Skip to Content

Club de lectura

TRÍPTICO - SUXESTIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

REMATA O CURSO ACADÉMICO, E QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS UNHAS SUXERENCIAS DE LECTURAS, PARA GOZAR DAS VACACIÓNS LENDO UN LIBRO.

LEMBRA: "UNHA GRAN LECTURA É UNHA GRAN AVENTURA

 

LECTURA RELAXADA

QUE BEN SENTA UNHA LECTURA COMPARTIDA E ADEMÁIS NUN ENTORNO NATURAL, COA BRISA DUN AIRIÑO E OS PRIMEIROS RAIOS DE SOL

COMEZA O CLUBE DE LECTURA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

COMEZAMOS TARDE PERO ARRINCA DE NOVO O CLUBE DE LECTURA CUN NUMEROSO GRUPO DE ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA, QUE SE REUNIRÁ OS LUNS E XOVES, NA SESIÓN DE LECTURA, PARA COMENTAR E DIALOGAR SOBRE O LIBRO ESCOLLIDO. NESTA OCASIÓN ESCOLLEUSE:

 "MIL COUSAS PODEN PASAR", de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, Ed. Xerais

          

 

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

 FINALIZA O CURSO ACADÉMICO E TAMÉN SE PECHA O CLUB DE LECTURA. DESPOIS DA ANDAINA DESTA ACTIVIDADE DE INCENTIVACIÓN E ANIMACIÓN Á LECTURA, QUIXEMOS FACER UNHA PEQUENA MERENDA DOCE PARA VALORAR O ESFORZO DO ALUMNADO QUE PARTICIPOU E INTENTAR ANIMAR AOS DEMAIS DE CARA AO VINDEIRO CURSO.

ADEMAIS, SO QUEDARON ATA O REMATE DE TODAS AS REUNIÓNS UNHAS CANTAS RAPAZAS, POLO QUE SE VALOROU O ESFORZO E FIXERON O AGASALLO DO AMIGO INVISIBLE, ALGO ESPECIAL ACORDADO ENTRE ELES/-AS.

EN XERAL, FOI UNHA PROPOSTA QUE GUSTOU AOS PARTICIPANTES, AÍNDA QUE ALGÚN NON PARTICIPOU DA LECTURA DO 2º LIBRO, SEN EMBARGO, VALORAMOS COMO POSITIVA ESTA ACTIVIDADE QUE RETOMAREMOS E PLANIFICAREMOS AO INICIO DO CURSO SEGUINTE, AÍNDA QUE PROBABLEMENTE MODIFICAREMOS O HORARIO DE XUNTANZA.

2º LIBRO NO CLUB DE LECTURA

O 2º LIBRO QUE DECIDIRON LER E COMENTAR FOI, SEGUINDO A LIÑA DO ANTERIOR, "ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA", ED. XERAIS, DE LEDICIA COSTAS

FIN DE ESCARLATINA CON CHOCOLATE E MADALENAS

PARA DAR POR FINALIZADO O LIBRO ESCOLLIDO, QUIXEMOS PREMIAR AO GRUPO E TAMÉN ANIMALOS A SEGUIR NO CLUB DE LECTURA, OFRECÉNDOLLES DENDE O CENTRO UN CHOCOLATE PARA DEGUSTAR CON MADALENAS QUE ELES/ELAS QUIXERON APORTAR. ¡¡¡CREO QUE NON SOBROU MOITO!!!!

DIALOGAR DEGUSTANDO MADALENAS

DECIDIRON COMEZAR LENDO O LIBRO DA ED. XERAIS "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA", DE LEDICIA COSTAS

AS QUEDADAS DO CLUBE DE LECTURA, TERÍAN LUGAR OS LUNS DURANTE O RECREO E SE FOSE NECESARIO OCUPANDO TAMÉN PARTE DA SESIÓN DE LECTURA

NA PRIMEIRA XUNTANZA, PARA COMENTAR OS TRES PRIMEIROS CAPÍTULOS, APROVEITARON PARA DEGUSTAR UNHAS MADALENAS APORTADAS POLOS LECTORES E LECTORAS ADENTRÁNDOSE NA HISTORIA.

 

 

     

INICIASE O CLUBE DE LECTURA

   ESTE CURSO DECIDIMOS RETOMAR O CLUBE DE LECTURA, DESPOIS DA PETICIÓN POR PARTE DE VARIOS ALUMN@S NA VALORACIÓN FEITA A FINAIS DO CURSO PASADO E, TAMÉN PARA INCENTIVAR A LECTURA. DECIDIMOS COMENZAR POLOS GRUPOS DOS MAIORES E OFERTALO AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

TIVO LUGAR A 1ª REUNIÓN PARA EXPLICAR COMO SE DESENVOLVERÍA A ACTIVIDADE E QUE LIBRO ESCOLLER. 

ANIMO SEGURO QUE SERÁ PROVEITOSO!!!!!

 SE ELABOROU UN CARNÉ QUE SE ENTREGARÁ A CADA LECTOR, COAS DATAS DAS XUNTANZAS E PARA SELALO CADA DÍA QUE PARTICIPE NAS XUNTANZAS. PODE VERSE EN ADXUNTO. 

 

¡Qué amiga tan deliciosa!

 

Este novo libro que lemos e comentamos no noso club trataba sobre vampiros, pero non dos que meten medo; senón máis ben cun toque humorístico.

Trátase do primeiro libro dunha serie que ten a unha familia moi curiosa como protagonista: a nai é humana, o pai é vampiro e as dúas filas xemelgas son metade humanas e metade vampiras.

Neste volume cóntase como a familia chega a instalarse na cidade de onde procede a nai, e como os tres membros vampiros da familia teñen que facer esforzos para que non se coñeza a súa procedenza. A historia é de fácil lectura e ten momentos realmente graciosos.

Máis que levarnos a unha análise profunda do libro, a historia deunos pé para comentar sobre o tema dos vampiros na literatura e no cine.


O tesouro da Lagoa de Reid'Is

Este novo libro que compartimos no club enfía dúas historias entrelazadas con gran habilidade.

Parte dunha historia realista sobre dous curmáns que pasan o verán na casa do avó, que se vai intercalando coa historia fantástica que o avó vai contándolles, a pequenas doses, mantendo así a intriga dos rapaces.

A historia que lles conta o avó, como unha experiencia persoal que lle aconteceu cando era novo (segundo di), parte dunha lenda sobre a lagoa de Reid'Is, cercana á súa casa, que fala dunha cidade asolagada cun castelo, unha princesa e unhas campás que todavía se escoitan. Nesa lenda e na experiencia que avó viviu hai moitos elementos da fantasía das lendas populares galegas: urcos, enfeitizamentos, mal de ollo, a Santa Compaña, os tesouros dos mouros. Os netos non están convencidos de crer o que conta o avó, pero devecen por saber o remate da aventura, que o vello vai demorando para aumentar o misterio.

Os lectores e lectoras experimentamos a mesma mestura de incredulidade e interese por saber como remata a aventura do avó. Cando se chega á escea final e todo parece un conto do avó, xorde a sorpresa que fai crer na verdade da historia. Moi recomendable!

Se tendes interese nas lendas e personaxes da fantasía popular en Galicia é interesante botar unha ollada a esta páxina chamada Galicia Encantada

Distribuir contido


by Dr. Radut