Skip to Content

NOVAS

BO VERÁN A TOD@S

Estimadas familias:

A partir do día de hoxe permanecerá pechado o centro escolar. As clases comezarán o día 10 de setembro, quedando sempre pendentes das condicións sanitarias. 

O Claustro do CEIP Curtis deséxavos un bo verán e felices vacacións.

IMPRESO E DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA

O PRAZO DE MATRÍCULA 2020- 2021 É DO 1 AO 10 DE XULLO, AMBOS INCLUSIVE.

PODEDES IMPRIMIR OS FICHEIROS ADXUNTOS, CUBRILOS E ENTREGALOS NO CENTRO OU RECOLLELOS DIRECTAMENTE NO COLEXIO.

UN DELES ESPECIFICA A DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR E UN RECADRO  A CUMPLIMENTAR DE TELÉFONOS DE CONTACTO.

AS TRES RESTANTES TEÑEN QUE SER CUBERTOS POR TÓDALAS FAMILIAS.

RECORDAR QUE A SOLICITUDE TEN QUE ESTAR ASINADAS POR AMBOS PROXENITORES.

CAMBIO NOS PRAZOS DE AXUDAS DE LIBROS

DEBIDO A PROBLEMAS TÉCNICOS, TEMOS QUE REALIZAR CAMBIOS NAS DATAS PUBLICACIÓN E ENTREGA DE VALES DAS AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL. O RESTO DO CALENDARIO PERMANECE IGUAL. PASAN A SER AS SEGUINTES:

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL:  2 DE XULLO.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA: 7 DE XULLO.

ENTREGA DE VALES:  10 DE XULLO. (DE 10 A 13 DA MAÑÁ).

Palabras dunha despedida , non dun adeus

Ola a todos e a todas ! Quero facervos chegar  unhas cartas  de despedida d@s alumn@s de sexto de Primaria , que este curso acabaron dun xeito moi singular . Estes rapaces e rapazas  quixeron deixar constancia do que pensan do seu paso polo CEIP de Curtis .

Son consciente de  que o que escribiron foi feito co corazón .Non hai nada mellor que a espontaneidade  e os sentimentos xorden ,son espontáneos . 

Aproveito para despedirme , como titora , deste grupo de sexto que vai iniciar unha nova etapa nas súas vidas. Deséxolles todo o mellor  e que lembren sempre que 

" hai que ser un mesmo " , " crer   no que somos  " , e 

  " todo  é  posible se nós queremos que sexa posible " 

 Quero recordarlles tamén que aquí teñen sempre unha amiga .

 Apertas  

 Lourdes 

 

LIBROS 2020- 2021

NO DOCUMENTO ADXUNTO PODEDES CONSULTAR OS LIBROS PARA O CURSO 2020- 2021.

 

AUTODECLARACIÓN COMEDOR

Xa se poden realizar as autodeclaracións para comedor. Dende o vindeiro luns 22 de xuño ata o 10 de xullo, ambos inclusive. Preferiblemente, a poder ser, de xeito telemático. Se non é posible, descargaranse na casa e entregaranse no colexio. En caso de non poder levarse a cabo ningunha das dúas opcións, poderan recollerse no centro en horario de 09:00 a 14:00.

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Durante as últimas semanas estivestes enviando actividades ao profesorado regularmente para a súa supervisión. Lembrámosvos que comezaron a ser avaliables a partir do 20 de abril, xa que as orientacións da Consellería que así o dictaban se publicaron o 17 dese mesmo mes. Este vindeiro venres, 5 de xuño, deixarán de selo, dado que temos as reunións de avaliación os días 10 e 11 e precisamos eses días para a corrección. Ese mesmo día 5, será o último día permitido para recibir tarefas que estaban pendentes doutras semanas e tamén aquelas de recuperación de materias suspensas.

Aínda que deixen de contar para a avaliación, nas 2 seguintes semanas, ata o remate do curso escolar, as mestras seguirán colgando actividades na páxina web para que os nenos poidan traballar na casa.

No documento adxunto facilitamos un calendario para que coñezades acontecementos de interés das vindeiras semanas e  onde se indican aqueles días que un familiar poderá acudir ao centro a recoller aquel material que quedase pendente e as notas, así como devolver libros do fondo en 3º, 4º, 5º e 6º.

 

INSTRUCIÓNS PARA A  RECOLLIDA DE NOTAS  E ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO.

1.- INFANTIL acudirá ás aulas de infantil. 1º, 5º E 6º de EP ENTRAN POLA PORTA DA ESQUERDA; 2º, 3º, 4º de EP ENTRAN POLA PORTA DA DEREITA.

2.- ACUDIRÁ UN SÓ FAMILIAR POR CADA ALUMNO/A.

3.- DEBEN USAR MÁSCARAS E LUVAS.

4.- DEBEN GARDAR A DISTANCIA DE SEGURIDADE.

5.- NON PODEN UTILIZAR NINGUNHA OUTRA DEPENDENCIA DO CENTRO QUE NON SEXA A AULA DOS SEUS FILLOS/AS.

6.- OS LIBROS DO FONDO DEBEN IR EN BOLSAS CO NOME DO NENO POR FÓRA.

Novas INSTRUCIONS

No ficheiro adxunto podedes consultar as novas instrucións da Consellería. 

ADMISIÓN PROVISIONAL CURSO ESCOLAR 2020- 2021

NOS FICHEIROS ADXUNTOS PODEREDES CONSULTAR O ALUMNADO ADMITIDO PROVISIONALMENTE PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR , EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL E EN 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

 

-     A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA PARA TODOS OS FILLOS.

-    DOCUMENTACIÓNNECESARIA: ANEXO I E ANEXO II DE SOLICITUDE, COPIA DO LIBRO DE FAMILIA, SENTENZA XUDICIAL OU CONVENIO REGULADOR EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE, SE FOSE O CASO.

-      COMO CALCULAR A RENDA: SUMANDO AS RENDAS DE CADA UN DOS MEMBROS COMPUTABLES DA FAMILIA DO ANO 2018 QUE TEÑAN INGRESOS  E  DIVIDIR ENTRE O NÚMERO DESTES.

Renda: RECADRO 432+ 460.

 

ATOPAREDES DOUS DOCUMENTOS ADXUNTOS PARA FACER A SOLICITUDE DE MATERIAL E LIBROS.

Distribuir contido


by Dr. Radut