Skip to Content

NOVAS

COMANDAS DO MECO NO ENTROIDO DO 2022

No documento adxunto podedes consultar as comandas do MECO deste ano. Neste Entroido artístico, os nenos poderán caracterizarse de varias artes. Queremos recalcar que aqueles que teñan algún disfrace que se axeite  poden traelo, pero  son suficientes so  complementos.

 

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O protocolo está dirixido ao alumnado do ámbito da educación primaria pública e privada da Comunidade Autónoma de Galicia que voluntariamente desexe realizar a proba diagnóstica da COVID-19 tras a detección dun caso esporádico de COVID-19 entre a súa rede de contactos máis próximos (aula, comedor, etc) e que cumpra os seguintes requisitos:

• Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.

• Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.

• Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos.

O test realizarase na casa, de xeito voluntario, unha vez que a Central de seguimento de contactos (CSC) notifique a través de EduCOVID esta circunstancia ao equipo COVID do centro.

SERVIZO DE BIBLIOTECA

LÉMBRASE QUE A PARTIR DO DÍA 1 DE OUTUBRO ESTARÁ DISPOÑIBLE O SERVIZO DE BIBLIOTECA DE 15:00 A 17:00 DE MARTES A VENRES, PARA OS NENOS DE PRIMARIA. 

Deben avisar  os días que se quedan a través da axenda ou do que o titor/ora decida.

AUTOENQUISA COVID

NO ARQUIVO ADXUNTO PÓDESE DESCARGAR A AUTOENQUISA COVID PARA REALIZAR TÓDOLOS DÍAS Á MAÑÁ, NA CASA. NON HAI QUE CUBRILA E ENVIALA NIN ENVIALA AO COLEXIO.

LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR POR NIVEIS

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PÓDESE CONSULTAR O MATERIAL PRECISO PARA CADA NIVEL EDUCATIVO DO CENTRO.

REUNIÓN FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Convócanse ás familias do alumnado de cuarto de infantil que comeza este ano no colexio a unha reunión na biblioteca o vindeiro luns, 6 de setembro, ás 13: 00 horas para informalos de determinados aspectos a ter en conta, entre eles como será o período de adaptación.

Prégase que só acuda un familiar por neno.

FONDO LIBROS

O VINDEIRO LUNS COLGAREMOS AS LISTAS DE ADMISIÓN DEFINITIVAS PARA AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL, ASÍ COMO OS BENEFICIARIOS DO FONDO DE LIBROS. ADEMAIS, HABERÁ UNHA LISTAXE DAQUELES NENOS QUE TEÑEN QUE MERCAR LIBROS , POR ESTAR EXCLUÍDOS DO PRÉSTAMO 

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR

O PRAZO PARA FACER A SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR É DO 1 AO 9 DE XULLO, AMBOS INCLUSIVE. PÓDESE DESCARGAR O MODELO DE AUTODECLARACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO OU SOLICITALO NO COLEXIO.

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR.

 

Teñan en conta que para cubrir o modelo de autodeclaración a renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2020.

Polo tanto faranse as seguintes operación coa declaración do IRPF.

 

Casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

 

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

 

O concepto  de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

CONCEPTO DE UNIDADE FAMILIAR

 

1.- No caso de matrimonio:

 

A unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e se os houber:

 

 a).- Os fillos mennores, con excepción dos que, co consentimiento dos país vivan independientemente destes.

  b).- Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

  c).- Hai que ter en conta que a mayoría de idade acádase ao cumplir 18 anos.

 

 

 

 

En ausencia de matrimonio:

 

A unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.

 

Polo tanto, calquera outra agrupación familiar, distinta das anterirores, non constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.

O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á  situación existente o dia 31 de decembro de cada ano.

 

Nas parellas de feito só un dos membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos anteriormente comentados.

O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida.

 

LIBROS 2021- 2022

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR OS LIBROS DO VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2021- 2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut