Responder ao comentario
FESTEXANDO O MAGOSTO
TRAS FESTEXAR O SAN MARTIÑO, COMO FESTA LOCAL DO CONCELLO DE TEO NO 11 DE NOVEMBRO, AO DÍA SEGUINTE NA ESCOLA SEGUIMOS CELEBRANDO, DÁNDOLLE PROTAGONISMO Á CASTAÑA, CO MAGOSTO.
---- APROVEITANDO QUE AS CRIANZAS APORTABAN CASTAÑAS PARA ASAR E DEGUSTAR, FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE MATEMÁTICAS CON ESTE FROITO:
1º AS CRIANZAS FIXERON UNHA ESTIMACIÓN DAS CASTAÑAS QUE APORTABAN COMO GRUPO E ANOTARON UNHA CANTIDADE
2º REFLEXIONARON E ACORDARON QUE A MELLOR MANEIRA DE CONTAR MÁIS RÁPIDO AS CASTAÑAS ERA AGRUPANDO EN DECENAS, E PUXÉRONO EN PRÁCTICA
3º CONTARON OS GRUPOS RESULTANTES E SE HABÍA CASTAÑAS SUELTAS. E DESPOIS PASAMOS A CONTAR E REFLEXALO NA SERIE
4º REPRESENTARON NO PAPEL ESTE TRABALLO COMO CADAQUÉN O VIVENCIOU OU O PENSOU
|
|
---- XOGOS POPULARES PARA DESFRUTAR COS COMPIS: A CASTAÑA POR DETRÁS, CHAPAS, ARRASTRAMORTOS E COMECASTAÑAS
--- DEGUSTÁRONSE CASTAÑAS ASADAS, ACOMPAÑADOS DO SON DOS UQUELELES E DA GAITA CON COMPAÑEIR@S DOUTROS NIVEIS E ALGÚNS DESCUBRIRON QUE OS TIZÓNS PODEN TISNAR, GRAZAS AO MESTRE XABI