FESTEXANDO O SAMAÍN
A CONMEMORACIÓN DO SAMAÍN, ESTASE INCORPORANDO COMO UNHA DATA QUE LLES GUSTA FESTEXAR ÁS CRIANZAS, AÍNDA QUE INCORPORANDO DOSES PROPIAS DOUTRAS CULTURAS ("HALLOWEEN"), MISTURADAS CON TRADICIÓNS CULTURAIS PROPIAS; CONVERTÉNDOSE NUNHA FESTA DE FAMILIARIZACIÓN CON PERSONAXES DE MEDO QUE SE MOSTRAN EN FORMA DE CABAZAS DECORADAS, MÁSCARAS E DISFRACES TERRORÍFICOS
POLO QUE APROVÉITASE NA ESCOLA PARA AMBIENTAR OS ESPAZOS CON DECORACIÓN PROPIA DESTAS DATAS: BRUXAS, ARAÑAS, ESQUELETOS, MOMIAS, PANTASMAS, HOMELOBO, VAMPIROS, LUCES, MÚSICA, ...
- NA NOSA AULA, TAMÉN APROVEITAMOS POÑER A TRABALLAR A NOSA IMAXINACIÓN, CREANDO A NOSA PROPIA PERSONAXE TERRORÍFICA E ADEMAIS CON PODERES (PRACTICANDO ASI A LINGUAXE PLÁSTICA E TAMÉN A ESCRITA DE FORMA CONTEXTUALIZADA)
- CAPTURANDO OBXECTOS QUE PROVOCAN MEDO A TRAVÉS DUNHA TEA DE ARAÑA: ARAÑAS, SERPES, ESQUELETES, OLLOS, MOSCAS,.. (ESTIMULANDO A MOTIRICIDADE, A PINZA DIXITAL PARA UN BO AGARRE DOS UTENSILIOS DE ESCRITURA)
- DECORACIÓN DE CABAZAS
- MERENDAS TEMÁTICAS
- DISFRACES TERRORÍFICOS
- ADEMAIS DE DISFRAZARSE E DE DEGUSTAR MERENDAS TEMÁTICAS, TAMÉN QUIXEMOS INCORPORAR UN DOSE DE CINE NESTE DÍA DE FESTEXO, FACENDO O VISIONADO DE PEQUENOS CONTOS CON TEMÁTICAS DE MEDO (QUE TAMÉN SE ANDIVERAN LENDO NOS DÍAS PREVIOS); A BRUXA REGAÑADENTES, OS PAPÓNS, CORRE CORRE CABACIÑA, A INCRIBLE HISTORIA DA NENAPAXARO E O GALOPÍN E OS SETE CABRITOS.
PREVIAMENTE AS CRIANZAS ANOTÁRONSE NUNHA LISTA NA ENTRADA DE CADA AULA (QUE SE CONVERTIU POR UN MOMENTO NUNHA SALA DE CINE) SEGUNDO O CONTO QUE LLES GUSTARÍA VER E LOGO PUIDERON GOZAR DA DRAMATIZACIÓN- PELI ACOMPAÑADA DUNHAS PALOMITAS
Comentarios
Enviar un novo comentario