Responder ao comentario
PROPOSTAS VARIADAS
NESTAS PRIMEIRAS SEMANAS DE CURSO, INICIAMOS DIFERENTES PROPOSTAS RELACIONADAS COA LOXICAMATEMÁTICA, AS CREACIÓNS ARTÍSTICAS, O ÁMBITO DAS LETRAS, A HORTA ESCOLAR, ENTRE OUTRAS, QUE TAMÉN SERVIRON PARA FACER UNHA PRIMEIRA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO, OBSERVANDO EN QUE ETAPA E MOMENTO MADURATIVO SE ATOPA CADA CRIANZA PARA LOGO FACER AS INTERVENCIÓNS INDIVIDUAIS QUE LLE AXUDEN A SEGUIR AVANZANDO E APRENDENDO.
- ASOCIAR A CANTIDADE DAS FICHAS DE DOMINÓ CO CARDINAL CORRESPONDENTE
- CASAS DE DESCOMPOSICIÓN DE CANTIDADES. IMOS APROVEITANDO A DATA DIARIA PARA IR MANIPIULANDO, COMPOÑENDO E OBSERVANDO MANEIRAS DE REPARTIR UN NÚMERO, INICIÁNDOSE NAS OPERACIÓNS DE SUMAR E RESTAR. ADEMAIS DE PRACTICAR O TRAZO DOS NÚMEROS, O CONTEO, A IDENTIFICACIÓN DO CARDINAL
- APROVEITAMOS A SAÍDA AO GALICREQUES PARA CONTAR OS CARTOS PRECISOS PARA A ENTRADA E PARA O AUTOBÚS:
*CONTEO DOS BILLETES E MOEDAS NECESARIOS PARA CADA UN E LOGO CANTOS RESULTAN XUNTANDO OS DE TODO O GRUPO.TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VER AS MOEDAS DE 1€, 2€, 50CTS, 5€ E 10€. APOIO SOBRE A SERIE NUMÉRICA OBSERVANDO QUE AO IR AVANZANDO DE 5 EN 5 QUE ACONTECE (TODOS OS NÚMEROS REMATAN EN 5 OU EN 0).
* REXISTRO SOBRE PAPEL, TENDO QUE IDENTIFICAR AS CANTIDADES RESULTANTES DE XUNTAR OS CARTOS PARA A ENTRADA DE TODO O GRUPO E O MESMO PARA PAGAR O AUTOBÚS
- IDENTIFICACIÓN DOS NÚMEROS QUE SE LLES INDICA, ORDENACIÓN DOS MESMOS EN ORDE ASCENDENTE E AGRUPACIÓN POR FAMILIAS
- APROVEITAR A DATA DIARIA PARA IDENTIFICAR O CARDINAL, SITUALO NA SERIE E IDENTIFICAR O ANTERIOR E POSTERIOR, FACER CONTEO DA CANTIDADE CON PUNTOS, CON DEDOS E PALILLOS (QUE PERMITE IR FAMILIARIZÁNDOSE COAS DECENAS E UNIDADES)
- COMPOSICIÓN DAS FAMILIAS DOS NÚMEROS (10+ 1= 11/ 10+2= 12...) E REPRESENTACIÓN TAMÉN CON REGRETAS (XA SUPÓN UN DOMINIO DAS CANTIDADES E CAPACIDADE DE ABSTRACIÓN PARA ENTENDER QUE A REGRETA LARANXA REPRESENTA O Nº 10, POR EXEMPLO)
- CREACIÓN DUNHA PERSONAXE; A PROPOSTA TIÑA VARIOS OBXECTIVOS, É DICIR, DUN XEITO GLOBALIZADO TIÑA VARIAS TAREFAS ATA O RESULTADO FINAL:
* USO DA TESOIRA- FOMENTANDO A MOTRICIDADE FINA
* CREACIÓN- DEBUXO DUNHA PERSONAXE INVENTADA (FOMENTO DA CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN)
* INVENCIÓN DUN NOME E DESCRICIÓN DESA PERSONAXE (COMO SE OBSERVA NAS IMAXES HAI DIFERENTES ETAPAS DA ESCRITURA)