Skip to Content

Club de lectura

O MISTERIO DAS BADALADAS

Este novo libro que compartimos no club de lectura, resultou emocionante porque se trataba de ir descubrindo un misterio ao mesmo tempo que os protagonistas, que recibían mensaxes que tiñan que descifrar para avanzar na súa investigación.

A historia comeza cun feito estraño, que parece nun principio casual: o reloxio da torre da vila dá trece badaladas na medianoite. Poucas persoas se decatan do feito e non lle dan importancia, pero cando o feito se repite durante varias noites, xa non parece casual, senón obra dalgún bromista.

Un grupo de rapaces e rapazas da vila comeza a recibir mensaxes que os encamiña a buscar a solución do misterio. Cada mensaxe chega a eles de maneiras distintas, con códigos diferentes que deben descifrar para atopar a solución do misterio. Cando ao final se atopan co responsable do misterio, parece que comeza de novo a aventura, xa que o personaxe irá desgranando a súa actuación.

Coincidimos tódalas lectoras do clube en que é un libro moi interesante, polo ben que mantén a intriga e as gañas de saber máis que suscita nos lectores. Todas lembramos os xogos de pistas que ás veces organizamos para os cumpreanos (é o máis parecido que fixemos, pero... quen nos dera resolver un misteio de verdade!!).

Moi recomendable!!!

Para saber máis sobre o libro e o autor preme.

PALABRA DE CARAMELO

 

Este é o primeiro libro que compartimos no noso club e ten tanto que comentar que o tempo sóubonos a pouco.
Trátase dunha historia tenra, doce e amarga a un tempo, sobre a relación entre un neno xordomudo nun campamento saharaui e o seu mellor amigo, un camelo. Unha amistade que leva ao rapaz a deixalo todo por salvar ao seu amigo do sacrificio, necesario para paliar a fame do seu pobo.
Pareceunos moi duro cando o rapaz acepta a necesidade do sacrificio do camelo, e intenta recoller as palabras que cre que lle di, mentres as bágoas esváranlle pola cara. Imaxinando a escea, as bágoas case tamén acoden aos nosos ollos de lectoras.
Todas coincidiamos en que nos gustaría que rematara doutra maneira; pero o autor plasma así a dureza das condicións de vida do pobo saharaui, do que tamén aprendemos algo coa lectura e comentario deste libro.

 

 

 

 

CREAMOS UN CLUB DE LECTURA

Este curso comezamos cunha nova experiencia proposta dende a biblioteca do colexio: formar un club de lectura. Pero..., que é iso? Pois trátase dun grupo de persoas ás que lles gusta ler; e que se xunta de cando en vez, para comentar e compartir as historias lidas.

Desta maneira, a través da aportación doutras persoas, podemos enriquecer o que cada unha de nós disfrutou da lectura; comprobar como diferentes persoas, damos diversas interpretacións á mesma historia; incluso descubrir aspectos novos do relato, que non atoparamos nun primeiro momento.

O noso club de lectura está formado por alumnas de 3º ciclo que se reunen unha vez ao mes para comentar o libro lido. A profesora encargada da biblioteca é a mediadora do grupo. Na primeira reunión, para a formación do club e reparto do primeiro libro, escollemos un nome para o noso club: Val do Tella.

Comezamos a nosa andaina!!


Distribuir contido


by Dr. Radut