Skip to Content

O MISTERIO DAS BADALADAS

Este novo libro que compartimos no club de lectura, resultou emocionante porque se trataba de ir descubrindo un misterio ao mesmo tempo que os protagonistas, que recibían mensaxes que tiñan que descifrar para avanzar na súa investigación.

A historia comeza cun feito estraño, que parece nun principio casual: o reloxio da torre da vila dá trece badaladas na medianoite. Poucas persoas se decatan do feito e non lle dan importancia, pero cando o feito se repite durante varias noites, xa non parece casual, senón obra dalgún bromista.

Un grupo de rapaces e rapazas da vila comeza a recibir mensaxes que os encamiña a buscar a solución do misterio. Cada mensaxe chega a eles de maneiras distintas, con códigos diferentes que deben descifrar para atopar a solución do misterio. Cando ao final se atopan co responsable do misterio, parece que comeza de novo a aventura, xa que o personaxe irá desgranando a súa actuación.

Coincidimos tódalas lectoras do clube en que é un libro moi interesante, polo ben que mantén a intriga e as gañas de saber máis que suscita nos lectores. Todas lembramos os xogos de pistas que ás veces organizamos para os cumpreanos (é o máis parecido que fixemos, pero... quen nos dera resolver un misteio de verdade!!).

Moi recomendable!!!

Para saber máis sobre o libro e o autor preme.



page | by Dr. Radut