Skip to Content

Blogue de MoniSeoane

FESTEXANDO O MAGOSTO

TRAS FESTEXAR O SAN MARTIÑO, COMO FESTA LOCAL DO CONCELLO DE TEO NO 11 DE NOVEMBRO, AO DÍA SEGUINTE NA ESCOLA SEGUIMOS CELEBRANDO, DÁNDOLLE PROTAGONISMO Á CASTAÑA, CO MAGOSTO.

---- APROVEITANDO QUE AS CRIANZAS APORTABAN CASTAÑAS PARA ASAR E DEGUSTAR, FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE MATEMÁTICAS CON ESTE FROITO: 

   1º AS CRIANZAS FIXERON UNHA ESTIMACIÓN DAS CASTAÑAS QUE APORTABAN COMO GRUPO E ANOTARON UNHA CANTIDADE

   2º REFLEXIONARON E ACORDARON QUE A MELLOR MANEIRA DE CONTAR MÁIS RÁPIDO AS CASTAÑAS ERA AGRUPANDO EN DECENAS, E PUXÉRONO EN PRÁCTICA

   3º CONTARON OS GRUPOS RESULTANTES E SE HABÍA CASTAÑAS SUELTAS. E DESPOIS PASAMOS A CONTAR E REFLEXALO NA SERIE 

   4º REPRESENTARON NO PAPEL ESTE TRABALLO COMO CADAQUÉN O VIVENCIOU OU O PENSOU

 

 

  

 

 ---- XOGOS POPULARES PARA DESFRUTAR COS COMPIS: A CASTAÑA POR DETRÁS, CHAPAS, ARRASTRAMORTOS E COMECASTAÑAS

 

 

 

--- DEGUSTÁRONSE CASTAÑAS ASADAS, ACOMPAÑADOS DO SON DOS UQUELELES E DA GAITA CON COMPAÑEIR@S DOUTROS NIVEIS E ALGÚNS DESCUBRIRON QUE OS TIZÓNS PODEN TISNAR, GRAZAS AO MESTRE XABISorriso

   

MOITOS PARABÉNS DIEGO

O PASADO VENRES 8 DE NOVEMBRO, O NOSO COMPAÑEIRO DIEGO ESTIVO DE ANIVERSARIO, XA 5 ANIÑOS E,  QUIXEMOS FESTEXAR CON EL ESTE DÍA ESPECIAL, COMPARTINDO UN BIZCOITO E UNS NEVADITOS QUE NOS TROUXO.

MOITOSSS PARABÉNSSS DIEGO, E QUE CUMPLASSS MOITOSSSS MÁISSSSS!Sorriso 

                                 

 

FESTEXANDO O SAMAÍN

A CONMEMORACIÓN DO SAMAÍN, ESTASE INCORPORANDO COMO UNHA DATA QUE LLES GUSTA FESTEXAR ÁS CRIANZAS, AÍNDA QUE INCORPORANDO DOSES PROPIAS DOUTRAS CULTURAS ("HALLOWEEN"), MISTURADAS CON TRADICIÓNS CULTURAIS PROPIAS;  CONVERTÉNDOSE NUNHA FESTA DE FAMILIARIZACIÓN CON PERSONAXES DE MEDO SorprendidoQUE SE MOSTRAN EN FORMA DE CABAZAS DECORADAS, MÁSCARAS E DISFRACES TERRORÍFICOSSorriso

POLO QUE APROVÉITASE NA ESCOLA PARA AMBIENTAR OS ESPAZOS CON DECORACIÓN PROPIA DESTAS DATAS: BRUXAS, ARAÑAS, ESQUELETOS, MOMIAS, PANTASMAS, HOMELOBO, VAMPIROS, LUCES, MÚSICA, ...

- NA NOSA AULA, TAMÉN APROVEITAMOS POÑER A TRABALLAR A NOSA IMAXINACIÓN, CREANDO A NOSA PROPIA PERSONAXE TERRORÍFICA E ADEMAIS CON PODERES (PRACTICANDO ASI A LINGUAXE PLÁSTICA E TAMÉN A ESCRITA DE FORMA CONTEXTUALIZADA)

 

   - CAPTURANDO OBXECTOS QUE PROVOCAN MEDO A TRAVÉS DUNHA TEA DE ARAÑA: ARAÑAS, SERPES, ESQUELETES, OLLOS, MOSCAS,.. (ESTIMULANDO A MOTIRICIDADE, A PINZA DIXITAL PARA UN BO AGARRE DOS UTENSILIOS DE ESCRITURA)

 

                                  - DECORACIÓN DE CABAZAS

  

    

                                       - MERENDAS TEMÁTICAS

 

                      - DISFRACES TERRORÍFICOS

 

 

- ADEMAIS DE DISFRAZARSE E DE DEGUSTAR MERENDAS TEMÁTICAS, TAMÉN QUIXEMOS INCORPORAR UN DOSE DE CINE NESTE DÍA DE FESTEXO, FACENDO O VISIONADO DE PEQUENOS CONTOS CON TEMÁTICAS DE MEDO (QUE TAMÉN SE ANDIVERAN LENDO NOS DÍAS PREVIOS); A BRUXA REGAÑADENTES, OS PAPÓNS, CORRE CORRE CABACIÑA, A INCRIBLE HISTORIA DA NENAPAXARO E O GALOPÍN E OS SETE CABRITOS.

PREVIAMENTE AS CRIANZAS ANOTÁRONSE NUNHA LISTA NA ENTRADA DE CADA AULA (QUE SE CONVERTIU POR UN MOMENTO NUNHA SALA DE CINE) SEGUNDO O CONTO QUE LLES GUSTARÍA VER E LOGO PUIDERON GOZAR DA DRAMATIZACIÓN- PELI ACOMPAÑADA DUNHAS PALOMITASGuiño

  

     

PROPOSTAS OUTONAIS

COMPARTIMOS UNHAS PROPOSTAS, REALIZADAS EN PEQUENO GRUPO, RELACIONADAS COA ESTACIÓN DE OUTONO, QUE AXUDAN A IDENTIFICAR E FAMILIARIZARSE CON FROIT@S DA ÉPOCA, ADEMÁIS DOUTROS OBXECTIVOS:

   - FOMENTAN A CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN E CAPACIDADE DE PLASMACIÓN SOBRE PAPEL DA SÚA CREACIÓN-- COMPOÑER CARAS CON FROITOS DE OUTONO

  

  

   - POTENCIAN O RECOÑECEMENTO E REPRESENTACIÓN DA CANTIDADE, O CONTEO E O REXISTRO DE OPERACIÓNS-- TIRADA DE DADOS E POÑER TANTOS PUNTOS NO COGOMELO COMO INDIQUE A CANTIDADE NOS DADOS, TENDO QUE CONTAR E OBTER UNHA SUMA QUE LOGO REXISTRAN

 

 

   - USO DA TÉCNICA DE FROTADO E ESTIMULACIÓN DA MOTRICIDADE NO EMPREGO DA TESOIRA -- FROTAR CON CERAS OBTENDO O DESEÑO DE FOLLAS DIFERENTES QUE LOGO RECORTAN PARA DECORAR UNHA ÁRBORE OUTONAL

 

 

   - COMPOSICIÓN DE PALABRAS QUE SUPÓN O RECOÑECEMENTO FONOLÓXICO DAS LETRAS E ACHEGAMENTO Á LECTURA -- COMPOÑER O NOME DE DIFERENTES FROITAS CON LETRAS MÓVILES, CADAQUÉN SEGUNDO A ETAPA NA QUE SE ATOPA E OS FONEMAS QUE IDENTIFICA (COMO SE OBSERVA NALGUNHA IMAXE)

 

ALGUNHA PALABRA NON SE CORRESPONDE COA IMAXE        "L" (LA) "A" (RAN) "XA" (XA)- ETAPA SILÁBICA, 

AO LER A TARXETA, XA SE DAN CONTAN E RECOLOCAN           UNHA LETRA POR SÍLABA, AGÁS NA ÚLTIMA

  

 AO LERLLE A PALABRA, A CRIANZA DASE CONTA QUE É                  USAN MINÚSCULAS OU MAIÚSCULAS COMO PREFIRAN

 O FONEMA "Z" E NON O "C", NESTE CASO

ANIVERSARIO DE EVA

COMEZAMOS OS FESTEXOS DOS ANIVERSARIOS NESTE CURSO, COA NOSA COMPI EVA, QUE XA FORMA PARTE DO GRUPO DAS CRIANZAS QUE CUMPLIRON 5 ANIÑOS.

MOITOSSS PARABÉNSSS EVA!!!   E QUE CUMPLASSSSSS MOITOSSSSS MÁISSSSS!!!Sorriso

SAÍDA AOS GALICREQUES

IGUAL CA NOS ANOS ANTERIORES, ESTE CURSO, TODO O ALUMNADO DE INFANTIL ASISTIU AO XXIX FESTIVAL INTERNACIONAL DE GALICREQUES EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. NESTE OCASIÓN, A ACTUACIÓN Á QUE SE ASISTIU TIVO LUGAR NA ALAMEDA, E CONTABA CON TÍTERES E MÚSICA, SEN APENAS CONVERSAS, ERA PRESENTADA POLO PAÍS VECIÑO, PORTUGAL, E LEVABA POR TÍTULO “AS MARIONETAS TAMBÉN TÉM CORAÇAO ”, QUE FIXO AS DELICIAS DAS CRIANZAS, QUENES EN VARIAS OCASIÓNS BAILARON AO SON DA MÚSICA.

 

 APROVEITAMOS A DAR UNHA PEQUENA VOLTIÑA POLOS ARREDORES, NA ALAMEDA, VER OS PARRULIÑOS DA FONTE E A ESCULTURA DAS MARÍAS

BRIGADA DE LIMPEZA EN ACCIÓN!

XA SE PUXERON EN ACCIÓN AS BRIGADAS DE LIMPEZA CO ALUMNADO DE 6º EI, CONCIENCIADOS DA IMPORTANCIA DE MANTER LIMPO O PATIO DE XOGO, E EN COIDAR A CONTORNA.

  

E ADEMAIS NESTE CURSO, ADEMAIS DOS RESTOS ORGÁNICOS DAS MERENDAS, VOLTAMOS RECOLLER OS RESTOS ORGÁNICOS NO COMEDOR PARA FACER COMPOS QUE SIRVA DE ABONO PARA A NOSA HORTA

 

 

 

ARREDOR DA HORTA

 CONTACTO COA HORTA DO ALUMNADO DE 5 ANOS, TANTO NO INVERDADOIRO COMO NAS XARDINEIRAS QUE SE ATOPAN NO PATIO EXTERIOR ONDE XOGAN O ALUMNADO DE INFANTIL

    * DEGUSTARON CHERRYS (QUEN LLE APETECE) DO NOSO INVERNADOIRO QUE SE PLANTARON NO CURSO ANTERIOR. TAMÉN NACERON MOITAS CABAZAS; RECOLLÉRONSE AS MÁIS GRANDES E AS ENTREGARON NO COMEDOR. AS CABAZAS PEQUENAS EMPRÉGANSE PARA DECORAR POLA DATA DO SAMAÍN

    

    

     

 

    

 

 

   

   PREPAROUSE UN PEQUENO TERREO DO PATIO DE INFANTIL NO QUE ATOPARON UN SAPO, MIÑOCAS, VERMES, ARAÑAS,... (QUE EXPECTACIÓN!), E  PLANTÁRONSE CHÍCHAROS COA AXUDA DE JOSE, NOSO "MESTRE" DO HORTO QUE NOS ACOMPAÑARÁ NOUTRAS OCASIÓNS AO LONGO DO CURSO, CON MOTIVO DO PROXECTO DE MANS UNIDAS, "FAME CERO", NO QUE O CENTRO SEGUE PARTICIPANDO.

 

 

 

  TAMÉN SE INICIOU A ARRANCAR AS HERBAS DUNHA XARDINEIRA, NO QUE SE ÍAN PLANTAR REPOLOS PERO NON CHEGOU O TEMPO; SERÁ NA VINDEIRA SESIÓN

 

PROPOSTAS VARIADAS

NESTAS PRIMEIRAS SEMANAS DE CURSO, INICIAMOS DIFERENTES PROPOSTAS RELACIONADAS COA LOXICAMATEMÁTICA, AS CREACIÓNS ARTÍSTICAS, O ÁMBITO DAS LETRAS, A HORTA ESCOLAR, ENTRE OUTRAS, QUE TAMÉN SERVIRON PARA FACER UNHA PRIMEIRA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO, OBSERVANDO EN QUE ETAPA E MOMENTO MADURATIVO SE ATOPA CADA CRIANZA PARA LOGO FACER AS INTERVENCIÓNS INDIVIDUAIS QUE LLE AXUDEN A SEGUIR AVANZANDO E APRENDENDO.

    - ASOCIAR A CANTIDADE DAS FICHAS DE DOMINÓ CO CARDINAL CORRESPONDENTE

   

  - CASAS DE DESCOMPOSICIÓN DE CANTIDADES. IMOS APROVEITANDO A DATA DIARIA PARA IR MANIPIULANDO, COMPOÑENDO E OBSERVANDO MANEIRAS DE REPARTIR UN NÚMERO, INICIÁNDOSE NAS OPERACIÓNS DE SUMAR E RESTAR. ADEMAIS DE PRACTICAR O TRAZO DOS NÚMEROS, O CONTEO, A IDENTIFICACIÓN DO CARDINAL

  

 

 

  - APROVEITAMOS A SAÍDA AO GALICREQUES PARA CONTAR OS CARTOS PRECISOS PARA A ENTRADA E PARA O AUTOBÚS:

      *CONTEO DOS BILLETES E MOEDAS NECESARIOS PARA CADA UN E LOGO CANTOS RESULTAN XUNTANDO OS DE TODO O GRUPO.TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VER AS MOEDAS DE 1€, 2€, 50CTS, 5€ E 10€. APOIO SOBRE A SERIE NUMÉRICA OBSERVANDO QUE AO IR AVANZANDO DE 5 EN 5 QUE ACONTECE (TODOS OS NÚMEROS REMATAN EN 5 OU EN 0). 

 

  

      * REXISTRO SOBRE PAPEL, TENDO QUE IDENTIFICAR AS CANTIDADES RESULTANTES DE XUNTAR OS CARTOS PARA A ENTRADA DE TODO O GRUPO E O MESMO PARA PAGAR O AUTOBÚS 

    

    - IDENTIFICACIÓN DOS NÚMEROS QUE SE LLES INDICA, ORDENACIÓN DOS MESMOS EN ORDE ASCENDENTE E AGRUPACIÓN POR FAMILIAS

      

   - APROVEITAR A DATA DIARIA PARA IDENTIFICAR O CARDINAL, SITUALO NA SERIE E IDENTIFICAR O ANTERIOR E POSTERIOR, FACER CONTEO DA CANTIDADE CON PUNTOS, CON DEDOS E PALILLOS (QUE PERMITE IR FAMILIARIZÁNDOSE COAS DECENAS E UNIDADES)

 

   - COMPOSICIÓN DAS FAMILIAS DOS NÚMEROS (10+ 1= 11/ 10+2= 12...) E REPRESENTACIÓN TAMÉN CON REGRETAS (XA SUPÓN UN DOMINIO DAS CANTIDADES E CAPACIDADE DE ABSTRACIÓN PARA ENTENDER QUE A REGRETA LARANXA REPRESENTA O Nº 10, POR EXEMPLO)

  

   - CREACIÓN DUNHA PERSONAXE; A PROPOSTA TIÑA VARIOS OBXECTIVOS, É DICIR, DUN XEITO GLOBALIZADO TIÑA VARIAS TAREFAS ATA O RESULTADO FINAL:

      * USO DA TESOIRA- FOMENTANDO A MOTRICIDADE FINA

           

      * CREACIÓN- DEBUXO DUNHA PERSONAXE INVENTADA (FOMENTO DA CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN)

      * INVENCIÓN DUN NOME E DESCRICIÓN DESA PERSONAXE (COMO SE OBSERVA NAS IMAXES HAI DIFERENTES ETAPAS DA ESCRITURA)

     

   

BENVID@S A UN NOVO CURSO

UN CURSO MÁIS, EMPREGAREMOS ESTE BLOG PARA COMPARTIR ALGUNHAS PROPOSTAS E ACTIVIDADES QUE LEVAMOS A CABO TANTO NA AULA COMO A NIVEL DE CENTRO E TAMÉN FÓRA DO MESMO, QUE SUPOÑAN EXPERCIENCIAS DE APRENDIZAXE PARA AS NOSAS CRIANZAS.

A AULA, COMO ESPAZO FÍSICO E DE CONVIVENCIA, ONDE COMPARTIMOS MOITAS EXPERIENCIAS E APRENDIZAXES, É UN RECURSO A TER EN CONTA NO SEU DESEÑO E ORGANIZACIÓN, NO QUE O ALUMNADO DEBE SENTIRSE AGUSTO. TAL É ASÍ QUE SE REALIZARON ALGÚNS CAMBIOS E, PARECE QUE RESULTARON DO SEU AGRADO OU POLO MENOS XERARON SORPRESA NAS CRIANZAS CANDO ENTRARON POR PRIMEIRA VEZ NA AULA.

      

Distribuir contido


by Dr. Radut