLER LIXO POLO PATIO.

CANDO NOS XUNTAMOS, TOS@S TRAÍAN LIXO: "QUE MAL", "OS MAIORES NON COIDAN O PATIO" "PERO HAI MOITAS PAPELEIRAS, PORQUE NON AS USAN?"...

VARIOS ERAN OS COMENTARIOS, NON ENTENDÍAN COMO HABÍA TANTOS RESTOS, NON LLES GUSTOU RECOLLER TANTO LIXO NO PATIO, NO CAL XOGARÁN O VINDEIRO CURSO.

"CANDO VEXAMOS TIRAR ALGO NO CHAN LLES DICIMOS QUE OS TIREN NA PAPELEIRA E SENÓN NOS FAN CASO O RECOLLO EU"; ERA UNHA REFLEXIÓN FEITA POR ALGUNHA CRIANZASorrisoSorriso

    POUCO A POUCO, IMOS INTRODUCIR CAMBIOS QUE MELLOREN  O ENTORNO E SEGURO QUE CONSEGUIRÁN TER UN AMBIENTE AGRADABLE E LIMPO NO QUE XOGAR E GOZAR!!!

PRIMEIRA MISIÓN

O Comando Verde necesita da vosa axuda! 

Enviámosvos a primeira misión: apañar pedras do patio para utilizar como drenaxe dos nosos bancais. 

Falta menos para comezar a traballar na nosa horta ecolóxica! 

Tod@s xunt@s conseguirémolo!

 

SEMENTAR SEMENTAREI

Xa pasou a Candeloria, polo que hai que comezar a facer as sementeiras das verduras e hortalizas que logo queremos plantar no noso horto, que xa está a piques de iniciar a súa montaxe.Sorriso

Un grupo de infantil, coa axuda ademais de Sarai e Silvia, dúas rapazas en prácticas no departamento de orientación, comezou a facer a sementeiras de varias hortalizas: leituga rizada, lentellas, fabas, chícharos, pementos de Padrón, tomates, espinacas, porros, repolo de cores, e tamén pipas de xirasol.

Tamén aproveitamos a reutilizar materiais usando: botes de iogur, macetas usadas e oveiras para facer as sementeiras

  

   


As sementeiras xa están feitas, agora toca agardar e vixiar o seu xerminar!!!

Non quixemos esquecernos que tamén é moi importante repoblar os montes con novas árbores, para contribuir ao coidado da nosa contorna natural, polo que plantamos castañas e landras; esperamos que xerminen e logo buscarlles un lugar no patio do colexio ou na carballeira colindante

E tamén probamos a xeminar as sementes dunha mazá, aproveitamos a froita da merenda dunha crianza:

1- Quitamos as pipas, deixámolas a abrandar en auga,

2- quitámoslle a cáscara exterior, que é máis dura, para favorecer a xerminación dun xeito máis rápido,

3- humedecemos un papel, introducímolas dentro do mesmo e

4- gardámolas nun taper frente á ventá. 

    

 

Agora toca esperar a ver se o proceso chega ao seu fin!!

 

Formación Inicial. HORTA ESCOLAR

Formación impartida polo recoñecido Óscar Fernández Cutrín. Achegamos varios artigos sobre a súa labor:

"Evida Horta" A horta que liberou a Óscar

A batata toma a horta estradense

No CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), iniciamos este proxecto da horta escolar a través do proxecto ESCOLA VERDE. Tentando dar continuidade ao Proxecto EcoTeo e dando un salto cuantitativo e cualitativo con respecto a actividades previas relacionadas co coidado do medio ambiente, etc.

Neste caso centrándonos na importancia de non perdermos as nosas hortas. Esta vivencia única de planificar e humanizar espazos do patio, seleccionar as especies que deberiamos plantar en cada momento, plantar, recoller... Conlevará un sen fín de aprendizaxes significativas relacionadas coa forma tradicional de entender a relación e "equilibrio vital" co noso entorno. 

HORTA

(PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR A PRESENTACIÓN COS CONTIDOS DA FORMACIÓN)

PONENCIA SOBRE HORTA ECOLÓXICA

Óscar Fernández Cutrín visitou o noso cole para explicar ás crianzas de 3º de Primaria coñecementos que nos axudarán a pór en andamento a nosa horta ecolóxica. Moitas grazas por partillares a túa sabedoría!

  

ESCOLA VERDE- COIDANDO CONTORNA

 COIDANDO A NOSA CONTORNA

   XA COMEZAMOS O CURSO PASADO,O FOMENTO E CONCIENCIACIÓN DA NECESIDADE DE AXUDAR A MANTER LIMPO A NOSA CONTORNA, COMEZANDO POLO NOSO PATIO DE XOGOS. MÁIS AS NOSAS CRIANZAS, APRENDEN BEN E AXIÑA; ÍAMOS COA IDEA E ILUSIÓN DE APAÑAR CASTAÑAS DOS NOSOS CASTIÑEIROS NO PATIO GRANDE, PERO ATOPARON LIXO E QUIXERON POÑERSE A RECOLLER PLÁSTICOSSorriso, POIS NON ENTENDEN COMO @S COMPAÑEIR@S MAIORES TIRAN O LIXO NO CHAN CANDO MERENDAN.Chora

 

   - XA INICIAMOS A LIMPEZA DAS XARDINEIRAS, DAS MALAS HERBAS QUE MEDRARON DURANTE O VERÁN, PARA LOGO PODER PLANTAR NOVOS FROITOS DE TEMPADA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut