Skip to Content

O tesouro da Lagoa de Reid'Is

Este novo libro que compartimos no club enfía dúas historias entrelazadas con gran habilidade.

Parte dunha historia realista sobre dous curmáns que pasan o verán na casa do avó, que se vai intercalando coa historia fantástica que o avó vai contándolles, a pequenas doses, mantendo así a intriga dos rapaces.

A historia que lles conta o avó, como unha experiencia persoal que lle aconteceu cando era novo (segundo di), parte dunha lenda sobre a lagoa de Reid'Is, cercana á súa casa, que fala dunha cidade asolagada cun castelo, unha princesa e unhas campás que todavía se escoitan. Nesa lenda e na experiencia que avó viviu hai moitos elementos da fantasía das lendas populares galegas: urcos, enfeitizamentos, mal de ollo, a Santa Compaña, os tesouros dos mouros. Os netos non están convencidos de crer o que conta o avó, pero devecen por saber o remate da aventura, que o vello vai demorando para aumentar o misterio.

Os lectores e lectoras experimentamos a mesma mestura de incredulidade e interese por saber como remata a aventura do avó. Cando se chega á escea final e todo parece un conto do avó, xorde a sorpresa que fai crer na verdade da historia. Moi recomendable!

Se tendes interese nas lendas e personaxes da fantasía popular en Galicia é interesante botar unha ollada a esta páxina chamada Galicia Encantada



page | by Dr. Radut